![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2013.) |
Axeada[1] é un fenómenoclimático que consiste nun descenso datemperatura ambiente a niveis inferiores ao nivel de conxelación daauga, e fai que aauga que está noaire se conxele, depositándose en forma dexeo nas superficies.
Para que se dea este tipo demeteoro cómpre que a humidade relativa do aire sexa superior á máxima humidade relativa á temperatura da xeada; en caso contrario, non haberá suficiente auga na atmosfera para depositarse nas superficies aínda que exista a sensación de 'frío de xeada'. Se ovento é intenso, o depósito de auga será asemade pequeno.
A xeada por radiación débese a un arrefriamento progresivo e intenso do chan, polaradiación do seu calor, producíndose maiormente nasnoites de ceo despexado. Ahumidade atmosférica, que pode ser relativamente cálida e seca, condénsase sobre as superficies sólidas en forma de rosada ou conxelándose, se aquelas se atopan a menos de 0 °C.
Este tipo é frecuente en terras mornas e subtropicais.
A xeada por advección é ocasionada pola invasión dunha corrente ou masa de aire frío con temperatura inferior a 0 °C. A acción do aire frío, xeralmente procedente das rexións polares, pode ser continua e durar por varios días.
A xeada por evaporación é debida ao transporte de aire húmido sobre unha superficie cuxa temperatura está a 0 °C ou menos. É un tipo bastante raro de xeada.
En relación ós cultivos, obsérvanse dous tipos de xeadas:
![]() | Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xeada |