Xea[1][2] era namitoloxía grega unha deusa que encarnaba aTerra Nai. Tamén coñecida comoGaia (Terra), o seu equivalente romano seríaTellus, aínda que existen certas asociacións un tanto confusas coa deusaCibeles.
Segundo a mitoloxía grega, Xea nace no principio dos tempos da profunda fenda que é oCaos, sendo a primeira realidade material do Cosmos. Tras ela naceronErebo eNix (a Noite), e despoisHemera (o Día) eÉter[3]. Outras fontes engaden como fillo do Caos primixenio aEros, aínda que resulta máis habitual consideralo fillo deAres eAfrodita.
O nacemento de Xea foi descrito, entre outros feitos, porHesíodo na súaTeogonía.
O seu esposoUrano, horrorizado ante a monstruosidade dos seus primeiros fillos (osHecatonquiros e osCiclopes) e temendo que lle arrebatasen o seu trono, condenounos a vivir nas profundidades da Terra (no ventre da nai Xea). Xea deu ó seu filloCronos unha fouce deaceiro (outras fontes din que desílex), pedíndolle que derrotase ó seu pai, e así foi como este lle cortou os xenitais, que lanzou ó mar. Das gotas de sangue que caeron sobre Xea, a Terra, fecundándoa, naceron asErinias, osxigantes e asNinfas; e doseme caído no mar, naceuAfrodita.
Despois da castración de Urano, Xea uniuse ó seu filloPonto (a Onda) e desa unión naceron as divindades mariñas: tres machos,Nereo,Forcis eTaumante e dúas femias,Ceto eEuribia. Tamén se unirá ó seu irmánTártaro, dando a luz aTifón eEquidna.
Máis tarde, Xea participaría nun complot para derrocar o seu propio fillo Cronos, que unha vez no trono se volvera tan cruel e tirano como o seu pai, devorando os seus fillos para evitar ser derrocado. Dela foi a idea levada a cabo porRea de agochar o fillo máis pequeno,Zeus, e darlle en troques a Cronos unha pedra envolta nas roupas do bebé. Deste xeito puido salvar a vida de Zeus, a quen entregou ás Ninfas para que o criaran na illa de Creta.
Gaia ou Xea é filla do Caos, primordial, e irmá deEros (o amor sensual), que nace en segundo lugar, deTártaro (os infernos), oErebo (as tebras infernais) eNicte, a noite.
É ademais a nai das razas divinas: dará a luz, sen intervención de elemento masculino algún, a Urano, o Ceo, deus do firmamento; ás Montañas, as Ninfas e aPonto, personificación do mar ou das correntes mariñas[4].
Da unión con Tártaro tivo dous fillos monstruosos: Tifón e Equidna. O primeiro, de forza prodixiosa, declarou a guerra a Zeus e protagonizou aTifonomaquia. Terminou sendo derrotado e botado ós infernos.
Outros autores fano nai deTriptólemo, concibido co titánOcéano (á vez, fillo da propia Xea). Tamén do xiganteAnteo, concibido conPoseidón (tamén fillo de Xea). Moitos outros monstros figuran nas teogonías como fillos de Xea, entre elesPitón, que resultará morto porHeracles.
Relevo doaltar de Pérgamo:Atenea loita co xiganteAlcioneo (á esquerda), mentres Xea levántase do chan (dereita) xemendo polo seu fillo
Xea coñecía, como seu home Urano, o segredo dos Destinos, e a súa capacidade profética era máis antiga, máis poderosa e máis segura que a deApolo. En Grecia foi considerada como símbolo da Terra e da súa fecundidade e representábase como unha muller vestida luxosamente e con diadema, ás veces xurdindo da terra ata a cintura ou, en todo caso, co seu corpo por debaixo da liña do chan. Adoita ser retratada xemendo e chorando pola morte dos seus fillos, e así, noaltar de Pérgamo, aparece implorando o perdón para os seus fillos, os Xigantes.
En Roma, xa comoTellus, represéntase como unha muller vestida con manto, co pelo solto e adornado cunha coroa de espigas. Usualmente está reclinada no chan e porta unhacornucopia (corno da abundancia), ás veces cinguida por unha serpe. Ó redor de Xea poden estar asHoras.
Xa na Roma Imperial foi asimilándose aRea ou aDeméter, e especialmente aCibeles, que se impón a partir da Idade Media
Hai un concepto formulado por James Lovelock, a chamadaHipótese Gaia, que concibe a biosfera (o conxunto formado pola terra e a súa atmosfera) como un xigantesco ser vivo.[Cómpre referencia] Esta hipótese, que foi desenvolvida máis tarde porLynn Margulis baixo o nome deTeoría Gaia, fai referencia ábioxeografía, no sentido de que os seres vivos (animais e plantas) evolucionaron interactuando estreitamente co reino mineral, polo que todos forman parte dun conxunto dinámico que regula e dá forma á biosfera terrestre.
Esta concepción de Gaia como personificación con vida propia da Terra atópase na orixe de movementos como oNew Age, ou certas tendencias ecoloxistas.
↑"Xea".Diccionario enciclopédico galego universal60.La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 45.ISBN84-7680-429-6.MIT Personificación da Terra, concibida como un elemento primordial do que xurdiron as razas divinas. Naceu por ela mesma, despois do Caos (personificación do baleiro primordial). Sen intervención masculina xerou a Urano e xunto a el xerou os titáns, os cíclopes[sic] e os xigantes.
↑Hesíodo fai a estes dous últimos fillos de Nix e de Erebo.
↑"Tamén deu a luz ás grandes Montanas, agradables moradas das Ninfas que habitan nos abruptos montes. Así mesmo deu a luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor" (Hesíodo:Teogonía 129-132).