Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xavier Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Seoane.
Modelo:BiografíaXavier Seoane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1954Editar o valor en Wikidata (71 anos)
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía española,Escrita creativa e profesional eFiloloxía románicaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, romanista, profesor de ensino secundario, poetaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía,narrativa e ensaio
Premios

BNE: XX1142869Bitraga: 2060AELG: 184BUSC: seoane-rivas-xavier-1954Dialnet: 69334

Xavier Seoane Rivas, nado naCoruña o11 de xaneiro de1954, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Estudou Filoloxía Románica naUniversidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura naCoruña noIES Monelos. Desde1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións comoTeima,Man Común,Grial,Nordés,Agalia,A Nosa Terra,La Voz de Galicia,El Ideal Gallego,Luzes de Galiza,Gran Enciclopedia Gallega,El Correo Gallego,Microfisuras...

É un dos fundadores e animadores da revistaLuzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo:O pintor Luis Seoane,Luis Seoane, escritor eArquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa,Mundos,Figuraciós,Isaac Díaz Pardo,O cómic galego,Luís Seoane e o libro galego na Arxentina,Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.

Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras demail art.

Obras

[editar |editar a fonte]

Poesía

[editar |editar a fonte]

Narrativa

[editar |editar a fonte]
  • Ábrelle a porta ao mar (2000, Espiral Maior). Traducida ao castelán en 2014 en Reino de Cordelia comoAbre la puerta al mar.[4]
  • A dama da noite (2014, Laiovento). Traducida ao castelán en 2016 en Reino de Cordelia comoLa dama de las sombras.[5]

Ensaio e aforismos

[editar |editar a fonte]

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Reto ou rendición (1994, Ediciós do Castro).
  • A voz dun tempo.Luís Seoane: o criador total (1994, Ediciós do Castro).
  • Atravesar o espello (2000,Xerais).
  • O sol de Homero (2002, Xerais).
  • Saudar a vida (2007, Xerais).
  • Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista (2016, Xerais).
  • Dicionario irreal para un país imposible (2020). Xerais, Grandes obras, Edicións singulares. Ilustracións Ramón Trigo. 384 páxs.ISBN 978-84-9121-760-2.[6]

Aforismos

[editar |editar a fonte]
  • Arca cotidiana/Irispaxaros (1984, edición de autor).
  • A rocha imantada (Aforismos 1984-2009) (2009,Laiovento).

Edicións

[editar |editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar |editar a fonte]

Obras colectivas

[editar |editar a fonte]
  • Poesía experimental (1978). Con Raúl Reguera.
  • Anísia e outras sombras (1981). ConManuel Rivas.
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • De amor e desamor I e II (1984 e 1985, Ediciós do Castro).
  • VII Festival da Poesía no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesía no Condado (1988, S. C. D. Condado).
  • Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane (1989, Ediciós do Castro). ConLino Braxe.
  • IX Festival da Poesía no Condado (1989, S. C. D. Condado).
  • Figuraciós, de Luís Seoane (1990,Deputación da Coruña). Escolma, edición e estudo con Lino Braxe.
  • Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega (1990, Ediciós do Castro).
  • Homenaxe aMiguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
  • A máxia da palavra.Cunqueiro na rádio (1991, Sotelo Blanco). Con Lino Braxe.
  • O cine e a fotografía. Luís Seoane (1994,CGAI). Con Lino Braxe.
  • Luís Seoane,1910-1979. Unha fotobiografía (1994, Xerais).
  • A cultura e a criatividade galegas cara o ano 2000 (1995).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Luís Seoane e o teatro (1996, Ediciós do Castro). Con Lino Braxe.
  • Luís Seoane: textos sobre arte (1996,Consello da Cultura Galega). Con Lino Braxe.
  • Hai suficiente infinito (1999, Xerais). ConAntón Patiño.
  • A Coruña entre séculos (2000).
  • Momentos coruñeses (2001).
  • Alma de beiramar (2003,Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004,AELG).
  • Homenaxe aÁnxel Casal (2005, AELG).
  • X. Espazo para un signo (2005, Xerais).
  • O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006,Xunta de Galicia).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006,Consello da Cultura Galega).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Dix-sept poètes galiciens1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008,Universidade da Coruña).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
  • Ramiro Fonte, o libro dos amigos (2008).
  • De amor e desamor (2009,Deputación da Coruña).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011,La Voz de Galicia).
  • Preludios paraMiguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Tamén navegar (2011,Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011,AELG, libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).

En antoloxías

[editar |editar a fonte]
  • Escolma da poesía galega,1976-1984 (1984, Sotelo Blanco).
  • Desde a palabra, doce voces (1986, Sotelo Blanco).
  • Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria (1988, Ediciós do Castro).
  • Poesía gallega de hoy (1990, Visor, edición bilingüe galego-castelán).
  • Fin de milenio (1991, Libertarias, edición bilingüe galego-castelán).
  • 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
  • Poesía gallega actual (1996, Litoral, edición bilingüe galego-castelán).
  • Antologia de poesia galega (1996, Universidade deCampinas,Brasil).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003,Tris Tram). A cargo deArturo Casas.
  • Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
  • Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006,Consello da Cultura Galega).
  • Poemas coruñeses (2008, Espiral Maior).
  • Poeti spagnoli contemporanei (2008, Edizione dell’ Orso).
  • El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana (2009, Espiral Maior).
  • Breogán’s Lighthouse: an anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle). Edición bilingüe galego-inglés.
  • Versos no Olimpo. OMonte Pindo na poesía galega (2013,Toxosoutos).

Premios

[editar |editar a fonte]

Obra plástica sobre Xavier Seoane

[editar |editar a fonte]

O gravadorManuel Facal realizou a carpeta de gravadosAs quatro estacións, sobre poemas de Seoane, e o libro de artistaIrispaxaros, sobre aforismos do autor.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Dársenas del ocaso (1999-2002)".datos.bne.es(encastelán). Consultado o2019-07-04. 
  2. "Ficha do libro. Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2020-02-19. 
  3. Seara, Teresa (Outubro, novembro, decembro 2020). "Suspender a mazá".Revista Grial. LVIII: 103, 104.ISSN 0017-4181. 
  4. "Abre la puerta al mar".Reino de Cordelia(encastelán). Consultado o2019-07-04. 
  5. "La dama de las sombras".Reino de Cordelia(encastelán). Consultado o2019-07-04. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2020-11-12. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Seoane&oldid=6960066»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp