Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xadrez

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.

Para describir os movementos das pezas dexadrez neste artigo usouse anotación alxébrica.
Pezas de xadrez.

Oxadrez[1] é unxogo deestratexia que se practica normalmente entre dúaspersoas nas que cada unha delas dispón de 16pezas móbiles de diferentes formas e características (1rei, 1raíña ou dama, 2alfis, 2cabalos, 2torres e 8peóns) e que se colocan sobre untaboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8 x 8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é darxaque mate («derrocar») ao rei do opoñente. Isto faise ameazando a casa que ocupa o rei con algunha das pezas propias sen que o outro xogador poida protexer ao seu rei interpoñendo unha peza entre o seu rei e a peza que o ameaza, mover o seu rei a un escaque libre de ameazas ou capturar á peza que o está ameazando, o que trae como resultado o xaque mate e o fin da partida.

Malia a que os xogadores compiten a nivel individual en diferentestorneos tamén existen competicións por equipos, sendo unha das máis importantes asolimpíadas de xadrez.

Na súa versión de competición,[2] o xadrez está considerado como undeporte.[3]

O xadrez é un dos xogos máis populares do mundo, practicado por millóns de persoas de maneira informal, en torneos (de afeccionados e profesionais), clubs, escolas, a través de Internet ou por correspondencia. Atópanse características de arte e de ciencia nas composicións xadrecísticas e na súa teoría, que abarca aperturas, medio xogo e finais, as fases en que tradicionalmente se subdivide o transcurso do xogo. Na terminoloxía do xogo, os xogadores son denominados xadrecistas. No xadrez, que é un xogo de estratexia e de táctica, non implica o elemento sorte, coa única excepción en canto ao sorteo das cores ao comezo do xogo (as brancas sempre fan o primeiro movemento) e é especialmente coñecido pola súa alta complexidade.

Historia

[editar |editar a fonte]
Krishna e Radha xogando aochatarunga, antecesor do xadrez[4]

Orixe

[editar |editar a fonte]

O xadrez é un xogo moi antigo, como pode deducirse da etimoloxía de moitos vocábulos empregados:enroque procede deroque, unha palabra sinónima de torre que xa non se usa; alfil (procede doárabe, onde 'al-fil significaba "oelefante"). As orixes máis probábeis do xogo son a Indo-Persa e a do Antigo Exipto.[5]

Idade Media

[editar |editar a fonte]

A súa importación aEuropa veu da man dos musulmáns deAl-Andalus, moitos séculos antes da expulsión daPenínsula Ibérica, e dossarracenos polaPenínsula Itálica.[6] Ao norte de Europa chegou a través dosnormandos; as pezas de xadrez de Lewis son un conxunto de 93 pezas de xadrez atopadas nailla de Lewis,Escocia, tallados maiormente enmarfil demorsa no século XII (Véxase reprodución en 3D noBrittish Museum[7]).


O reiAfonso VI de Galiza e León perdeu oreino de Sevilla nunha partida de xadrez contraAbenamar[8].Afonso X o Sabio era xogador afeccionado e escribiu o tratado máis antigo de Europa sobre o xogo, en1284.[9]


As relacións de valor e movemento entre as pezas amosan claramente unha transposición da estruturamedieval feudal: a peza máis importante, a que hai que derrotar é o rei; a raíña ten os movementos máis ilimitados; os cabalos e os "elefantes" eran daquela elementos de ataque e a torre é un trasunto docastelo defensivo; os peóns son ainfantaría. Suxeriuse que os movementos da raíña ou dama foron mudados a finais do século XV ou principios do XVI porIsabel a Católica.[6]

Na idade contemporánea

[editar |editar a fonte]

Este potencial foi explotado noséculo XX polos países doPacto de Varsovia, que o utilizaron intensivamente nos seus sistemas educativos como método tanto de ensino e incentivación como logo para apropaganda política dos éxitos acadados no xadrez[10]. O certo é que os rusos crearon escola, e son ben coñecidos personaxes coma os campións mundiaisGarry Kasparov eAnatoli Karpov.

A Federación Galega de Xadrez (FeGaXa) xurdiu na primeira década do século XX, aínda que a actual Federación naceu tras o proceso unificador, nunha reunión celebrada en Lugo, en1984. A Asociación Galega de Xadrecistas naceu en1989.

Regras

[editar |editar a fonte]

O xadrez é un xogo cunha orixe milenaria e polo tanto é un deporte moi establecido, cunhas regras claras, definidas e marcadas, que mesmo ten os seus propios rituais. De tódolos xeitos, para comezar a iniciarse no xadrez, debe ser a un nivel máis afeccionado. Neste caso é habitual obviar algunhas das regras máis complexas ó principio para ilas aprendendo ós poucos. Isto provoca a miúdo discusións pola diferenza de criterio, co cal é un moi bo consello aclarar e establecer cales son as regras propias que se van aplicar nesa partida ou entre determinados participantes (isto é moi habitual cando se lles ensina ós cativos, dependendo do nivel ó que se xogue).

Colocación

[editar |editar a fonte]
Posición inicial das pezas.

O taboleiro de xadrez ten dous eixos desimetría diagonais, pero non ten simetría con respecto ás súasmedianas, debido a que, dos catro currunchos do cadro, dous son brancos e dous son negros. A colocación establecida para o taboleiro é aquela na que o xogador que vaia xogar coas pezas brancas teña o curruncho máis próximo da súa dereita de cor branca. Unha vez situado así, e dende a perspectiva do xogador das pezas brancas, pode identificarse cada cela mediante unhanotación axeitada de ringleiras e columnas.

A colocación das pezas faise na parella de ringleiras máis próxima a cada participante: na penúltima colócanse os 8 peóns e na máis achegada ós xogadores colócanse as pezas simetricamente consonte a seguinte orde dende os extremos: torre (as dúas dos extremos), alfil e cabalo. Nas dúas posicións internas que faltan haberá que colocar a raíña sobre acasa que ten a mesma cor que a peza e o rei na outra (e así dise "(raíña) negra sobre (posición) negra e branca sobre branca").

Movementos

[editar |editar a fonte]

As pezas só se poden tocar para poñelas na súa posición inicial ou para ser movidas (o famoso "peza tocada, peza xogada"): en caso contrario, no que se estableza contacto para colocalas no taboleiro, debe dicirse "Compoño", polo menos nas competicións oficiais.

Para comezar coa partida, as primeiras pezas que se moven son as do xogador que utiliza as brancas. O movemento das pezas tamén indica cales son as celas "dominadas" e as pezas contrarias que pode capturar, pois son as que se atopan no final da súa traxectoria de desprazamento (agás os peóns):

Torre: O seu movemento é un dos máis potentes e realízase en dirección horizontal ou vertical ata que atope outra peza, de igual ou distinta cor;
Alfil: esta peza ten un desprazamento diagonal e polo tanto sempre en casas da mesma cor ata que atope outra peza, de igual ou distinta cor. Debido ácolocación das pezas sobre o taboleiro, haberá sempre no inicio un alfil que se desprace sobre casas brancas e outro sobre casas negras, co cal se lles adoita chamar "alfil de brancas" e "alfil de negras" (que non se debe confundir con "alfil das brancas", que indica a cor da peza);
Dama ou raíña: a que máis versatilidade de movementos ten, xa que pode moverse coma unha torre ou coma un alfil;
Rei: a súa limitación é manifesta, pois só pode mover a calquera das oito casas que rodean a onde está que non estean ocupadas. Isto faino moi vulnerable, sobre todo tendo en conta que é a peza máis importante (porque a súa captura é o obxectivo do xadrez);
Cabalo: é a única peza á que non sempre lle obstaculizan o movemento outras pezas, xa que pode saltar (por algo se chama cabalo) outras pezas. Así, posicionarase en calquera das oito casas (que será sempre de distinta cor cá de onde parte) que se definen por unha distancia combinada verbo da posición inicial de dúas casas horizontais e unha vertical ou dúas verticais e unha horizontal. Este desprazamento en L é moi perigoso cando o movemento do cabalo se sabe usar ben.

De entre tódalas pezas, nas anteriores pódese capturar nas casas que domina pero non na seguinte:

Peón: o seu movemento normal é de avanzar verticalmente só unha casa (agás a"saída de peón") se non está ocupada por outra peza, de igual ou distinta cor, pero para capturar debe facelo diagonalmente e tamén só unha posición;

Movementos especiais

[editar |editar a fonte]
Xadrez con X. Roberto Patiño Romarís, campión galego
Saída de peón: Dáse só no primeiro movemento de cada peón dende a súa posición inicial, dende onde estes poden avanzar dúas casas. No resto do taboleiro unicamente está permitido que avancen unha casa en vertical ou en diagonal
Comer ó paso: Para comprender este movemento debemos concibir o movemento de dúas casas que pode realizar un peón cando se move por vez primeira como dous semi-movementos de avance consecutivos con cadanseu movemento de só unha posición. Polo tanto, un peón atacante pode estar afectado pola defensa se recibe un contraataque dende a posición tralo primeiro semi-movemento do outro peón defensor, que executaría un movemento dobre, ao comer o peón inimigo que se sitúa ao seu lado sen ocupar a casa onde estaba este, avanzando cara a casa que ocuparía se o peón negro só adiantase unha casa.
Enroque: En determinadas situacións nas que un está sendo atacado, sería aconsellable poder mover varias pezas ó mesmo tempo. O enroque é a única xogada do xadrez na que acontece isto. O movemento consiste en mover o rei dúas casas en dirección a unha das dúas torres e mover a torre a beira do rei pasando por encima deste, cando o enroque se realiza coa torre máis próxima ó rei chámase enroque curto mentres que se é coa torre máis afastada chámase enroque longo. O enroque só se pode realizar se tanto a torre coma o rei non se moveron durante toda a partida, ademais o rei non pode estar enxaque ou pasar por unha casa ameazada por unha peza contraria. Este movemento defensivo nas meirande parte das partidas dáse nos primeiros movementos da apertura.
Xaque: Cando o rei está sendo atacado por unha peza contraria dise que está en posición de xaque ou simplementeen xaque. En xadrez non profesional, normalmente o atacante avisa o contrario de que está en xaque simplemente dicindo "xaque" (mesmo hai quen avisa dicindo "xaque á raíña").
Xaque mate: Se o rei está en xaque e non pode mover a ningún lugar onde non se sitúe outra vez en xaque para poder salvarse, considérase que a partida chegou ó xaque mate, é dicir, rematou coa derrota do rei en xaque.
Táboas: Nunha partida pode desenvolverse de xeito que gañe un participante ou o outro ou ben ningún deles. A esta situación de empate chámaselle "quedar en táboas" e dáse cando, tras comerse o derradeiro peón do taboleiro, non hai ningunha captura durante 50 pares de movementos. Tamén fica a partida en empate cando se repite 3 veces a mesma posición sobre o taboleiro (aínda que fose en momentos moi distantes).
Afogado: Posición na que o xogador que ten a quenda para mover, sen o seu rei estar en xaque, non pode realizar ningún movemento legal. A partida remata nese momento, obrigatoriamente, co resultado de táboas.
Retirada: Cando un xogador sabe que vai perder ou non confía na súa resistencia para evitar a derrota, pode decidir abandonar a partida. O xesto ritualizado para amosar isto (e mesmo máis usual que expresalo verbalmente) é derrubar o rei suavemente sobre o taboleiro coma símbolo de abdicación.
Xaque mate básico: ou xaque pastor.

Tipos de ataque

[editar |editar a fonte]

Os ataques poden clasificarse fundamentalmente en tres tipos, segundo

Ataque directo: é o ataque máis clásico e nel trátase basicamente de colocar unha peza nunha posición na cal a traxectoria do seu ataque intercepte a outra peza inimiga;
Xogo descuberto: consiste en que o movemento dunha ficha desobstaculiza a traxectoria dun ataque. A única peza que non pode atacar polo xogo descuberto doutra peza é o cabalo, dada a ser quen de apuntar sobre as fichas da súa propia cor;
Pinza outenaces: é un caso especial de ataque directo, no cal a mesma peza atacante está atacando dúas pezas contrarias ó mesmo tempo. Este movemento crea moito perigo e debe ser previsto con antelación para non dar a oportunidade de perder unha ficha. Apinza descuberta é unha combinación das dúas anteriores e pode ser dobre (cando se atacan dúas pezas) ou máis raramente tripla (cando a peza movida realiza unha pinza dobre e provoca un xogo descuberto).

Aperturas

[editar |editar a fonte]

Pódense diferenciar principalmente 5 grandes grupos de aperturas segundo as estruturas de peón resultantes:

  • Abertas: empezan normalmente coas xogadas 1. e4, e5. Exemplo das máis habituais son aapertura Ruy López ou española (1. e4, e5 2. Cf3, Cc6 3. Ab5) ,Apertura Italiana (1. e4, e5 2. Cf3, Cc6 3. Ac4, Ac5) e aDefensa Petroff (1. e4, e5 2. Cf3, Cf6). Conducen a posicións de liñas abertas, principalmente as columnas centrais "d" e "e".
  • Semiabertas: empezan normalmente coa xogada de brancas 1.e4 e as negras responden cun movemento distinto a 1..., e5. Conducen a posicións onde é habitual que haxa algunha liña aberta nas columnas e filas do centro amplo (columnas "c", "d", "e", "f"; filas 3, 4, 5, 6). As máis usadas son aDefensa Siciliana (1. e4, c5),Defensa Francesa (1.e4, e6) e a Defensa Caro-Kann (1.e4, c6).
  • Pechadas: empezan normalmente cos movementos 1.d4, d5.Gambito de Dama (1. d4,d5 2.c4), Peón de dama (1.d4, d5 2.Cf3). Levan a posicións nas que non hai columnas abertas até o medio xogo. Entre as máis empregadas están a Defensa Eslava (1.d4, d5 2.c4, c6), Defensa Ortodoxa (1.d4, d5 2.c4,e6) e o Gambito de dama aceptado (1.d4 d5 2.c4 d5xc4).
  • Semipechadas: empezan normalmente coa xogada de brancas 1.d4 e as negras responden cun movemento distinto a 1...d5. Entre as máis empregadas están a Defensa Nimzoindia (1.d4, Cf6 2.c4, e6 3.Cc3, Ab4), DefensaIndia de Rei (1.d4, Cf6 2. c4, g6 3.Cc3 Ag7 4.e4 d6) eDefensa Holandesa (1.d4, f5). A colocación dos peóns centrais é moi variable.
  • De flanco: empezan con xogadas distintas a 1.d4 ou 1.e4. As máis empregadas son 1. c4 coñecida comoApertura Inglesa e a Apertura Reti 1.Cf3 seguido de 2.g3. A colocación dos peóns centrais é moi variable.

Estratexias

[editar |editar a fonte]

Na apertura, o emprego do gambito, que consiste no movemento dun ou varios peóns, menos frecuente doutras pezas, para ofrecer material ao adversario ben a cambio dun desenvolvemento rápido de pezas e dun dominio das casas centrais, ben do inicio dunha ofensiva relampo sobre o rei.

Obter columnas abertas e filas abertas: denomínanse así as columnas e as filas nas que non hai peóns de ningún dos bandos.

Finais

[editar |editar a fonte]

Chámaselle final á situación na que quedan moi poucas pezas no taboleiro e só existe a posibilidade dun gañador (cunha estratexia de ataque que só pode ser unha determinada) ou ben táboas por movementos. As posibles combinacións de pezas nos resultados destes finais están estudados e os principais son os seguintes:

- Final de rei (contra rei): invariablemente táboas;

- Final de dama e rei (contra rei): a dama debe levar o rei a un lateral, cubrir o escape do rei perdedor co rei gañador e facer xaque antes de afogalo;

- Final de rei e torre (contra rei): igual que coa dama;

- Final de rei e dúas torres (contra rei): as torres poden derrotar o rei solitario varrendo consecutivamente as columnas ou ringleiras dende o lado do taboleiro oposto ó rei perdedor;

- Final de rei e alfil (contra rei): invariablemente táboas;

- Final de rei e dous alfís (contra rei): o rei solitario debe ser levado ata un curruncho e alí arrastralo por un corredor delimitado polo bordo do taboleiro e o rei atacándoo cos alfís, evitando o afogado;

- Final de rei e cabalo: indefectiblemente táboas;

- Final de rei, torre e alfil: aproveitando as columnas abertas, debe empuxarse a un lateral o rei solitario coa axuda da torre e do seu rei, mentres o alfil colabora ou se mantén á marxe (co cal o final convértese nun de rei e torre);

- Final de rei, torre e cabalo: a única complexidade vén dada polo perigo de afogar ao rei contrario, polo que convén manter ao cabalo afastado deste.

- Final de rei, cabalo e alfil (contra rei): O mate máis difícil do xadrez.

Perfil psicolóxico dos xadrecistas

[editar |editar a fonte]
O neno prodixio do xadrez,Samuel Reshevsky, de oito anos, derrota a varios mestres do xadrez, nunhas partidas simultáneas en Francia.

Na actualidade existe unha importante investigación psicolóxica do xadrez. Un dos feitos mellor establecidos é que aínda que o xadrez é amplamente considerado o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos, existe moi pouca evidencia entrecapacidades cognitivas concretas e a pericia no xadrez. Aínda que existe unha débil correlación entreintelixencia e pericia no xadrez entre os nenos que están a aprender, dita correlación non existe cando consideramos grandes mestres ou nenos altamente talentosos para o xadrez.[11] O factor que explica mellor o desempeño xadrecístico é o número de horas de práctica. Con todo é evidente que este é un xogo/deporte destacadamenteintelectual debido a que requireconcentración,cálculo,capacidade de análise, e é ben coñecido que abundan altísimos cocientes intelectuais entre os xogadores de primeira fila mundial. Algúns estudos suxiren que os grandes mestres son capaces de almacenar entre 10 mil e 100 mil “fragmentos”[12] ou posicións de taboleiro xadrecisticamente relevantes, aínda que simulacións por computador estiman este número en 300 mil.[13][14]

Outro aspecto, menos estudado, é o da personalidade dos xadrecistas. Un estudo que comparaba 219 nenos que xogaban ao xadrez con outros 50 que non o facían, cuxos trazos de personalidade foron clasificados de acordo coTest de personalidade dos cinco grandes («O»: Apertura a novas experiencias, « C»:Responsabilidade, «E»:Extroversión, «A»:Amabilidade, « N»:Neuroticismo), suxería que era máis probable que os nenos con alta puntuación nos factores «O» e «E» fosen xogadores de xadrez. Os nenos homes que puntúan máis alto no factor «A», están menos interesados no xogo. Iso podería explicar por que as nenas, que xeralmente puntúan máis alto no factor «A», están en xeral menos interesadas no xogo. Outro estudo realizado enestudantes universitarios menciona que, aquelas persoas cuxapersonalidade élles pracenteiras a procura e experimentación de sensacións novas e fortes, sentense moito máis atraídas polo xogo que aquelas que evaden esas sensacións, sen importar osexo.[15] Con todo, os estudos non detectaron ningunha correlación entre os trazos de personalidade e a pericia xadrecística dun xogador.

Grandes xadrecistas de todos os tempos

[editar |editar a fonte]

Xadrez en Galiza

[editar |editar a fonte]

A práctica do xadrez enGaliza está regulada polaFederación Galega de Xadrez, que organiza tódolos anos aLiga Galega de Clubs.

No sitio de xogochess.com, a maior comunidade on-line de xadrez do mundo[16], o equipoTeam Galicia representa a Galiza nos campionatos de xadrez en todas as variantes e modalidades.[17]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraxadrez.
  2. "Leyes del ajedrez de la FIDE"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 09 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  3. "La Federación Española de Ajedrez es una de las federaciones deportivas españolas reconocidas por el Consejo Superior de Deportes de España".csd.gob.es. Arquivado dendeo orixinal o 08 de outubro de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  4. Yuri Averbakh (2012)A History of Chess: From Chaturanga to the Present Day Russell Enterprises,
  5. Brule, Álvaro Van den (2018-06-23)."La afición desconocida de Alfonso X el Sabio, un mecenas para la eternidad".elconfidencial.com(encastelán). Consultado o2022-05-19. 
  6. 6,06,1"[PDF] The Art of Queening - Peão por uma rainha – Anne Neville e as ambições de uma família à coroa de Inglaterra - Free Download PDF".dadospdf.com(en / pt). Consultado o2022-05-19. 
  7. "Lewis Chessmen - A 3D model collection by The British Museum (@britishmuseum)".Sketchfab(eninglés). Consultado o2022-05-19. 
  8. "De cómo Alfonso VI perdió al ajedrez el reino de Sevilla".www.leonoticias.com. Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2023. Consultado o2022-05-19. 
  9. "O Livro de Jogos de Afonso X".apenas-livros.com. Consultado o2022-05-19. 
  10. Kasparov, Garry (2003).Mis grandes predecesores, parte II ,. Everyman Chess. 
  11. Merim Bilalić (2007): «Does chess need intelligence?»Inteligence,35, pp. 457-470, 2007.
  12. Simon, H. A. & Gilmartin K. J. (1973): «A simulation of memory for chess positions.»Cognitive Psichology,5, pp. 29-46.
  13. Gobet, F. & Simon H. A. (1998): «Expert memory: Revisiting the chunking hypothesis.»Memory,6, pp. 225-255.
  14. Gobet, F. & Simon H. A. (2000): «Five seconds or sixty? Presentation time in expert memory.»Cognitive Science,24, pp. 651-682.
  15. Joireman J.A., Fick C.S. & Anderson J.W. (2002): “Sensation seeking and involvement in chess”,Personality and Individual Differences,32, p. 509-515.
  16. "The 10 best places to play chess online - Chess Strategy Online".www.chessstrategyonline.com. Consultado o2022-04-28. 
  17. "Team Galicia - Chess Club".Chess.com(eninglés). Consultado o2022-04-28. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  XadrezModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Arias Iglesias, C. e Veiga Goy, J. L. (1989).Manual básico de xadrez, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Castro Díaz, J. A. (1996)Aprendendo xadrez, Edicións Xerais de Galicia.
  • Castro Girona, P. e outros (1996)Xadrez na escola, Santiago, Edicións Lea.
  • de Groot, A. D. (1965). Thought and Choice in Chess (English ed.). The Hague. 
  • Golombek, H. (1976). A History of Chess. Routledge & Kegan Paul.
  • Kasparov, G. (2003).Mis grandes predecesores, parte I , Everyman Chess.
  • Kasparov, G. (2003).Mis grandes predecesores, parte II , Everyman Chess.
  • Kasparov, G. (2004).Mis grandes predecesores, parte III , Everyman Chess.
  • Kasparov, G. (2004).Mis grandes predecesores, parte IV , Everyman Chess.
  • Kasparov, G. (2006).Mis grandes predecesores, parte V , Everyman Chess.
  • Li, David H. (1998). The Genealogy of Chess. Premier Pub. Co.
  • Murray, H.J.R. (1913).A History of Chess. Benjamin Press (orixinariamente publicado por Oxford University Press)
  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2009).Xadrez para todos, iniciación 1, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010).Xadrez para todos, iniciación 2, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., e outros. (2010).Xadrez para todos, intermedio 1, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., e outros. (2010).Xadrez para todos, intermedio 2, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2014).Xadrez para todos, avanzado 1, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010).Xoga e aprende 1, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010).Xoga e aprende 2, Balàgium Editors.
  • Prió Burgués, J., Fernández Amigo, J. e Farré Vilalta, I. (2014).Xoga e aprende 3, Balàgium Editors.
  • Tribiño Mamby, C. (2005).Xadrez Iniciación.Baía Edicións.ISBN 978-84-96526-24-2. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xadrez&oldid=6940808»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp