Unxador[1] ouxadur[2] (enpersiano: چادرchâdor) é unhapeza de vestir ampla e habitualmente de cor negra coa que algunhas mulleres musulmás, especialmente nas zonas urbanas ou rurais doIrán e dalgúns outros países de Asia central cobren a cabeza e o corpo, deixando unicamente á vista a cara[3].
O xador consistente nunha simple peza de tea semicircular aberta por diante que se coloca sobre a cabeza, cubrindo todo o corpo agás a cara. Ás veces axústase ao pescozo, a un costado, cunalfinete decorativo. Segundo as relixións pode ser negro ou a cores, a miúdo estampados. Esta peza ponse por riba de todas as outras e, especialmente no campo, pode ser máis curta.
A tradición de cubrir a testa é frecuente en diversas relixións orixinadas en pobossemíticos, incluídos oxudaísmo e mailocristianismo, porén o seu uso é pouco frecuente actualemnte e adoita estar restrinxido a cerimonias relixiosas (mantilla,veo). Con todo, cómpre non confundir o xador con outras pezas de vestimenta usadas no islam coma ohixab, aamira, onicab, oburca ou aabaia.
Xador branco con flores vermellas, tradicional en Natanz (cara ao centro doIrán).
CoaRevolución islámica de 1979 impúxose o uso obrigatorio no Irán, situación que aínda se mantén, con certa relaxación na súa forma e deseño.[4][5]
↑Definición proposta polo Servizo de Normalización Lingüística daUSC
↑Luz Gómez García,Diccionario de islam e islamismo, páx. 54. Editorial Espasa,2009: "la Revolución Islámica (1979) dictaminó que fuese indumentaria obligatoria de las mujeres en Irán, situación que se mantiene en la actualidad, aun con cierta relajación en su forma y diseño."