Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

X-Men

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

X-Men é un equipo desuperheroes debanda deseñada deMarvel Comics creado polo escritorStan Lee e o artistaJack Kirby.

Historia

[editar |editar a fonte]

Apareceu pola primeira vez enThe X-Men nº 1 en setembro de1963 que comezou a publicarse bimensualmente, no número 14 adquiriu carácter mensual, nesta primeira etapa non tivo tanto éxito como outros equipos de superheroes comoOs Vingadores ouOs 4 Fantásticos e a revista deixou de publicarse en1970 no número 66 polas súas baixas vendas, volveu nove meses despois como bimensual pero con historias vellas. En maio de1975 Marvel revitalizou o equipo con novos personaxes a cargo do escritorLen Wein e o artistaDave Cockrum no especialGiant Size X-Men e en agostoThe X-Men comezou a publicar historias novas a cargo deChris Claremont formando equipo a partir de 1977 conJohn Byrne, a publicación pasou a mensual en 1978, e nos anos oitenta a serie converteuse nunha das máis populares de banda deseñada sobre todo a raíz da publicación deThe Dark Phoenix Saga, e a revista apareceu quincenalmente por breves períodos de tempo e deu lugar a novas series de cómics comoNew Mutants,X-Factor,Excalibur,Wolverine,X-Force,Generation X ouX-Men:Legacy.

Sinopse

[editar |editar a fonte]

Nun clima de aumento do sentimento contrario ósmutantes, oprofesor Xavier, un telépata paralítico, crea na súa mansión deWestchester un santuario para aprenderlles ós mutantes novos a usar os seus poderes en beneficio da humanidade e probar que os mutantes poden serheroes. Xavier recruta a Ciclope, o Home de Xeo,Angel, Besta eJean Grey denominándoos "X-Men" por posúír X-tra poder por estar en posesión doXen-X resultado dunha mutación doADN, un xene que os humanos normais non teñen pero que lle dá ós mutantes as súas habilidades. A estes cinco X-Men iniciais cos anos uníronse moitos outros, como Tormenta ouLobeto entre os máis coñecidos.

Xa desde os primeiros números apareceu o arquinimigo dos X-Men,Magneto e a súaBrotherhood of Mutants.

De X-Men relizáronseseries de televisión:A patrulla X,X-Men Evolution eWolverine and the X-Men, filmes:X-Men,X2,X-Men: The Last Stand eX-Men Origins: Wolverine,X-Men: First Class evideoxogos.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=X-Men&oldid=6368653»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp