Wisconsin (eninglés[wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma osEstados Unidos de América, localizándose noMedio Oeste. Limita ao sur conIllinois, ao oeste conIowa eMinnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado deMíchigan, e ao leste colago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado. A capital do estado éMadison, e a cidade máis poboada éMilwaukee, sita na costa do Lago Michigan. O estado de Wisconsin está composto por 72 condados.
O nome do estado provén do río Wisconsin, chamado así polos nativos americanos que vivían na zona á chegada dos europeos. O explorador francésJacques Marquette foi o primeiro europeo en chegar ao río, no 1673 e no seu diario rexistra o nome deMeskousing. O termo foi corrompido porOuisconsinpor outros exploradores franceses, converténdose co tempo no nome francés para o río e para a rexión. A principios do século XIX, coa chegada dun gran número de anglofalantes á zona, o termo foi adaptado para Wisconsin, converténdose este en oficial pola asemblea do Territorio de Wisconsin no 1845.
A palabra algonquiá para Wisconsin e o seu significado orixinal ten moita controversia. As interpretacións son variadas, aínda que a meirande parte delas están relacionadas co río e o arenito vermello da súa beira. Unha das teorías máis fortes sostén que o nome provén da palabra do idioma miamiMeskonsing(en galego, "descorre vermello"), referíndose á zona do río Wisconsin á altura das chamadas Wisconsin Dells. Outras teorías suxiren que o nome vén de distintas palabrasojibwa que significan "área de rocha vermella", "onde as augan se xuntan" ou "rocha grande".
A zona está habitada dende hai uns 12 000 anos, chegando os primeiros habitantes arredor do 10 000 a.C., durante a denominada como "Glaciación de Wisconsin". Estes, denominados paleo-indios, adicábanse á caza de animais hoxe desaparecidos (ex.Mastodonte). Coa fin da era glacial, no 8 000 a.C., engadíronse outras actividades, tales como a pesca e a recolección. As sociedades agrícolas apareceron entre o 1 000 a.C. e o 1 000 da nosa era. Arredor desta última data, en Wisconsin florecía a cultura denominadaEffigy Mound(cuxa principal obra son os montículos coa forma de serpe e outros animais ergueitos en moitos lugares dos Estados Unidos). Entre o 1000 e o 1500, os indios das culturas Mississippi e Oneota asentáronse na zona, podendo ser estes os antecesores dos Ioway e os Ho-Chunk, as tribos que vivían en Wisconsin á chegada dos europeos. Outros grupos de nativos son osojibwa, sauk, fox,kickapoo e pottawatomie, que migraron para esa zona dende o leste entre 1500 e 1700.
O primeiro europeo en chegar foi, probablemente, o explorador francés Jean Nicolet, quen no 1634 chegou en canoa dende osGrandes Lagos, desembarcando preto da actualGreen Bay. Os europeos regresaron alí no 1654-1666 e tamén á costa doLago Superior no 1659-1660, para o comercio de peles cos nativos. Foron Jacques Marquette e Louis Jolliet os primeiros en atravesar o actual estado, usando a vía fluvial dos ríos Fox e Wisconsin, chegando ata oMississippi no 1673. Outros franceses continuaron o comercio de peles na zona nos séculos XVII e XVIII, pero nunca levantaron asentamentos. No 1763, oReino Unido obtén o control da zona tras a guerra Indio-Francesa. Con todo, os comerciantes de peles franceses continuaron a súa actividade.
Os británicos conquistaron a zona durante este conflito, gañandoGreen Bay en 1761 e logo toda a rexión no 1763. Os británicos estaban tamén interesados no comercio de peles. Deste xeito, franco-canadinos, ingleses e algúns afroamericanos libres chegaron a Wisconsin durante o control británico. O primeiro asentamento atribúese a Charles Miguel de Langlade, cun posto de comercio en Green Bay en 1745, ao cal se mudou definitivamente no 1764. No oeste, enPrairie du Chien, estableceuse un asentamento no 1781. Os franceses de Green Bay referíanse a ela como Le Bey (A Baía), mentres que os comerciantes británicos lle daban o nome deGreen Bay(Baía Verde), pola cor verdosa das augas na primavera. A dominación británica da zona non prexudicou os residentes franceses, dándose un clima de expansión económica en torno ao comercio de peles, establecéndose granxas na rexión, e sendo Green Bay unha próspera vila a finais do século XVIII.
Tras aRevolución Americana, a rexión converteuse en posesión dosEstados Unidos, aínda que os británicos mantiveron o seu poder ata a guerra de 1812. Neste tempo, a economía pasou de centrarse nas peles a xirar arredor do chumbo. A prosperidade deste novo negocio trouxo á zona inmigrantes de Europa e doutras zonas dos Estados Unidos. A chegada repentina dun grande grupo de brancos provocou conflitos coas comunidades nativas. Diversas guerras, como a de Winnebago (1827) ou a dos Black Hawk (1832) derivou na expulsión dos indios americanos da meirande parte de Wisconsin. O Territorio de Wisconsin créase o 20 de abril de 1836. Por este ano, as pradarías do SE están xa ocupadas por inmigrantes de Nova Inglaterra.
Estes, descendentes dos puritanos que chegaron a Nova Inglaterra no século XVII, expándese por todo o sur do que hoxe é o estado. Daquela, Wisconsin era basicamente bosques e pradarías salvaxes. Os novos habitantes erguen granxas, estradas, edificios, traendo tamén os seus ideais políticos (defensa do abolicionismo e da educación) e a relixión protestante. Vilas como Racine, Beloit, Janesville etc. foron fundadas neste tempo. Wisconsin converteuse en estado en 1848.
En 1850, a poboación era de 350.000 habitantes, dos cales case 1/3 (103.000) eran do NE dos Estados Unidos. O segundo grupo máis numeroso era o alemán (38.000), seguidos dos británicos (28.000). Só o 18% (63.000) dos residentes de Wisconsin nacera no estado.
Nelson Dewey, demócrata, foi o primeiro gobernador do Estado. Nado enConnecticut, a súa familia levaba en América dende 1633. Dewey impulsou o desenvolvemento de infraestruturas: estradas, ferrocarrís, canles e portos, así como a mellora dos ríos Fox e Wisconsin. A política de Wisconsin estivo dominada polo tema da escravitude, o Estado converteuse no centro antiabolicionista do norte. A situación complicouse en 1854, cando un escravo escapado de Missouri foi capturado en Racine e, segundo oFugitive Slave Act of 1850, debía ser detido e condenado, pero un grupo de abolicionistas parou o proceso e axudou ao escravo a fuxir para oCanadá. OPartido Republicano, fundado o 20 de marzo de 1854 por abolicionistas na vila de Ripon, Wisconsin, converteuse no partido dominador do estado. NaGuerra Civil Estadounidense, uns 91.000 soldados loitaron do bando da Unión.
Neste tempo a economía diversificouse. Coa caída da minería de chumbo, a agricultura converteuse na principal actividade na metade sur do estado. Unha rede ferroviaria foi levantada para axudar co transporte de gran. Wisconsin converteuse en pouco tempo nun dos maiores produtores de trigo dos Estados Unidos. Paralelamente, a industria madeireira dominaba a metade norte de Wisconsin, aparecendo serradoiros en vilas comoLa Crosse,Eau Claire, ouWausau. Estas actividades tiveron consecuencias ambientais importantes. No final do s. XIX, a agricultura intensiva destruíra a capa fértil do solo, e a industria da madeira deforestara unha parte importante da rexión. Isto levou a un declive de ambas actividades.
No inicio da década de 1890, as granxas de Wisconsin mudaron do trigo á produción láctea para así obter mellor rendemento das terras. Moitos inmigrantes traían as súas tradicións queixeiras que, xunto coa adecuada xeografía do estado e a investigación na materia por parte daUniversidade de Wisconsin, axudaron a crear o alcume deAmerica's Dairyland (A Leitería de América). Ao mesmo tempo, ecoloxistas como Aldo Leopold axudaron á reforestación de comezos do século XX, dando pé a unha máis renovable industria madeireira e papeleira, e potenciando o turismo nos bosques do norte. Houbo un boom na manufactura neste tempo, axudado pola masiva inmigración proveniente de Europa. En cidades comoMilwaukee, a industria abarcaba desde a fabricación de cervexa e o procesamento de comida ata a produción de maquinaria pesada e ferramentas. En 1910, Wisconsin era o oitavo estado dos Estados Unidos en PIB.
O inicio do século XX foi tamén importante polo auxe do progresismo liderado porRobert M. La Follete. Entre 1901 e 1914, os republicanos progresistas crearon en Wisconsin o primeiro sistema cabal de eleccións primarias dos Estados Unidos, así como a primeira lei de compensación por accidente laboral, e o primeiro imposto estatal sobre a renda, facendo este último proporcional aos ingresos. Esa "idea de Wisconsin" progresista potenciou tamén o desenvolvemento daUniversidade de Wisconsin.
Tras a IIGM, Wisconsin atopábase dividido en temas como a creación daONU, ou o auxe daURSS, movéndose a opinión xeral a favor do capitalismo nos anos seguintes. Ao longo da segunda metade do século XX, Wisconsin viu diversos extremos políticos. Desde as cruzadas anticomunistas do senador McCarthy nos anos 50 ata as protestas radicais contra a guerra do Vietnam naUW-Madison (que remataron co atentado do Sterling Hall de 1970). Wisconsin converteuse no líder da reforma das prestacións sociais co gobernador Thompson nos anos 90. A economía tamén cambiou, co descenso da industria en favor da economía de servizos (sanidade, educación, turismo etc.)
Aeconomía do Wisconsin baseábase orixinalmente na produción das facendas (especialmente produtos de granxa), naminería e na extracción demadeira. Noséculo XX oturismo tornouse importante, e moitas persoas que vivían nas facendas mudaron de emprego e foron traballar noutras rexións. Aindustrialización en larga escala iniciouse no final doséculo XIX no suroeste do estado, coa cidade deMilwaukee como centro principal. En décadas recentes, osservizos, especialmentemedicina eeducación, tornáronse dominantes. A paisaxe do estado, bastante modificada polaglaciación da últimaIdade do Xeo, torna o estado popular para o turismo e para outras formas de recreación.