Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wired

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wired
Logotipo
Imaxe
 Título
Wired (en)Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Editor/a
 Propietario/a
Organizacións
 Editorial
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
marzo de 1993Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
1 MMEditar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
 País de orixe
Identificadores
ISSN1059-1028Editar o valor en Wikidata
OCLC24479723Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hcft e/m/024lmkEditar o valor en Wikidata
OpenAlexS4306534827Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
Facebook: wiredTwitter: WIREDInstagram: wiredBluesky: wired.comLinkedIn: wiredYoutube: UCftwRNsjfRo08xYE31tkiywTikTok: wiredEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Wired é unharevista mensual estadounidense que existe dende 1993 e unpáxina web de novas homónimo.[1]Wired trata de reflectir a maneira en que a tecnoloxía afecta á cultura, á educación, á economía e á política. A revista é propiedade da editorial Condé Nast Publications e publícase enSan Francisco, California.

A palabra inglesa "Wired" pódese traducir ó galego como "cableado/a", o que debe entenderse no contexto da época de fundación da revista, no cal as computadoras dependían exclusivamente de cables para conectar os seus compoñentes entre si, como o monitor, orato, oteclado ou aimpresora. Outra tradución do título da revista en galego podería ser "conectado", no sentido da visión dos seus lectores como xente conectada ou enganchada ás novas tecnoloxías e as súas conexións coa cultura, a economía, a política, a moda etc.

Historia

[editar |editar a fonte]

O primeiro número da revista foi publicado para o período de marzo-abril de 1993, conforme á súa propia nomenclatura o1.01 (a primeira cifra indica o ano e a segunda o mes). O xornalistaLouis Rosetto e a súa sociaJane Metcalfe fundaron a revista no ano1993 co apoio inicial do empresario da industria dosoftware Charlie Jackson e Nicholas Negroponte, director do Laboratorio de Medios doMIT, que ademais traballou como columnista durante máis de seis anos. Desde o comezo, Wired foi un grande éxito editorial e foi comparada conRolling Stone polo seu impacto na sociedade norteamericana.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Sitio Oficial de Wired Wired.com
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wired&oldid=7134885»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp