Windows 95 foi unsistema operativo coninterface gráfica de usuario híbrido de entre 16 e 32bits. Foi publicado o24 de agosto de1995 pola empresa desoftwareMicrosoft con notable éxito de vendas.
Substituíu aMS-DOS como sistema operativo e aWindows 3.x como contorna gráfica. Encádrase dentro da familia de sistemas operativos de Microsoft denominadaWindows 9x. Na versiónOSR2 incorporou osistema de arquivosFAT32 ademais do primeiro indicio do entón novoUSB.
Os seus sucesores directos foronWindows 98 eWindows ME. Coa unificación das liña profesional e a doméstica conWindows XP, esta familia de sistemas Windows aínda continúa o seu desenvolvemento conWindows 10, o máis recente sistema operativo deMicrosoft.
Existen versións tanto endisquetes como en CD-ROM. A versión en 13disquetes utilizaba un formato non estándar coñecido comoDMF que lles permitía almacenar unha capacidade maior á nominal de 1.44 MB. A versión enCD-ROM ofrecía unha selección de accesorios e complementos multimedia moito maior, ademais dalgúns controladores de dispositivos, xogos e versións de demostración dalgúns programas.
Durante a instalación creábase un disquete de rescate, con MS-DOS 7.0 . Esta versión de MS-DOS estaba restrinxida, xa que inhabilitaba certas partes que con anteriores versións estaban dispoñibles a través daBIOS doPC, como o acceso ao porto serie, na que unha chamada é simplemente devolta sen modificación algunha, apuntando a unha instrución RET, mentres que con versións anteriores, aínda apuntaban á rutina existente na propia BIOS.
A inclusión do acceso a ficheiros de 32 bits enWindows 3.11 para traballo en grupos, significou que o modo Real de16 bits deMS-DOS non se seguiría usando para manexar ficheiros mentresWindows estivese en execución, e a introdución do acceso a disco de 32 bits significou que un aBIOS dunPC deixaría de usarse para administrar o disco duro. Isto reduciu o rol deMS-DOS a un simpleBootloader ou cargador de arranque para okernel en modo protexido de Windows. O DOS incluído aínda se podía usar para executar drivers antigos por razóns de compatibilidade, aínda queMicrosoft non recomendaba o seu uso, dado o seu impacto no rendemento e estabilidade do sistema operativo. OPanel de Control deWindows permitiu aos usuarios ver que compoñentes de MS-DOS aínda permanecían no sistema, mellorando o rendemento xeral cando estes non se usaban. Okernel de Windows aínda usaba o antigo modo real de drivers de MS-DOS no chamadoModo a proba de fallos, aínda que este modo especial estaba deseñado para permitir a un usuario arranxar os problemas que se puidesen presentar coa carga dedrivers nativos en modo protexido.
Coa entrada dos 32 bits no acceso a ficheiros, púidose engadir ao sistema o uso denomes de ficheiros longos, que estaba dispoñible tanto para os programas do sistema, como os de DOS arrincados baixo Windows. Na súa primeira versión Windows 95 utilizaba o sistema de arquivosFAT16, o cal era accesible coas versións anteriores de MS-DOS, aínda que os nomes longos non eran visualizados cos sistemas DOS compatibles doutras empresas, que necesitaban unha actualización.
Máis adiante, a partir daOEM Service Release 2 (OSR2), incluír o novo sistema de ficheirosFAT32, con varias novidades destacadas como soporte de máis de 2GB nas particións, e a incompatibilidade con sistemas operativos anteriores de Microsoft.
Os requisitos oficiais que indicaba Microsoft eran os seguintes:
Estes requisitos estaban pensados para abarcar o mercado xa dispoñible deusuarios de Windows 3.x . Con todo esta configuración era totalmente insuficiente para o traballo diario máis aló do uso dunha aplicación por estación de traballo, debido ao constante uso damemoria virtual. Ata nalgunhas ocasións, se se instalaba algún compoñente de rede, o sistema negábase a arrincar con 4 Megabytes de RAM. Finalmente, aínda que Windows 95 podíase arrincar nun 386 SX, o rendemento era bastante baixo. Para alcanzar un rendemento aceptable, Microsoft recomendaba un Intel 80486 ou compatible con (polo menos) 8 Mb de memoria RAM.
Nome | Versión | Data de saída | Internet Explorer | Compatibilidade USB | Compatibilidade FAT32 | Compatibilidade UDMA |
---|
Windows 95 | 4.00.950 | 1995 | Non | Non | Non | Non |
---|
Windows 95 SP1 | 4.00.950A | 1996 | Non | Non | Non | Non |
---|
OSR 1 | 4.00.950A | 1996 | 2.0 | Non | Non | Non |
---|
OSR 2 | 4.00.950B (4.00.1111) | 1996 | 3.0 | Non | Si | Si |
---|
OSR 2.1 | 4.00.950B (4.03.1212) | 1996 | 3.0 | Si | Si | Si |
---|
OSR 2.5 | 4.00.950C (4.03.1214) | 1997 | 4.0 | Si | Si | Si |
---|