Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

William Hogarth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Hogarth

(1745)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1697Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 1764Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Londres, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Nicholas Church, Chiswick(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres
Hogarth's House(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo inglésEditar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura,arte visual egráficosEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoLondres(1712–1764)
ParísEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, corrector de textos, gravador, artista heráldico, teórico da arte, debuxante, gravador, exlibrista, caricaturista, ilustrador, pintor de escenaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura histórica,retrato,Caricatura epintura de xéneroEditar o valor en Wikidata
MovementoPintura do realismo(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ProfesoresJohn VanderbankEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJane HogarthEditar o valor en Wikidata
PaisRichard HogarthEditar o valor en Wikidata  e Anne GibbonsEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 135547BNE: XX1115646Musicbrainz: 42026ddd-d3c1-48cd-a1b6-976fba27d4afDiscogs: 1827721WikiTree: Hogarth-199Find a Grave: 22083Tebeosfera: hogarth_williamEditar o valor en Wikidata

William Hogarth, nado enLondres o10 de novembro de1697 e finado na mesma cidade o26 de outubro de1764, foi unartistabritánico,gravador, ilustrador epintorsatírico. Está considerado pioneiro dashistorietas occidentais. A súa obra varía dende o excelente retratorealista a unha serie de pinturas ao estilo dasbandas deseñadas chamadas «costumes morais modernos». Gran parte da súa obra, que chega ás veces a ser desapiadada, búrlase dos costumes e a política contemporáneos. É o gran mestre da sátira social e política, en contacto directo coa literatura contemporánea deHenry Fielding. Está considerado tamén un dos pais da escola artística británica, tras varios séculos de predominio de artistas estranxeiros no país.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]

Fillo dun mestre pobre de escola e autor de libros de texto, William Hogarth naceu no barriolondiniense de Bartholomew Close. Na súa mocidade foi aprendiz do gravadorEllis Gamble en Leicester Fields, onde aprendeu a gravar. O mozo Hogarth tamén se interesou na vida das rúas e das feiras londinienses, e entretívose esbozando as personaxes que vía. Pola mesma época o seu pai foi encarcerado por débedas na prisión de Fleet durante cinco anos. Hogarth nunca falou deste asunto.

En abril de 1720, Hogarth estableceuse como gravador independente, primeiro gravando traballos menores como escudos de armas e facturas de tendas, así como ilustracións para libros. En 1727 foi contratado por Joshua Morris, un tapiceiro, para deseñar unhaalegoría doElemento Terra. Morris, ao ouvir que Hogarth era «un gravador, non un pintor», rexeitou a obra cando estaba acabada, e Hogarth demandouno perante o tribunal deWestminster onde, o 28 de maio de 1728 o caso se decidiu a favor de Hogarth.

O 23 de marzo de 1729 Hogarth casou con Jane Thornhill, filla do artistasirJames Thornhill.

Primeiros anos como pintor

[editar |editar a fonte]

Tras uns primeiros anos como gravador e deseñador de segundo nivel, Hogarth decidiu dar o salto á categoría de pintor, mais non lle foi doado. Naquela época os grandes encargos artísticos deLondres eran acaparados por artistas estranxeiros, dentro dun estilorococó e ampuloso que Hogarth consideraba artificial. Os reis e a nobreza inglesas subestimaban os artistas nacionais e preferían convocar os máis cotizados do continente, o que explica que dende oséculo XVI, os artistas ingleses fosen eclipsados por autores estranxeiros instalados no país comoHans Holbein o Novo,Rubens,Van Dyck,Orazio Gentileschi,Sebastiano Ricci eCanaletto.

Hogarth criticaba o gusto inglés polamitoloxía e osretratos pomposos, mais a falta de encargos obrigouno a fraquear nas súas conviccións: abordou temas históricos daantigüidade, pero non acadou resultados convincentes.

Éxito con temas satíricos

[editar |editar a fonte]

A súa importancia como artista chegou na década de 19730, cando se volcou en temassatíricos. Lector deJonathan Swift, criticaba ahipocrisía das clases altas. A súa viaxe aParís en 1744 fíxoo coñecer orococófrancés, que influíu nas súasconversation pieces e no tratamento dos vestidos e as teas nos seus cadros.

Hogarth intentou explotar comercialmente as súas mellores creacións, repetíndoas engravado. Non obstante, acadou tanto éxito que foi vítima dapiratería; os seus deseños eran replicados de forma indiscriminada enEuropa, e el apenas se lucrou deles.

En 1745 representouse xunto á súa cadelaTrump nun famosoautorretrato (Tate Britain de Londres) inspirado noutro autorretrato deMurillo (National Gallery de Londres). Hogarth procurou reflectir a súa personalidade: suponse que o can é símbolo da perseveranza, e el viste roupas modestas. Xunto á súa efixie aparecen varios dos seus libros satíricos favoritos. Unhapaleta amosa a inscriciónThe line of Beauty (A análise da beleza), que alude a un tratado deestética que estaba preparando. Publicouno acompañado de gravados en 1753. Nel, defendía a expresividade do trazo curvo fronte ao sobrioneoclasicismo.

O artista está enterrado no cemiterio de San Nicolao, en Chiswick Mall,Chiswick, Londres. O seu amigo o actorDavid Garrick escribiu a inscrición da súa tumba.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  William HogarthModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Peter Quennell,Hogarth's Progress (Londres, Nova York 1955)
  • Frederick Antal,Hogarth and His Place in European Art (Londres 1962)
  • David Bindman,Hogarth (Londres 1981)
  • Ronald Paulson,Hogarth's Graphic Works (Londres, 1989)
  • Ronald Paulson,Hogarth, 3 vols. (New Brunswick 1991-93)
  • Jenny Uglow,Hogarth: A Life and a World (Londres 1997)
  • Frédéric Ogée y Peter Wagner, eds.,William Hogarth: Theater and the Theater of Life (Os Ánxeles, 1997)
  • Hans-Peter Wagner,William Hogarth: Das graphische Werk (Saarbrücken, 1998)
  • David Bindman, Frédéric Ogée y Peter Wagner, eds.Hogarth: Representing Nature's Machines (Manchester, 2001)
  • Christine Riding y Mark Hallet, "Hogarth" (Tate Publishing, Londres, 2006)
  • Carrassat, P. F. R.,Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., Barcelona, 2005.ISBN 84-8332-597-7

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=William_Hogarth&oldid=6244940»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp