Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

William Herschel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Este artigo está a medio traducir: profunda na primeira metade do contido dos artigos doutras Wikipedias e non inclúe nada do resto. Só hai unha mención ao acontecido desde 1790 á morte de Herschel en 1822, sen sequera mencionar as circunstancias en que esta se produciu.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde xullo de 2017)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Modelo:BiografíaWilliam Herschel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de)Friedrich Wilhelm HerschelEditar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1738Editar o valor en Wikidata
Hannover (Sacro Imperio Romano Xermánico)Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1822Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Slough (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda)Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Laurence, Upton-cum-Chalvey(en)Traducir51°30′08″N0°35′18″O / 51.5023043,-0.58843797Editar o valor en Wikidata
Presidente da Royal Astronomical Society
1821 – 1823 –Henry Thomas Colebrooke →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaObservatory House(en)Traducir(1786–)
Old Windsor(pt)Traducir(1785–1786)
Datchet(pt)Traducir(1782–1785)
Bath(1766–1782)
Inglaterra(1757–)Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismoEditar o valor en Wikidata
Director de teseNevil MaskelyneEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía eópticaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo (1774–), músico (1753–1781), oboísta, compositor, físicoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorObservatory House(en)Traducir(1782–1822)
Bath Philharmonia(en)Traducir,director de orquestra(1780–1782)
Octagon Chapel, Bath(en)Traducir,organista(1767–1780)
Leeds,violinista,compositor(1762–1766)
Charles Avison(1761–1762)
Militia and Volunteers of County Durham(en)Traducir(1760–1761)
Hanoverian Foot Guards(en)Traducir,oboísta(1753–1758)Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJohn Herschel eCaroline Lucretia HerschelEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoGuerra dos Sete AnosEditar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano,óboe eviolínEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Baldwin(1788–)Editar o valor en Wikidata
FillosJohn HerschelEditar o valor en Wikidata
PaisIsaac HerschelEditar o valor en Wikidata  e Anna Ilse MoritzenEditar o valor en Wikidata
IrmánsAlexander Herschel
Caroline Lucretia HerschelEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 134458BNE: XX1776375Musicbrainz: 07c4274b-e217-4652-b50f-eb398c3fc9d4Discogs: 2954095IMSLP: Category:Herschel,_WilliamWikiTree: Herschel-9Find a Grave: 7071Editar o valor en Wikidata
Urano

Friedrich Wilhelm Herschel, nado enHannover o15 de novembro de1738 e finado en Slough (Berkshire) o25 de agosto de1822, foi un astrónomoalemán, descubridor do planetaUrano e doutros numerosos obxectos celestes.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Friedrich W. Herschel naceu do matrimonio formado polo músico militar Issak Herschel e Anna Ilse Moritzen. Influído polos seus pais, Friedrich estudou música e converteuse nun competente intérprete deóboe, uníndose ao seu pai e ao seu irmán Jacob na banda do Rexemento de Gardas de Infantaría.

En1757 participou na Batalla de Hastenbeck entreFrancia eHannover durante aguerra dos Sete Anos, e os máis de 5.000 mortos que presenciou causáronlle unha fonda impresión, que o levou a afastarse do seu país natal e asentar co seu irmán enInglaterra. Jacob decidiu regresar aHannover despois de dous anos, pero Friedrich Wilhelm (ao cal os ingleses chamaban agora "William", nome que o acompañaría para sempre) preferiu quedar.

De mozo Herschel profundou enInglaterra os seus estudos musicais: converteuse en profesor primeiro, en organista enHalifax (1765) e ao ano seguinte era xa director de orquestra enBath.

En1772 a súa irmáCaroline foi vivir con el en Bath. Foi entón cando ocorreu o episodio que cambiaría a vida de William: o10 de maio de1773 mercou un libro (Astronomía de Ferguson) e namorouse para sempre da ciencia dos ceos.

Observación e construción

[editar |editar a fonte]

Herschel comezou dende o principio a calcular, deseñar e construír os seus propiostelescopios. Menos dun ano despois de mercar o libro de Ferguson, Herschel calculaba e pulía xa os máis perfectos e poderososespellos de todo o mundo, porque comprendeu enseguida que o futuro dependía dostelescopios reflectores e non dos refractores.

Mentres construía os instrumentos observaba os ceos. En febreiro de1774 observou a nebulosa de Orión, descuberta en1610. O13 de marzo de1781 Herschel observou un obxecto non rexistrado, que a primeira vista parecía un cometa. Estudándoo con coidado conseguiu determinar que en realidade se trataba dun novo planeta.

Urano

[editar |editar a fonte]

Herschel descubrira o obxecto probando o seutelescopio reflector de seis polgadas, que acababa de construír. Apuntárao cara á constelación de Xémini e observara unha estrela que non se supoñía que estivese alí. Á potencia do seu instrumento, parecía posuír un disco planetario (de aí a confusión cuncometa). Brillaba cunha cor amarela e desprazábase lentamente.

Observándoo noite tras noite, Herschel chegou á conclusión de que descubrira o sétimoplaneta doSistema Solar. Pediu a outros astrónomos que confirmasen o seu diagnóstico, e todos estiveron de acordo con el: existía un novoplaneta situado ao dobre da distancia deSaturno.

A cuestión do nome

[editar |editar a fonte]

Poñer nome a un obxecto astronómico é privilexio do seu descubridor e Herschel bautizou oplaneta co curioso nome deGeorgius Sidus ("Planexa Xurxo"), nunha estraña homenaxe ao reiXurxo III do Reino Unido que acababa de perder todas as súas posesións en América do Norte pola independencia estadounidense de1776.

O "Planeta Xurxo" seguiu chamándose así ata ben entrado oséculo XIX, a pesar da oposición do astrónomoJohann Elert Bode, que insistía en que Herschel debía continuar coa tradición mitolóxica. Se os nomes dos planetas contiguos eranMarte,Xúpiter eSaturno, o que acababa de chegar debía bautizarse como Urano. Bode xustificaba o seu punto de vista en que se debía continuar a secuencia xenealóxica: neto, pai e avó. O bisavó (pai de Saturno) era Urano, que axeitadamente personificaba o ceo estrelado.

É curioso que Bode insistise tanto en facer cambiar o nome de Urano por un contemplado nas convencións, xa que el mesmo acostumaba a bautizar os seus descubrimentos con nomes moito máis extravagantes que "Xurxo". Así, chamou a certasconstelacións "O Gato", "O Aparato Químico", "Globo Aerostático" e "Oficina Tipográfica". O caso extremo produciuse ao bautizar como Bode unha constelación co nome de "As Honras de Federico" en honra ao emperador deAlemaña. O astrónomo francés Lalande propuxo, pola súa parte, bautizar o planeta como "Herschel", aínda que a idea que perdurou foi a de Bode.

Aínda que en1827 o nome de Urano xa era moi usual enInglaterra, ata1850 oAlmanaque Náutico británico seguiu chamando ao planeta "Xurxo" na súas efemérides astronómicas. Finalmente o astrónomoJohn Adams (que erroneamente se atribuiría o descubrimento deNeptuno) conseguiu convencer os editores do Almanaque para que o cambiasen polo nome actual.

Observacións anteriores de Neptuno

[editar |editar a fonte]

Como se dá o feito de que, baixo certas condicións,Urano é visible a simple vista, é moi probable que fose divisado xa naPrehistoria ou naAntigüidade, circunstancia que non quedou rexistrada.Galileo observouno en1612 durante unha conxunción conXúpiter, anotándoo como un satélite galileano deste último. Tamén o Astrónomo Real SirJohn Flamsteed catalogou en1690 aNeptuno como unhaestrela naconstelación de Tauro á que chamou 34 Tauri. Algúns anos máis tarde, o francés Le Monier observou aUrano durante oito noites completas, pero nunca acertou a notar o seu movemento planetario. Outros dezaoito astrónomos tamén anotaron o planeta nos seus catálogos, pero sempre confundíndoo cunha estrela fixa. Estas observacións serviron ao longo doséculo XX para determinar mellor a órbita deNeptuno.

Os obxectos de espazo profundo

[editar |editar a fonte]

O rei Xurxo premiou a Herschel polo seu descubrimento deUrano nomeándoo membro da Real Sociedade de Ciencias. Grazas ao salario que este nomeamento lle procuraba, o astrónomo puido abandonar definitivamente a música como medio de vida e dedicarse exclusivamente á astronomía. Efectuaba máis e mellores observacións (sempre asistido pola súa irmá Caroline, á que transmitira o seu interese pola astronomía), e comezou a construír instrumentos cada vez máis potentes e evolucionados.

En1782 xa ostentaba o título de Astrónomo Real da Corte, cando un amigo que coñecera na Real Sociedade,William Watson, lle regalou unCatálogo de Messier, que estimulou o interese de Herschel polasnebulosas e oscúmulos, chamados en conxunto "obxectos de espazo profundo". No mes de agosto de1782, Herschel comezou a investigar os obxectos descritos no libro cos seus telescopios, máis poderosos que os que o propioCharles Messier, autor do catálogo, usou. Para setembro, convencérase de que o libro só contiña unha ínfima parte dos obxectos de espazo profundo existentes na realidade, polo que decidiu dedicarse a unha minuciosa, extensa e sistemática busca en todas as partes do ceo visible dende o seu observatorio.

O proceso comezou o23 de outubro de1783, coa axuda de Caroline e utilizando o seu refractor de 157 aumentos e campo de 15´ e 4" de arco. Cinco días máis tarde fixo o seu primeiro descubrimento:NGC 7184, unha pequena galaxia na [[constelación de Acuario, de magnitude 11,2. No seu propio catálogo chamoulle "H II.1". A este descubrimento seguiron outros, a unha velocidade tal que só pode atribuírse á calidade dos seus instrumentos: nun ano e medio descubriu 1.000 novos obxectos de espazo profundo, que publicou nunha lista no seu propio catálogo de1786. En1789 descubrira xa outros 1.000, e 500 máis en1802. Tempo despois agregou outros 14. Así, nun lapso de menos de dúas décadas, Herschel descubriu 2.514 novos obxectos de espazo profundo, entre os que se contancúmulos globulares,nebulosas egalaxias.

Laureados coaMedalla Copley
1731–1750
1751–1800
1801–1850
1851–1900
1901–1950
1951–2000
2001–presente
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=William_Herschel&oldid=7104054»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp