William Erwin "Will" Eisner, nado enNova York o6 de marzo de1917 e finado enLauderdale Lakes (Florida) o3 de xaneiro de2005, foi un creador de bandas deseñadas estadounidense.
Foi un dos primeiros teóricos dabanda deseñada, experimentando na forma e no contido na serieThe Spirit (1940–1952). Ademais popularizou a expresiónnovela gráfica coa publicación do seu libroContrato con Deus.[1] A súa importancia na historia da banda deseñada foi recoñecida coa creación dosPremios Eisner, entregados anualmente aos mellores autores e obras neste medio.
Outros traballos seus sonLife on another planet, The force of life, New York - The Big City e os ensaiosComics & Sequential Art e Graphic Storytelling - Telling Comics
En inglésWill Eisner Comics Industry Award é o premio da industria do cómic polos logros creativos na banda deseñada dosEstados Unidos. Creado en 1988, Will Eisner foi un habitual das cerimonias de entrega, naConvención Internacional de Cómic deSan Diego (California) até o seu pasamento en 2005.
As categorías dos premios, que algúns equiparan aos Oscar dos cómics[2], inclúen mellor guionista, debuxante, rotulación, capa, colorista etc.
Dous galegos recibiron un Eisner,Miguelanxo Prado ámellorantoloxía, en2004 pola súa participación enThe Sandman: Endless Nights (obra colectiva deNeil Gaiman xunto a Dave McKean,Milo Manara, Bill Sienkiewicz entre outros)[3], e Emma Ríos,en2020 pola capa da súa obraBella Muerte (Bela Morte)[4].
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Will Eisner![]() |
![]() | Este artigo sobrearte é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre. Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |