Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP WFALA

Dámosche a benvida óWikiproxecto Galipedia falada, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.

Obxectivo e xustificación

[editar a fonte]

Poñer a disposición de tódolos usuarios da Galipedia ficheiros deson que conteñan o texto falado dalgúns dos nosos artigos.

O máis conveniente é ir gravando os artigos máis interesantes pero poden gravarse os artigos que queirades.

Creación de gravacións

[editar a fonte]

Suxestións

[editar a fonte]

Ficheiro

[editar a fonte]
  • Ten en conta que na Wikipedia utilízanse unicamente osformatos abertosOgg para recursos multimedia, creados polaFundación Xiph.org, que son semellantes no seu funcionamento ós formatos máis coñecidosMP3 eMPEG. Isto é debido a que outros formatos están protexidos por patentes e dereitos de autor (coma o caso do MP3)e non se permiten.
  • Oformato de ficheiro aconsellado será entónOgg Vorbis-audio, a 48 kbps, 44,1 kHzmono.

Programa

[editar a fonte]
  • Se non sabes que programa de edición de son usar ou non tes un, instala «Audacity»(descargar). Con el podes gravar e editar son facilmente. Ésoftware libre e gratuíto.
  • Trata de que a gravación non teña ruídos, e que o volume estea normalizado. Na documentación do software tes información de como facelo.

Onde gardar o ficheiro .ogg

[editar a fonte]
  • Debes gardar o ficheiro.ogg enWikimedia Commons. Para unha breve explicación do que necesitas saber para contribuír en Commons, consultaCommons:Primeiros pasos.
  • ONome de ficheiro que se lle debe dar é:Gl-NOME_ARTIGO-article.ogg. Por exemplo, si se grava o artigo sobreCristovo Colón, debería ter o nomeGl-Cristóbal_Colón-article.ogg e así os usuarios de Commons saben que está en galego (Gl-...) e que se trata da gravación dun artigo (...-article).
  • É conveniente poñer no artigo de Commons un vínculo ó artigo gravado da Galipedia, ademais dunha breve descrición do seu contido, a ser posible tanto en galego coma en inglés. Así resultará máis útil a todos os usuarios de Commons.
  • Categoriza o artigo en Commons usando o código[[Category:Spoken Wikipedia - Galician]]. (Cada son que subas a Commons ten o tratamento dun ficheiro)

Durante a gravación

[editar a fonte]
  • Sempre é recomendable ler o artigo e mesmo ensaiar a lectura en voz alta antes, por se atopas algún erro (e así tamén o corrixes), por ter reflexionado como ler as táboas ou as listas ou por se atopas texto noutros idiomas e queres comprobar a súa pronuncia.
  • Ó ler,trata os enlaces coma texto.
  • Fala de maneira natural pero pausada, vocalizando e modulando a voz (que non sexa monótono).
  • Fala por riba do micrófono ou á súa parte lateral, para que non se escoiten os golpes de aire sobre o micro.
Comezo e final obrigatorios
[editar a fonte]
  • Comeza a gravación dicindo«<Nome do artigo>, na Galipedia, a enciclopedia libre,http://gl.wikipedia.org/» (Lembra que "g" pronúnciase "gue").
  • Termina con:«Esta gravación e todo o texto están dispoñibles baixo os termos da licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 e a licenza de documentación libre de GNU ou GFDL.»
  • Non graves un artigo usando un sintetizador de voz.
Categorización
[editar a fonte]

Ó insertarse en Commons, a categoría correspondente está encommons:category:Spoken Galician Wikipedia.

Modelo

[editar a fonte]

Despois da gravación, debes inserir o modelo{{Son}} no corpo do artigo.

Se a duración do son é menor de aproximadamente uns 15 minutos, deixa un só ficheiro de son. A sintaxe do código inserido no artigo será a que se mostra no exemplo:

{{Son| nomeficheiro= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título= Título para mostrar no artigo.|        descrición= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.}}

Se o son é maior de 15 minutos podes dividilo en varios ficheiros (ata un máximo de 10). A sintaxe será a do exemplo:

{{Son| nomeficheiro= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título= Título para mostrar no artigo.|        descrición= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.|       nomeficheiro2= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título2= Título para mostrar no artigo.|        descrición2= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.|       nomeficheiro3= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título3= Título para mostrar no artigo.|        descrición3= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.}}

Gravacións

[editar a fonte]

De menor a maior calidade:Pode mellorarse en xeralCalidade de son mellorableNome incorrectoIcona non asignada 1Icona non asignada 2Boa calidade de sonCompleto

Situacións especiais:Bit rate non axeitadoBit rate non comprobado

TítuloEscoitarDuraciónTamañoUsuarioAcentoData e revisión
(formato aaaa-mm-dd)
Estado
Galicia - Parte 116:4610,85 MBLaVozDeTuRelatoNeutro10-03-2012
Completo
Completo
Galicia - Parte 218:3012,53 MBLaVozDeTuRelatoNeutro10-03-2012
Completo
Completo
Galicia - Parte 318:5713,01 MBLaVozDeTuRelatoNeutro10-03-2012
Completo
Completo
Galicia - Parte 417:2912,28 MBLaVozDeTuRelatoNeutro10-03-2012
Completo
Completo
Valentín Paz-Andrade - Parte 119:4113,83 MBLaVozDeTuRelatoNeutro21-04-2012
Completo
Completo
Valentín Paz-Andrade - Parte 212:068,5 MBLaVozDeTuRelatoNeutro21-04-2012
Completo
Completo
Historia dos eslavos do sur (introdución)4:412,59 MBEduardo PVoz automática02-03-2013
Só introdución
Só introdución
Andrés Parada Alvite5:393,19 MBPerisicgalBarbanza13-06-2025
Completo
Completo

Véxase tamén

[editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Galipedia falada


Arquitectura
Biografías
Ciencias Naturais
Ciencias Sociais
Deportes
Filoloxía
Galipedia
Historia
Música
Relixión
Sociedade
Xeografía
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Wikiproxecto_Galipedia_falada&oldid=7096233»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp