 | Esta páxina conténpolíticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use apáxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.Esta política aprobouse nestavotación que tivo lugar desde o 30/04/2010 ata o 30/05/2010. |
- Para as votacións actualmente en curso, véxaseCategoría:Wikipedia:Votacións en curso.
NaWikipedia, asvotacións son enquisas que teñen como fin último acadar oconsenso entre os membros da comunidade en relación a un determinado asunto ou aspecto relacionado co wiki. Trátase, entón, da maneira de tomar decisións en conxunto de xeito que haxa unha aceptación do resultado por todas as partes.
Non obstante, as votacións non sempre son necesarias. Asconversas dos artigos,a Taberna ou oTaboleiro dos administradores poden servir como lugar de debate sen ter que pasar a unha estrita votación.
Cadro coa síntese dos prazos e máis o número de votos |
- Artigos de calidade: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
- Artigos bos: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
- Destacados na Portada: 2/3 dos votos; 15 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
- Votacións para borrar: 2/3 ou máis dos votos; 10 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
- Aprobación de bots: 3/4 dos votos; 7 días mínimos de votación; 3 votos mínimos a favor.
- Dereitos de administrador:
- Eleccións: 3/4 dos votos; 15 días de votación.
- Revogacións: maioría simple; 15 días de votación.
- Políticas: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
|
Existen diversos tipos de votacións, de natureza diferente:
A participación nas votacións, ao contrario que nas simples conversas de debate, está restrinxida a certos usuarios con experiencia e que xa están recoñecidos pola comunidade. Polo tanto, o primeiro requisito é ser unusuario rexistrado nesta Wikipedia. Pero non abonda con iso só, antes débese obter o estado deautoconfirmación, que dá o software automaticamente a aqueles editores despois duns días do rexistro da conta. Aínda con estes permisos, o usuario debe:
- Ter feito unmínimo de 150 contribucións válidas nos artigos.[a]
- Ter unhaantigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.[b]
Con estas limitacións conséguese que os wikipedistas que deciden o resultado da votación cos votos exercidos teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade.
Todos estes requisitos pódense consultar introducindo o nome de usuario nestecontador de edicións.
Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpranos mesmos requisitos que para votar.
As votacións débense crear como subpáxinas desta,Wikipedia:Votacións. O título usado ten que describir con precisión o obxecto da votación. Na parte superior da páxina débese incluír o marcador{{Wikipedia/Votación}}, no que se facilitará o resumo e máis as datas de inicio e de fin da votación. Con este formato:
{{Wikipedia/Votación|resumo=Título breve que describa a votación.|data de inicio|data de fin}}
O prazo de duración dunha votación virá determinado polotipo ao que esta pertenza. Deste xeito, a duración é variable, e pode ir desde os 7 días ata os 30. Aqueles usuarios que decidan participar na votación, deberán exercer o seu dereito a voto dentro dese período de tempo. As datas de inicio e fin sempre entran dentro do prazo, polo tanto, o peche da votación deberá realizarse, como moi axiña, ao día seguinte ao marcado como de remate da votación. Calquera voto emitido despois da data de fin da votación será invalidado decontadoriscándoo mediante as etiquetas<s> e máis</s>. Este procedemento de riscado levarase a cabo tamén cos votos daquelas persoas que non cumpran os requisitos expresados na sección "Quen pode votar?".
Cabe diferenciar entre aquelas votacións con prazo fixo, nas que nunca se poden exceder as datas de inicio e fin, e aqueloutras con duración mínima, isto é, que se poderán pechar en calquera momento a partir de que transcorra ese período de tempo mínimo. Unha vez pechada unha votación, calquera cambio feito nela será revertido de non haber ningún motivo para facelo.
Unha vez comezada a votación, aqueles que o vexan oportuno poderán expresar a súa opinión concordante, discordante ou neutra a través dos modelos{{Concordo}} (
Concordo),{{Discordo}} (
Discordo) ou{{Neutro}} (
Neutro). Cómpre lembrar que, aínda que non sexa obrigatorio, sempre é bo argumentar os votos, tanto a favor como en contra, para fundamentar a postura. Por outra banda, cabe aclarar que os votos neutros, malia non contabilizaren para o resultado da votación, si que se teñen en conta ao realizar o cómputo global de votos, xa que non son o mesmo ca unha abstención. Calquera usuario pode cambiar o sentido do seu voto en calquera momento, sempre dentro do prazo da votación, normalmente motivado por unha argumentación que o fai trocar de parecer; por outra banda, se o usuario non tivese de todo claro se quere cambiar ou non o seu voto, existe tamén a posibilidade de pedir un tempo de reflexión para decidilo. Entón, o usuario debe empregar o modelo{{Agardar}} (
Agardar) e en ambos os casos riscar o seu voto actual.
Para as votacións sobre o borrado dun artigo ou imaxe, adóitanse empregar os modelos{{Borrar}} (
Borrar),{{Manter}} (
Manter) e{{Neutro}} (
Neutro), así como{{Agardar}} (
Agardar).
Os modelos{{Comentario}} (
Comentario),{{Pregunta}} (
Pregunta:) e{{Info}} (
Información:) ao comezo dunha liña serven para indicar que o que lle segue é un comentario, unha pregunta ou unha achega de información, respectivamente. Non é necesario participar na votación nin cumprir os requisitos mínimos para expresar unha opinión con estes últimos modelos. Tanto os votos como os comentarios ou opinións deberán ir sempreasinados co nome de usuario e máis a data e a hora.
Ao remate do prazo estipulado, cómpre levar a cabo o escrutinio. A votación resólvese sobre dous parámetros:
- O número mínimo de votos favorables.
- A fracción mínima de votos a favor da proposta sobre o total de positivos e negativos. Estes valores porcentuais dependen do tipo de votación.
Deste modo, aquelas propostas que non cumpran as condicións son declinadas. Por exemplo, a resolución dun 50% entre votos a favor e en contra ou catro a favor e tan só un en contra faise co rexeitamento da proposta sometida a votación.
Despois dos cálculos de votos, convén discernir o resultado final da votación. Para mostralo claramente, cambiarase o marcador que había ao inicio por estoutro:{{Wikipedia/Votación pechada}}. Do xeito seguinte:
{{Wikipedia/Votación pechada|resumo=Título breve que describa a votación.|inicio=data de inicio|fin=data de fin|si=xxx|non=yyy|neutro=zzz|conclusión=aprobado/rexeitado/outro}}
- xxx,yyy ezzz débense substituír polos valores dos votos a favor, en contra e neutros, respectivamente.
O usuario que creou a votación será o encargado de facer este labor, ou, no seu defecto, calquera outro usuario. Tamén deberá inscribir o resumo, coa ligazón, na páxinaWikipedia:Resultados de votacións.
Cada votación debe constar nun rexistro propio para garantir que os usuarios coñezan a súa existencia e que o seu resultado sexa realmente unha decisión popular. Así mesmo, as votacións rexeitadas nunha primeira volta, non poderán someterse a unha segunda valoración ata transcorridos 3 meses da finalización da votación anterior.
Destacados na Portada, artigo destacado, sobre Galicia e imaxe da semana
[editar a fonte]- Duración mínima: 15 días de votación.
- Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 66,6% (2/3) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
- Duración fixa: 30 días de votación.
- Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
- Duración fixa: 30 días de votación.
- Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
- Duración mínima: 10 días de votación.
- Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 66,6% (2/3) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
- Duración mínima: 7 días de votación.
- Votos: un mínimo de 3 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
- Duración fixa: 15 días de votación.
- Votos:
- A elección dun novo administrador farase co 75% (3/4) dos votos a favor.
- A revogación de administradores será válida cunha maioría simple.
- Duración fixa: 30 días de votación.
- Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.