| Votacións |
|---|
| Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade(propor ·votar) |
| Políticas e normas |
| Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar(votar) |
| Permisos de usuarios |
| Atallo: WP:SG |
|---|
Oartigo destacado sobre Galicia é unha sección daPortada e doPortal:Galicia onde se mostra o comezo dun dos máis completos artigos daGalipedia relacionado conGalicia.
Para propor artigos destacados sobre Galicia para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vaia ápáxina de propostas.
Durante o actual mes de febreiro, o artigo destacado sobre Galicia é:
Sobre Galicia |
O demo na cultura popular galega: EnGalicia, o demo recibe numerosas denominacións populares:abelurio, cachán, cachano, cachizo,demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como odiaño burleiro),démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo etrasno. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, comoDonai (que pode proceder deAdonai, un dos nomes que recibeDeus naBiblia,Leonardo,Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ouXuncras (posible contaminación conXudas). Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca:o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, Papá Xarriña. Resulta común referirse a el comoArrenegado sexa! E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, comoBelcebú,Luzbel eLucifer (que resplandece),Satán ouSatanás. O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, óinferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque, lémbrese, "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza davaixela. Nestes casos, pode suceder que quen os sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando. Finalmente, outro momento no que xente maior adoita amentalo pode ser ó observarnovas tecnoloxías ("Sonche cousas do demo"). |
Sobre Galicia |
Xesús Rodríguez López, nado enLugo o28 de xullo de1859 e finado o24 de marzo de1917, foi un médico e escritor engalego ecastelán. Escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita —novela,teatro epoesía—, acometeu tamén oensaio, foi un dos corenta membros numerarios fundadores daReal Academia Galega. De entre as súas obras destacan:A cruz de salgueiro (Lugo, 1899) novela;O Chufón (Lugo, 1915) comedia en dous actos eLigeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (Lugo, 1895), esta última corrixida e aumentada nunha segunda edición de títuloSupersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (Madrid, 1910), moi reeditada posteriormente. |
Sobre Galicia |
Coñécense como oshomiños de Boimorto os doce veciños deBoimorto, once deles asasinados o20 de agosto de1936 por partidasfalanxistas tralogolpe de Estado do 18 de xullo de 1936,paseados nos Batáns,Ortoño (Ames) e na Agra da Vila,O Amenal (O Pino), soterrados na foxa común do cemiterio de Ortoño (Ames) e nas foxas comúns do Amenal (O Pino) respectivamente. Conseguiu salvarse só un deles,José Cabanas Vázquez, a quen deron por morto, e regresou á súa casa, onde permaneceu agochado durante quince anos ata o día do seu falecemento. |
A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados sobre Galicia do ano pasado, este ano e o vindeiro:
A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas de sobre Galicia:
<div>[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]</div>'''[[NOME_DUN_ARTIGO_RELACIONADO_CON_GALICIA]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO<noinclude>[[Categoría:Sobre Galicia de {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>