Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wikipedia:Preguntas máis frecuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Wikipedia!
Contidos de axuda:GUÍA ·Editor visual ·Referencia rápida ·Preguntas máis frecuentes ·Glosario ·Pide axuda!!
Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
Preguntas máis frecuentes |Xeral |Lectores |Administración
Atallos:
WP:FAQ
WP:PMF

Esta é unha lista daspreguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxena sección "axuda" da Taberna.

Como edito unha páxina?

[editar a fonte]
Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breveresumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.

Como creo unha páxina nova?

[editar a fonte]
Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxinaWikipedia:Como rexistrarse.
Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas enWikipedia:Como crear unha páxina.

Por que borrastes o meu artigo?

[editar a fonte]
O mellor xeito de atopar o motivo é mirando orexistro de borrados (escribe o nomeexacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).

Como troco o nome dun artigo?

[editar a fonte]
Paratrasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es unusuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear estáprotexida, solicítao enWikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?

[editar a fonte]
Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude enEspecial:GlobalRenameRequest. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador{{Lixo}} nela.

Cando se publicou a Wikipedia por vez última?

[editar a fonte]
AWikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.

Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?

[editar a fonte]
Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxinaWikipedia:Como comezar a colaborar.

A quen pertence a Wikipedia?

[editar a fonte]
VéxaseWikipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.

Por que hai problemas co acceso ao sistema?

[editar a fonte]
VéxaseWikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.

Hai dispoñibles contadores de estatísticas?

[editar a fonte]
Existe unsitio, non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñiblesaquí.
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Preguntas_máis_frecuentes&oldid=6610461»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp