 | Esta páxina conténpolíticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use apáxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
- Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxaseAxuda:Introdución ás políticas.
Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie depolíticas enormas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.
Con base na experiencia propia e na doutros proxectos daFundación Wikimedia, osusuarios daGalipedia foron adoptando porconsenso e/ouvotación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "
") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
AWikipedia está operada pola organización sen ánimo de lucroFundación Wikimedia que se reserva certos dereitos legais (véxaseaquí para unha lista das súas políticas). Porén, a Wikipedia é un proxecto autónomo dirixido pola súa comunidade. As políticas e convencións reflexan oconsenso da comunidade, recollendo enWikipedia:Cinco piares os principios máis importantes.
Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios encinco piares
fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:
Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
A convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente asnormas de conduta
e ascousas que non se deben facer
. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Aprobadas
- Propostas