|
| Introdución | Aprende máis sobre a edición | Explora a Wikipedia | Guía |
Ollas a lapela "editar" que aparece no canto superior da páxina? Na Wikipedia, podescontribuír e arranxar erros na meirande parte dos artigos!
Que é a Wikipedia?
A Wikipedia é unhaenciclopedia libre, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Trátase dunha páxina web especial deseñada para facer doada a colaboración; noutras palabras, trátase dunwiki. Moitas persoas están mellorando a Wikipedia constantemente, facendo ducias de cambios cada hora. Todos estes cambios almacénanse noshistoriais dos artigos e mais noscambios recentes. Para ver unha descrición máis detallada do proxecto, olla a páxinaacerca da Wikipedia.
Como podo contribuír?
Non lle teñas medo a editar;calquera pode editar case calquera páxina e animámoste a quesexas valente! Atopa algo que se poida mellorar e faino, por exemplo, a ortografía, a gramática, a redacción ou as edicións pouco construtivas. Se queres engadir novos feitos, dáreferencias para que o que escribes poida serverificado ou suxire algo napáxina de conversa do artigo. Calquera cambio feito no artigo dun tema controvertido e nas principais páxinas da Wikipedia debe ser debatido antes.
Lembra: non podes estragar a Wikipedia, aínda que queiras; todas as edicións pódense reverter, arranxar ou mellorar. Así que adiante, edita un artigo e axuda a que a Wikipedia sexa a mellor fonte de información de Internet!
Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Iso é o que estamos a facer.
Jimbo Wales, cofundador da Wikipedia
Doazóns: a Wikipedia é de uso libre, pero depende das doazóns da xente para a súa mantenza. Tes a posibilidade de doar, se o cres oportuno, usando a ligazónDoazóns que hai na barra lateral esquerda. Deste xeito axudarás a levar os gastos de funcionamento e a garantir expansión dos proxectos.
Por que non probas a editar agora mesmo?