Benvido á guía de edición da Wikipedia!
AWikipedia é unha enciclopedia escrita por colaboradores na queti podes contribuír. Estas direccións axudaranche a te converteres nunwikipedista.
As seguintes páxinas daranche consellos sobre o estilo e contido dos artigos da Wikipedia, e achegaranche a comunidade e as políticas e convencións máis importantes da Wikipedia.
Isto é unhaguía básica, non un manual amplo. Se queres obter máis detalles, hai diversas ligazóns cara a outras páxinas con máis información. Para botarlles unha ollada á vez que continúas esta orientación, podes abrilas noutra ventá ou separador do navegador.
Existen ligazóns á páxina da "zona de probas" onde podes practicar o que esteas a aprender. Intenta facer cousas novas e argalla alí todo o que queiras! Ninguén se vai amolar porque experimentes nesta área de prácticas.
Nota: A guía asume que estás a usar a aparencia da páxina por defecto. Se accediches ao sistema e cambiaches as túas preferencias, a posición dalgunhas ligazóns pode diferir.