 | Esta páxina conténpolíticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use apáxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.Esta política aprobouse nestavotación que tivo lugar desde o 11/12/2015 ata o 10/1/2016. |
 | Esta páxina en resumo: Procura evitar escribir ou editar artigos sobre ti mesmo, agás que sexa para corrixir erros claros ou feitos verificables. |
Para previr disputas prolongadas sobre o significado, precisión dos feitos ou aneutralidade do material en temas en que vostede está persoalmente vinculado, é unha boa idea esperar, antes de crealos ou modificalos, ata que outros usuarios daWikipedia teñan traballado nel. Isto é especialmente certo para asautobiografías.
Se creas un novo artigo sobre ti mesmo, é probable que sexa colocado nalista de páxinas para borrar, podendo dar lugar a un forte debate. Isto non significa que vaia ser borrado sen unha revisión econsenso previo, pero é común a consideración de que non debería comezala un mesmo, non importa o importante que se considere a si mesmo. Isto débese a que a creación independente fomenta a validación tamén independente, tanto en significado como en veracidade.
Se eres obxectivamente importante ou significativo, alguén creará un artigo sobre ti antes ou despois. É recomendable incluso evitar a modificación do artigo, baixo os mesmos principios. De facelo, considérase aceptable só cando a nova información sexaverificable e se teña especial coidado con respectar opunto de vista neutral. Adoita ser máis recomendable indicar calquera obxección ou corrección que se consideren necesarias na páxina de conversa do artigo.
Principios semellantes aplícanse a artigos sobre traballos dos que poidas ser responsable, da empresa que dirixes, un sitio web que empezaras, ou un libro que teñas escrito. Usa o sentido común e evita osconflitos de intereses.
Lembra tamén que calquera cousa que publiques na Wikipediapode ser editada por outros editores. Moitos artigos autobiográficos levan a conflitos debido ao punto de vista particular do autor orixinal logo dun período de edición realizado pola comunidade, con casos nos que ata foi solicitada a eliminación polos autores orixinais.
Hai varios problemas fundamentais coas autobiografías:
Se a Wikipedia ten un artigo sobre ti, a intención é que conteña información correcta, xusta, balanceada eneutral,citando semprefontes fiables. Se consideras que existen fontes fiables que poden axudar a neutralizar e balancear o artigo, podes axudar a conseguilo indicando estas fontes ao resto de editores.
Podes facer suxestións para mellorar o artigo na súapáxina de conversa. Se o problema é claro e non presenta posibilidade de controversia, podes corrixilo por ti mesmo. Se a edición pode ser mal interpretada, deberías explicala na páxina de conversa. As edicións no teu propio artigo serán aceptadas con toda probabilidade mentres sexan neutrais ecitesfontes fiables alleas a ti mesmo.
Se consideras que non se está a prestar atención aos problemas presentes no artigo que trata sobre ti, podes informar disto naTaberna ou noTaboleiro dos administradores.