Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wikipedia:Acerca de

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina serve como introdución ao proxecto Wikipedia para os visitantes. Existe tamén un artigo enciclopédico sobre o tema:Wikipedia. Se o que queres é unha introdución á edición na Wikipedia, vaiá introdución.
A Galipedia nestes intres
A Galipedia execútase na versión 1.46.0-wmf.2 (f63b8eb) deMediaWiki.
Ten 227.734 artigos e 559.199 páxinas en total.
Fixéronse 7.231.530 edicións.
Hai 34 ficheiros cargados.
Existen 160.657 usuarios rexistrados,
incluíndo 6administradores.
Esta información era correcta o 20 de novembro de 2025 ás 07:10 (UTC).
Actualizar
Atallo:
WP:AD

AWikipedia é un proxecto deenciclopediamultilingüe e decontido libre baseado nun modeloeditable abertamente. O nome "Wikipedia" vén das palabraswiki (unha tecnoloxía para crearpáxinas web colaborativas, procedente do termohawaianowiki, que significa "rápido") eenciclopedia. Os artigos da Wikipedia proporcionan ligazóns que guían o usuario cara a páxinas relacionadas con información adicional.

A Wikipedia está escrita de xeito colaborativo pormoitos voluntarios anónimos que o fan de balde. Calquera con acceso a Internet pode escribir e facer cambios nos artigos da Wikipedia (agás encertos casos onde a edición está restrinxida para previr vandalismos). Os usuarios poden contribuír anonimamente, baixo pseudónimo, ou coa súa identidade real, se así o queren.

Os principios fundamentais baixo os que opera a Wikipedia son oscinco piares. A comunidade da Wikipedia desenvolveu moitaspolíticas e normas para mellorar a enciclopedia; porén, non é un requisito formal estar familiarizado con todas elas antes de contribuír.

Desde a súa creación en 2001, aWikipedia medrou rapidamente e converteuse na meirande páxina web de referencia, atraendo a preto de78 millóns de visitantes ao mes en xaneiro de 2010. Existen máis de91.000 colaboradores activos traballando en máis de16.000.000 artigos en máis de270 linguas. A día de hoxe, hai 227.734 artigos engalego. Cada día, centos de visitantes de todo o mundo editan e crean numerosos artigos para aumentar o coñecemento presente nesta enciclopedia.(Véxase tamén:Wikipedia:Estatísticas.)

Xente de todas as idades e culturas podenengadir oueditar o texto, as referencias e as imaxes dos artigos. O que quedará depende de se é axeitado segundo as políticas da Wikipedia, incluído o feito de que debe serverificable mediantefontes fiables, deixando a un lado asopinións e crenzas do editor e asinvestigacións non publicadas, e libre derestricións por dereitos de autor e materiais controvertidos sobrepersoas vivas. As contribucións non poden danar a Wikipedia porque o software permite reverter facilmente os erros e moitos usuarios experimentados vixían para axudar e asegurarse de que as edicións melloran o texto anterior. Para comezar só hai que premer naligazón "editar" presente en cada páxina editable!

A Wikipedia difire enormemente das referencias en papel de varias maneiras. Ao contrario que as enciclopedias impresas, a Wikipedia créase e actualízase continuamente. Os artigos máis vellos tenden a medrar para ser máis exhaustivos e equilibrados; os novos, poden conter información incorrecta, contidos enciclopédicos ouvandalismo. Cómpre ter isto presente para obter información válida e evitar a información errónea.

O que a Wikipedia non é circunscribe o alcance da Wikipedia. Hai máis consellos naspreguntas máis frecuentes e nasadvertencias. Para facer as preguntas está a páxinaWikipedia:A Taberna (axuda); para obter axuda coa edición ou calquera outro problema, véxaseWikipedia:Axuda.

Acerca da Wikipedia

[editar a fonte]

Historia da Wikipedia

[editar a fonte]
O sitio web wikipedia.org, a páxina de inicio da Wikipedia para todas as linguas.

AWikipedia fundouse como sucesora deNupedia, un proxecto agora abandonado para producir unha enciclopedia libre. Nupedia tiña un sistema elaborado de revisión que necesitaba colaboradores altamente cualificados, de modo que a escritura de artigos era lenta. No ano 2000,Jimmy Wales, fundador de Nupedia, eLarry Sanger, empregado de Wales para traballar no proxecto, debateron sobre xeitos de facer de Nupedia un proxecto máis aberto e complementario. Varias fontes suxeriron a idea de que unwiki permitiría a todos colaborar con material de seu, e o primeiro wiki de Nupedia apareceu o 10 de xaneiro de 2001.

Produciuse unha considerable resistencia por parte dos editores e revisores de Nupedia con respecto á idea de converter Nupedia nun wiki, de modo que o novo proxecto obtivo o nome de "Wikipedia" e tivo o seu propio dominio, wikipedia.com, o 15 de xaneiro (no que algúns usuarios chaman o "Día da Wikipedia"). Oancho de banda e mais osservidores en San Diego foron doados por Wales. O dominio cambiou ao actual wikipedia.org cando se creou aFundación Wikimedia, a organización sen fins lucrativos que xestiona a Wikipedia. O uso dun dominio ".org" denota a súa natureza non comercial.

En maio de 2001, saíu á luz unha manchea de wikipedias en linguas diferentes do inglés, enalemán,castelán,catalán,chinés,esperanto,francés,hebreo,italiano,neerlandés,portugués,ruso,sueco exaponés. Axiña se uniron oárabe e ohúngaro[1]. En setembro[2], engadiuse opolaco, e fíxose un maior compromiso coa prestación multilingüe da Wikipedia. Ao final do ano, anunciáronse as versións enafrikaans,noruegués eserbocroata.

Historia da Galipedia

[editar a fonte]

A Wikipedia engalego apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo,ILVI. Axiña comezou a traballar na que sería aprimeira versión da Portada. E non sería ata catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos:grupo. Logo seguiría con outras entradas comoou,cal,ciencias experimentais,ciencias humanas,ciencias ocultas,ciencias aplicadas ebotánico.

Meses despois rexistrouseAntonio Gregorio Montes (Agremon) e converteuse no primeiroadministrador galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termoGalipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.

O 4 de marzo de 2013, dez anos despois da súa creación, superou os 100.000 artigos. Foi a Wikipedia número 43 en facelo.

Marcas e dereitos de autor

[editar a fonte]

Todo o contido daWikipedia está cuberto polalicenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 e mais alicenza de documentación libre de GNU. Os creadores fican sen a propiedade das súas contribucións, e a licenzacopyleft asegura que as contribucións sempre estarán dispoñíbeis para a distribución e reprodución libre.

Outras linguas

[editar a fonte]

Esta Wikipedia está escrita engalego. Comezada en 2003, actualmente contén227.734 artigos. A Wikipedia tamén existe, entre outras, nas seguintes linguas:

Podes atopar a Wikipedia en moitas outras linguas.
Podes atopar a Wikipedia en moitas outras linguas.
Wikipedia noutras linguas

Wikipedias con máis de 1 000 000 artigos:Inglés ·Sueco ·Alemán ·Neerlandés ·Francés ·Waray-Waray ·Cebuano ·Ruso ·Italiano ·Castelán ·Vietnamita ·Polaco

Wikipedias con máis de 50 000 artigos:Tai ·Xeorxiano ·Occitano ·Bielorruso ·Macedonio ·Checheno ·Nepal Bhasa ·tártaro ·Piemontés ·Tamil ·Tagalo ·Galés ·Telugu ·Letón ·Bielorruso (Tarashkevitsa) ·Creole ·Urdú ·Bosníaco ·Albanés ·Bretón

Proxectos irmáns

[editar a fonte]
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Cómpre ter en conta que aínda que moitos outros sitios usan softwareMediaWiki e polo tanto teñen unha aparencia semellante á Wikipedia, poden ter un nome que inclúa "wiki-" ou "-pedia" ou un nome de dominio similar, os únicos proxectos que forman parte da Fundación Wikimedia son os listados enriba e mais a Wikipedia, mesmo se eses proxectos declaran ser parte dela.

Notas

[editar a fonte]
  1. "Wikipedia announcements — May 2001". , wikipedia.org
  2. "Wikipedia announcements — September 2001". , wikipedia.org
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Acerca_de&oldid=7212297»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp