Boas, a ver se alguén pode botar un ollo enOrange S.A.. Foi traducida dunha páxina que se chamaba Orange, pero deixei esa para desambiguación e agora non sei conectar a páxina da telefonía ás Wikipedias de outras linguas.
Último comentario:hai 5 anos1 comentario1 persoa na conversa
Recibo a mensaxe: formato non correcto para as referencias. Cambieino varia veces pero o erro continúa. ¿Alguén me pode axudar?—o anterior comentariosen asinar foi feito porGETEVO (conversa •contribucións) 13 de xaneiro de 2021 ás 17:11
@GETEVO: no artigoSecundino Iglesias Ortigueira as referencias non son válidas. "Galiciana" en xeral non é unha referencia; tería que indicarse a publicación, a data, o título do artigo, etc. Algo similar pasa coa busca "Siorty" no arquivo da BNE, pois dá resultados moi diversos e mesmo erróneos: habería que indicar concretamente artigos, publicacións e datas. As referencias válidas serían as 3, 5 e 6, pois fan referencia a publicacións concretas de días concretos. Doutra banda, a imaxeFile:Siorty.png debe ser borrada porque non ten unha licenza axeitada. A fotografía ten copyright, e deben pasar 80 anos da morte da persoa que sacou a foto para que pase ao dominio público. Quen tomou a foto, e cando? Agardo que comprendas cales son os problemas, para poder solucionalos entre todos e todas :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí13 de xaneiro de 2021 ás 17:22 (UTC)Responder
Boas CoroRP, creei a entrada de Wikidata engadindo os datos básicos que se atopan no corpo do artigo. De seguro que hai máis cousas que se poden ir poñendo en Wikidata. Saúdos e grazas polas túas achegas. --Breogan2008 (conversa)19 de xaneiro de 2021 ás 09:08 (UTC)Responder
Boas!Escribin na entrada desta persoa Daniel Álvarez Lamas, necesito axuda para mellorar o estilo do formato wiki, como dixen son nova nisto e gustaríame ter axuda para facelo correctamente. Estiven mellorando cousas, como añadir categorías, mellorar o estilo, aprendendo dos foros pero creo que queda bastante por facer.¿Poderíasme axudar e ver como facelo ben?Daniel Álvarez Lamas que viña do enlaceWikipedia:Entradas_de_Gallegos._Quién_es_quien_en_la_Galicia_del_siglo_XXI—o anterior comentariosen asinar foi feito porBethlem2809 (conversa •contribucións)
Ola,@MAGHOI:. En Wikidata, indo ad:Q105478897, seleccionando nas lapelas superiores, podes facer dúas cousas "Solicitar o borrado" ou "Fusionar con". Neste caso dálle a "Solicitar o borrado" e listo, mais coido que o ten que facer alguén cos botóns de administrador/a en Wikidata, e creo que das colaboradoras habituais da Galipedia non os ten ninguén. Se é que detectas duplicados, podes facer a fusión ti mesmo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí13 de febreiro de 2021 ás 18:49 (UTC)Responder
@MAGHOI: as lapelas que che indicaEstevo(aei) hai que configuralas nas preferencias de Wikidata. Acabo de marcalo para borrado. Non ten problema ningún, este tipo de elementos totalmente orfos acaban sendo limpados por un bot. Outra cousa máis interesante é o que che comentaba Estevo, cando hai duplicados, polo que é interesante que nas preferencias de wikidata actives a opción "Merge" de cara ao futuro. Está en trebellos>Wikidata-centric-- a primeira opción. O botón de solicitude de borrado está no mesmo sitio, no posto 11, chámase "RequestDeletion". Tes instrucións de como proceder no caso das fusiónsacó. Saúdos.--Maria zaos (conversa)13 de febreiro de 2021 ás 18:59 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano18 comentarios3 persoas na conversa
Hai categorías de modelos e hai modelos de categoría. Pero na páxinaCategoría:Modelos están todas un pouco revoltas, hai artigos que falan de modelos (de moda) e similares e outras que son modelos de uso na Wikipedia. Conseguín remediar o asunto en parte, pero algunha queda que se me resiste.Xoacas(ti si que es lindo, ho)2 de marzo de 2021 ás 18:34 (UTC).Responder
Ola@Xoacas:. Efectivamente, temos unha categoría para páxinas doespazo de nomes principal, artigos de persoas que traballan de modelos (Categoría:Modelos), e outra onde deben estar as páxinas do espazo de nomes Modelo, de traballo interno da Wiki na que están os modelos (templates na en.wiki,plantillas nas es.wiki), que son páxinas creadas para ser incluídas noutras páxinas. Esta última chámaseCategoría:Wikipedia:Modelos. Algunhas páxinas que deberían estar na segunda categoría estaban indebidamente na primeira. Xa está amañado (hai que agardar a que refresque acaché). Porén, lembra, aos modelos non se lle pon categoría na propia páxina senón na páxina de documentación que é unha subpáxina que ten o formatoModelo:oquesexa/uso. Por exemplo, para poñerlle categoría a{{Ficha de partícula}} hai que facelo enModelo:Ficha de partícula/uso.
podíades crear unha categoríaCategoría:Wikipedia:Modelos de fórmulas de matemáticas?. Acho que sería bon ter un sitio onde ver as que existen, para non duplicar e para collelas como modelo cando se queira criar unha nova.
Onde se meten os parámetros do módelo. Criei 2 páxinas de uso de Mvar e de Tmath, nunha usei templatedata e na outra non usei nada, mais as dúas están a funcionar e non sei cal é o correcto. Tratei de ver como se fai en "ficha de partícula" e só atopei unha descrición en uso que parece descrición e non definición. Non dou atopado onde ten a definición
As que son de tipo principal do modelo(tipohttps://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Math ) A. nalgunhas delas non me aparece a ligazón a súa categoría, digo na mesma páxina que provén do uso, na categoría xe sei que debo esperar á caché, mais digo na propia páxina ao final de todo. B. Só na páxina do modelo Math os datos de uso que aparecen son unha versión vella e non aparece a nova que está moito máis explicada, o resto de modelo si que me está incluíndo o /uso perfeitamente.
En Uso fago "purgar" e nada. Na páxina deMarcadores_de_formato_matemático fato as dúas formas na páxina inglesa que me enviaches para purgar: 1. dar a publicar sen tocar nada. 2. chamar á páxina con "?action=purgar". E nada.
Se tens outra ideia, avisa. E se non, a ver se polo menos podes purgala ti para ver se a podo ver eu.
Boas @HombreDHojalata, vin que estiveches tentando organizar os modelos de matematicas, teño varias cuestións e necesito unha categoría nova dentro da categoría de matemeticas:
0. Necesito unha categoría nova dentro da categoría de matemeticas "Teoría da orde". Se sigo a facer páxinas vou necesitar máis categorías e subcategorías de matemáticas. Podo facelas eu? a quen llelas teño que pedir?
Non me convence que moveses o modelo:Abs a modelo:Absolute value. Sempre se usan abreviaturas: mod en vez de módulo, int en vez de integral, sqrt en vez de square root. Á parte de ser máis cómodo o nome abreviado.
No modelo Mathworld/Uso escribino mal co W en pequeno e xa o amañaches e puxeches unha redirección cara o correcto. Porqué non marcar o incorrecto para eliminar?
O modelo:Imaxe o mudaches a modelo:Image frame. Cal é o motivo? se sei o motivo fareino ben a próxima vez e non darei traballo.
Último comentario:hai 4 anos1 comentario1 persoa na conversa
Boas. Estou editando e aportando información nun artigo da Galipedia.O asunto é que dito artigo correspóndese á miña persoa como escritor, e ten o nome do mesmo (o meu) cambiado. Se ben é certo que hai unha chea de anos, era o nome que usaba, a día de hoxe todos os meus libros están asinados co meu verdadeiro nome. Como non estou rexistrado na Galipedia é algo que non podo mudar. Alguén me pode axudar? Grazas.—o anterior comentariosen asinar foi feito por85.61.15.31 (conversa •contribucións)-
Creo que isto o solucionou xaHombreDHojalata no propio día. De non ser así, en primeiro lugar mil desculpas polo retraso. Como é posible que a ip a que podería dirixirme mudou, deixo aquí a mensaxe. Premendoaquí podes escribirme un correo electrónico e revisamos a entrada da que falabas na túa mensaxe. Un saúdo.--Maria zaos (conversa)16 de abril de 2021 ás 23:41 (UTC)Responder
Bo día, estaba vendo como crear a redirección de física a físico, física e procurei a que fixera de matemática a matemático, matemática (que fixera como matemática (oficio)) e non a atopei. Cal é a forma correcta de redireccionar?Lles (conversa)12 de maio de 2021 ás 12:00 (UTC)Responder
Sinceramente eu creo que neste caso o ideal para a navegación é o caso que indicaba Lles, esteFísico (homónimos) ademais de distinguir entre área de coñecemento e ocupación (eu persoalmente non creo que sexa moi preciso o de oficio, pero é o de menos agora) tamén permite incluír os adxectivos que non teñen que ver con persoas e a ligazón ao galidicionario. Sen a opción de homónimos non sei ata que punto estamos a seguir o propósitos de facilitar a navegación e evitar as duplicacións que teñen por finalidade as redireccións. Un saúdoMaria zaos (conversa)12 de maio de 2021 ás 20:20 (UTC)Responder
Último comentario:hai 4 anos1 comentario1 persoa na conversa
ola, bo día a todos!!Veredes, estiven ollando os modelos que temos para o uso en políticos e atopeime que temos dous,Modelo:Político eModelo:Infpolitico, e hai unha petición de fusión dos artigos. Gustariame saber se alguen me puidera axudar neste traballo, acabo de comezar fai 2 días e estaseme a complicar algo. Tamén gustariame ampliar a información que se pode incluír nestes modelos. Agradezo a vosa axuda de antemán. Saudos. --Metiawr85 (conversa)30 de xuño de 2021 ás 09:15 (UTC)Responder
Último comentario:hai 4 anos2 comentarios2 persoas na conversa
Boas, estando coa biografía deAspasia, ao vir que era logógrafa, cambiei "logógrofo" a "logógrofo, logógrofa", mais despois vin quen en galego non están recollidas as logógrofas. Non logro reverter o cambio.Lles (conversa)1 de xullo de 2021 ás 11:50 (UTC)Responder
Último comentario:hai 4 anos2 comentarios2 persoas na conversa
Sigo a traducir este artigo da Wikipedia en inglés:Peter Demens. Usei a (nova para min) ferramenta de tradución da Galipedia e nas notas fixo unha pequena desfeita que non sei como arranxar. A ver se me podedes botar unha manAquí a tradución na miña páxina de usuario. Grazas. --Ifrit.eu (conversa)28 de xullo de 2021 ás 08:40 (UTC)Responder
Feito! Por favor,Lles, como xa che indiquei na túa páxina de conversa para o artigo deCasandra, utiliza o modelo{{traducido de}. Por outra banda, é importante que revises as referencias cando traias texto doutras wikipedias para traducir. É tan só entrar nos urls, comprobar se funcionan, se son o que deberían ser (ou sexa, se apoian o texto que acompañan) e encher os campos do modelo da cita que poidan faltar. Facendo isto a posibilidade de que xurdan problemas como os que che pasaron é moito menor. Na política deverificabilidade da Wikipedia en galego explicítase que
A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre o editor que engade ou recupera o material
Último comentario:hai 4 anos5 comentarios2 persoas na conversa
Gustaríame que alguén fixese o favor de revisar un modelo recentemente creado. O modelo funciona ben excepto nun detalle. Trátase doModelo:Infobox chromosome, traducido deTemplate:Infobox chromosome da wikipedia inglesa. O que non funciona é a ligazón que ponLista de xenes do parámetroUniProt desta caixa. Envía a "page not found", cando o modelo da wikipedia inglesa envía a unha páxina txt que mostra os datos. Os dous modelos son idénticos (a non ser que modificase eu algo sen decatarme), polo que non sei por que ocorre esta diferenza. O modelo useino polo momento nas páxinascromosoma 1,cromosoma 2 ecromosoma 3, onde se pode ver o problema que sinalo. Grazas. --Miguelferig (conversa)22 de setembro de 2021 ás 12:07 (UTC)Responder
Último comentario:hai 4 anos3 comentarios2 persoas na conversa
Se alguén me fai o favor de cambiarlle o nome á páxinaperifito polo deperífiton, que actualmente é unha redirección, agradeceríallo. Creo que é un nome mellor e máis referenciado (ver a páxina de conversa de perifito).--Miguelferig (conversa)7 de xaneiro de 2022 ás 19:57 (UTC)Responder
Creo que xa o conseguín aranxar, pero só aparentemente. Era cuestión de puntos e comas para as cifras da táboa, que xa sabemos que en inglés os puntos son as comas (dos decimais) e as comas os puntos (dos miles). O que fixen foi poñer puntos en vez de comas en todas os parámetros que me daban erro. Nos demais que non daba erro parece que aceptaba as comas sen problemas. Agora xa non aparecen as mensaxes de erro, pero algunhas cifras quedan con comas e outras con puntos, o que non é correcto. A lectura das cifras agora é ambigua e non se sabe se son miles ou se son decimais.--Miguelferig (conversa)15 de xaneiro de 2022 ás 19:36 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos1 comentario1 persoa na conversa
Remata de facerse público que, de novo, o Ministerio toma como única denominación Ría de Ribadeo, descartando ría del Eo. Solicito axuda porque dende hai tempo houbo que vandalizou páxinas relacionadas sen ser restituídas, e segue a chamarse só polo nome de ría del Eo non só en Asturaino, senón tamén, por exemplo, en Cataán, tendo aberta unha categoría en Commons, unha entidade en Wikidata, etc. Comecei a facer hoxe algunha modificación, pero vexo que é mellor que as faigades quen saiba facelo mellor ca min (a máis de que poidan necesitarse privilexios nalgún dos casos). O documento liberado polo ministerio está en varios lugares; colgueino en pdf en Commons aquí:https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Resoluci%C3%B3n_del_Ministerio_de_Transportes_-_24_de_Mayo_de_2022.pdf . Saúdos e grazas! --Agremon(contacto)27 de maio de 2022 ás 20:15 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos3 comentarios2 persoas na conversa
No novo artigo que traducín hai pouco (Rick Riordan) hai varios erros. Non obstante, o que máis me inqueda é o feito de que non o traducín así: non lle puxerara ningunha imaxe e hai cousas que se traduciron aparentemente soas. Ademais, algún títulos non están eninglés, aínda que non estean traducidos ógalego. Alguén pódeme dicir que pasou aí? Grazas.Gaescribe (conversa)29 de xuño de 2022 ás 11:40 (UTC)Responder
Ola,@Gaescribe:. A foto vén tomada de Wikidata a través doModelo:Biografía; os títulos e o formato están con problemas porque o tradutor que empregaches non está desenvolvido ao cento por cento, e cómpre revisar a tradución de forma manual. Ademais, o tradutor non sabe o que ten que traducir e o que non (non sabe se o texto é o título dun libro). Anímote a mellorar o artigo dándolle o formato axeitado e facendo as correccións pertinentes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí29 de xuño de 2022 ás 12:08 (UTC)Responder
Moitas grazas, tentarei melloralo. Era simplemente que me parecera que ao publicar a tradución o artigo cambiara un pouco, xa que non recordo deixar os nomes dos libros en galego.Gaescribe (conversa)29 de xuño de 2022 ás 12:14 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos4 comentarios2 persoas na conversa
Traducín o artigo The Titan´s Curse e acto seguido publícase a traduciónsen revisar, a que fai o traductor automático. Xustificablemente, ponse a plantilla "Autotrad", que di "Tradución con problemas". Gustaríame saber porque pasoume iso.Gaescribe (conversa)29 de xuño de 2022 ás 19:28 (UTC)Responder
Fixen unha revisión (a miña contribución persoal). Revísaa a ver se che parece ben. Pero tes que engadir referencias. Eu engadín unha a modo de exemplo. Podes atopar máis na wikipedia inglesa. De todos modos, eu non son un administrador da wikipedia nin nada parecido ; só son un usuario que quería botarche unha man se non che parece mal. Adeus.--Miguelferig (conversa)29 de xuño de 2022 ás 21:57 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos1 comentario1 persoa na conversa
Ola tiña unha pregunta sobre traducir nomes propios. Eu según o que teño entendido que é máis correcto é deixar os nomes (pese a que estean en castelá) coma están; ou sexa, por exemplo se alguén se chama "Jose María" non podés traducir "Jose" a "Xose".
Tamén coas preposicións; se unha parroquia chámase "Nuestra Señora de los Remedios" non podemos por "Nuestra señora dos Remedios", verdade? Pregunto porque teño esa duda e creo haber visto a xente haber traducido os nomes. Mantéñome á espera. Un saúdo.Tisment (conversa)1 de novembro de 2022 ás 00:02 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos2 comentarios2 persoas na conversa
Por cuestions que sería longo explicar agora, fai tempo que me metín na lea de facer un programa que fose quen de extraer o texto limpo dos artigos da Galipedia, conseguino (mais ou menos) e aquí está o resultado: <https://github.com/llorenzo62/Galipedia-extractor>. Como efecto secundario, o programa pode proporcionar moita información da propia Galipedia, por exemplo, do "dump" do 20221120 obteño:
O "dump" contén 386308 páxinas
Consigo extraer 150261 artigos (páxinas con contido de texto significativo)
* Respecto dos bots (supoñendo que se o nome contén "bot" é un bot)
Total number of bots: 20
Total articles: 64574, 42.975%
User name nº articles %articles
InternetArchiveBot 26643 17.731
BanjoBot 2.0 11982 7.974
Breobot 9267 6.167
Corribot 8926 5.94
Zaosbot 5428 3.612
Chairebot 1221 0.813
Aosbot 819 0.545
Addbot 131 0.087
BotDHojalata 70 0.047
EmausBot 32 0.021
Escarbot 11 0.007
Xqbot 11 0.007
KLBot2 10 0.007
Texvc2LaTeXBot 9 0.006
BanjoBot 7 0.005
MGA73bot 2 0.001
Prebot 2 0.001
TohaomgBot 1 0.001
Hector Bottai 1 0.001
Jembot 1 0.001
*Respecto dos contribuíntes humanos:
Total number of human contributors: 1185
Users which accounts for 75.0 % of human articles
User name nº articles %articles
Breogan2008 23128 15.392
HombreDHojalata 6854 4.561
Chairego apc 6073 4.042
Estevoaei 6034 4.016
Xanetas 2843 1.892
Xas 2626 1.748
Alfonso Márquez 1962 1.306
MAGHOI 1851 1.232
Miguelferig 1728 1.15
RubenWGA 1640 1.091
Beninho 1497 0.996
Vitoriaogando 1323 0.88
Moedagalega 1148 0.764
Elisardojm 1086 0.723
Jglamela 1040 0.692
Xosema 982 0.654
HacheDous=0 960 0.639
Maria zaos 917 0.61
* Respecto das categorías:
Total number of categories used: 69849
Category nº articles %articles
Personalidades de Galicia sen imaxes 5065 3.371
Filmes en lingua inglesa 3203 2.132
Filmes dos Estados Unidos de América 2730 1.817
Topónimos galegos con etimoloxía 1594 1.061
Escritores de Galicia en lingua galega 1427 0.95
Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela 1371 0.912
Nados en ano descoñecido 1366 0.909
Personalidades sen imaxes 1085 0.722
Escritores de Galicia en lingua castelá 1074 0.715
Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos 994 0.662
Xogadores de baloncesto da NBA 970 0.646
Nados na Coruña 968 0.644
Alcaldes de Galicia durante a democracia 855 0.569
Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América 814 0.542
Nados en Vigo 811 0.54
Nados en Madrid 799 0.532
* Respecto dos artigos mais e menos valiosos (segundo un criterio longo de explicar nestas breves liñas, pero que se aclara na ligazón de mais arriba):
- Menor valor:
Portal:Aviación/Efemérides destacadas/1 de agosto
Portal:Música rock/Efemérides destacadas/31 de marzo
82
1085
Portal:Música rock/Efemérides destacadas/10 de decembro
-Maior valor:
Xoana de Arco
Historia de Serbia
Holocausto
Ciencia
Historia dos eslavos do sur
E así, unha análise moi superficial. Teño que recoñecer que carezo de suficiente coñecemento específico sobre a Wikipedia para facer unha análise realmente interesante.
E con esto chegamos a desvelar a verdadeira natureza de este mensaxe: Un pedido de axuda para facer o tal análise que teña algún interese.
Vin que ao creares a túa conta de usuario non activaches a posibilidade de poñerse en contacto contigo a través de correo electrónico. Se o prefires, para desenvolver este tema podes escribirme a adrian.estevez.iglesias@gmail.com Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí14 de decembro de 2022 ás 11:52 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos1 comentario1 persoa na conversa
Na páxina nomeada Xosé Luís Rei Muñiz, o segundo apelido está errado; o correcto é Núñez. No contido da páxina xa o teño correxido (e xustificada a corrección) mais non son quen de correxilo no nome da páxina ¿alguén tería a amabilidade de facelo? Moitas grazas.Otnop Leunam (conversa)22 de decembro de 2022 ás 09:58 (UTC)Responder
Último comentario:hai 3 anos2 comentarios1 persoa na conversa
Boas, pasoume algo ben curioso. Fixen unha tradución dunha páxina en portugués da directora Manuela Serra, mais cando fun rexistrar a tradución, non aparece a páxina orixinal en portugués.Por outra banda, aparece ligada a unha páxina en español doutra Manuela Serra, neurocientífica e, ao poñerlle biografía, tamén aparecen os datos de Manuela Serra, neurocientífica. Alguén sabe como resolver isto? Saúdos,Lles (conversa)7 de xaneiro de 2023 ás 22:29 (UTC)Responder
Último comentario:hai 2 anos6 comentarios2 persoas na conversa
Boas, pregunto esto aquí por que alí é posible que non me sepan responder. Estiven mirando e non existe unha categoría similar ao que en Galicia coñecemos como: "campo da festa". Gustaríame creala porque existen bastantes fotos relacionadas co tema, pero claro alí o 99% das categorías están en inglés e buscar un termo neste idioma no me convence, "party field" ? (Sóname raro...) Alguén ten unha suxerencia mellor? Créoa en galego? Gracias.Jorjum (conversa)31 de maio de 2023 ás 20:46 (UTC)Responder
Boas de novo. Descubrín que tampouco existe unha categoría en Commons para asbateas. Xa existen as categorías Batea (unha población) e Bateas (unhas pezas de madeira) polo que debería utilizar un añadido entre paréntesis. Ocórresenme varias:
Último comentario:hai 2 anos1 comentario1 persoa na conversa
Ola.
Acabo de crear unha conta para inserir a biografía completa de D. Manuel Cordo Boullosa, un insigne empresario de orixe galega, e non me deixa gardar os cambios por ser un novo usuario e facer demasiadas alteracións no artigo orixinal que era moi breve ¿Podedes axudarme?
Último comentario:hai 2 anos5 comentarios2 persoas na conversa
Probablemente @HombreDHojalata e @MAGHOI lembraran que falei hai unhas semanas sobre cal debería ser o xentilicio que tíñamos que usar para referirnos aos residentes de Astaná. O caso é que, os da RAG confirmáronme que na lingua orixinal a pronuncia de Astaná é aguda e o xentilicio recomendado era astanense.
O problema é que está información achegáronme nun email; e como referencio eu iso? Non o teño claro e por iso pido axuda (porque tampoco achegaron ningunha fonte pública; só dixeron que o Seminario de Onomástica recomendaba "astanense").
Ola. @Tisment. Tal como o vexo eu, seguimos nas mesmas; con máis certeza, pero igual. Por iso, porque non vexo como se referencia. Supoño que haberá que esperar a que se publique. Porr certo, como fixeches para que te contestasen? Eu, téñolles preguntado un par de consultas e non houbo resposta ningunha. SaúdosMAGHOI (conversa)21 de outubro de 2023 ás 20:09 (UTC)Responder
En relación a isto agora que o leo detidamente, achegaron unha páxina web na que a pronuncia orixinal de "Astana" era aguda, malia seguían escribindo "Astana" e, según a normativa de toponimia, escríbese coma en é en galego, non segundo a pronuncia orixinal así que...
Busquei no dicionario a ver se puxeron o xentilicio e tampouco, malia agora co penso vou buscar no seu dicionario de xentilicios.
Ola,HombreDHojalata. Atopei unha norma da Real Academia Española de la Lengua que di que hai queusar espazo (ver[2]), pero iso é referido ao castelán. Tamén se usa espazo na tipografía francesa. Non sei se en galego será diferente, ao mellor saben Atobar ou Estevoaei. En inglés non hai consenso ao respecto (ver[3]), pero no libro de estilo da wikipedia en inglés recoméndase usalo sen espazo e na maioría das guías de estilo tamén. Porén, oSistema Internacional de Unidades, de uso en ciencias, di que "un espazo separa o número do símbolo %" (ver[4]). Os estándares do ISO 31-0 e DIN 5008 tamén especifican un espazo. Eu persoalmente uso o espazo en todos os textos de carácter científico porque está así establecido polas autoridades do Sistema Internacional de Unidades, as cales tamén establecen unha separación entre un número e a súa unidade, é dicir, 3 metros é 3 m e non 3m. Seguirei buscando, porque tamén me interesa moito a min.--Miguelferig (conversa)26 de outubro de 2023 ás 22:28 (UTC)Responder
Ola,HombreDHojalata. Desculpa, non vira a túa mensaxe até agora. Respondeu, ben respondido, Miguelferig. Só podo engadir que no Libro de estilo da Editorial Hugin e Munin (e creo que tamén no doutras editoriais galegas, pero tería que comprobalo, falo de memoria) si lle aplicamos o espazo intermedio á maneira do que marca a RAE para o castelán. No entanto, se non me engano, no seu momento non atoparamos nada a nivel RAG no que apoialo. Sexa como for, hei de miralo ben nos próximos días. Logo, un pouco para ilustrar a situación xeral, vexo na información derivada deSobre a calidade da lingua (UdC, 2012) que nos exemplos dados alternan o símbolo da porcentaxecon (p. 33) esen (pp. 69, 91) o espazo previo. Heino mirar, como digo, en manuais e libros en papel, pero neste momento non os teño comigo, que estou fóra. Saúde! --Atobar(conversa comigo)29 de outubro de 2023 ás 19:17 (UTC)Responder
Ola,HombreDHojalata e demais usuarios. Coméntame o sempre informadoManuel Arca Castro que na guíaNa universidade, en galego sen dúbida si suxiren o uso dese espazo: "as porcentaxes separadas do símbolo cun espazo". Tamén me remite aoManual de estilo do DOG, onde se di: "As medidas de temperaturas, distancias, porcentaxes etc. seguidas dun símbolo ou calquera cantidade seguida dunha abreviatura van separadas por un espazo fixo do símbolo da unidade de medida que se utilice. Os graos dun ángulo e de alcohol non van separados por espazo, pero si os graos centígrados". Con isto, coido que queda suficientemente aclarado, mesmo non sei se non conviría incorporalo, talvez co enunciado reformulado moi levemente, ao Libro de estilo desta Wikipedia. Iso xa queda da man de quen queira traballo. Saúde! --Atobar(conversa comigo)7 de novembro de 2023 ás 09:30 (UTC)Responder
Último comentario:hai 2 anos10 comentarios3 persoas na conversa
Observei que as categorías baleiras relativas á Universidade de Santander en España probablemente se refiran á Universidade de Cantabria fundada como Universidade de Santander en 1972, veraquí. Debo marcalas conModelo:Redirección de categoría ou Modelo: Lixo?
Ademais, hai algún lugar para pedir para mover as categorías a un nome mellor? Por exemplo, o Eton College é unha escola, non unha universidade, así que suxiro mudarse
GrazasHombreDHojalata, teño unha suxestión máis. OTrinity College Dublin é o único colexio da Universidade de Dublín, polo que os profesores e antigos alumnos son clasificados polo colexio e non pola universidade. Creei categorías similares para University College Dublin e movín algúns artigos mal categorizados. Suxiro mudarse
Último comentario:hai 2 anos12 comentarios3 persoas na conversa
Fago unha pregunta para ver se alguén sabe por que sae en moitas referencias un aviso de pmid incorrecto ou pmc incorrecto a pesar de que o pmid ou pmc aparece na referencia e a súa ligazón leva perfectamente á referencia correcta. Por exemplo, esta é unha referencia da páxinaAsgard (arqueas), na cal se premedes no número do PMID veredes que funciona correctamente e é o PMID indicado no artigo de referencia, pero sae o aviso de "pmid incorrecto":[1]Miguelferig (conversa)24 de novembro de 2023 ás 19:24 (UTC)Responder
Ola, @Miguelferig. Pois é moi raro, porque efectivamente non o admite nin tampouco cando se enchen tódolos campos de publicación periódica individualmente. Porén, como me picaba a curiosiade, a única solución que atopei foi a de copiar a "Cite" que aparece na parte da dereita do artigo en PUBMED. Facendo iso, polo que sexa, non dá erro. Pódelo comprobar na referencia número 40 , que veño de modificar. Saúdos.MAGHOI (conversa)25 de novembro de 2023 ás 11:45 (UTC)Responder
Si, así funciona (na referencia 40), grazas, pero o problema é que así o PMID non é unha ligazón en azul na que poidas clicar. Unha solución que atopei foi utilizar nesa referencia que descargaches omodelo PMID e de paso fixen unha modificación na páxina dese modelo. Seguirei investigando na páxina do modelo, xa que creo que o problema pode vir del.--Miguelferig (conversa)25 de novembro de 2023 ás 17:03 (UTC)Responder
Boas, hai que subir o limite, que estaba en 320 000 00, e calquera dos exemplos o supera. Fíxeno no módulo de probas e alí temos unha ampliación de límite feita por Banjo en 2020 para ambos; o que pasa é que non me atrevo moito a cambialo no módulo principal.Maria zaos (conversa)26 de novembro de 2023 ás 23:45 (UTC)Responder
Grazas a ti por avisar. Como había tempo que non revisaba identificadores pois non o sabía. Os límites creo que están xustiños, se volve pasar será que os sobrepasamos. Cos diffs que deixei máis arriba xa podes amañalo ti mesmo, que es probablemente o mais afectado polo tipo de entradas tan completas nas que traballas. O pmid é sempre de 8 dixitos, iso si, hai que lembralo.Maria zaos (conversa)27 de novembro de 2023 ás 17:03 (UTC)Responder
Pois,Maria zaos, había exemplos en centos de páxinas, practicamente en todas porque sae continuamente nas referencias inglesas, o que pasa é que non aparecen porque sempre borrei ese parámetro, xa que non sabía que facer con el. Un dos que hai na páxina que estou facendo agora daxelsolina plasmática é a que che poño aquí co número 2:[2]
↑Nobs, Stephanie-Jane; MacLeod, Fraser I.; Wong, Hon Lun; Burns, Brendan P. (maio de 2022). "Eukarya the chimera: eukaryotes, a secondary innovation of the two domains of life?".Trends in Microbiology30 (5): 421–431.PMID34863611.doi:10.1016/j.tim.2021.11.003.
↑Erukhimov, Jeffrey A.; Tang, Zi-Lue; Johnson, Bruce A.; Donahoe, Michael P.; Razzack, Jamal A.; Gibson, Kevin F.; Lee, William M.; Wasserloos, Karla J.; Watkins, Simon A.; Pitt, Bruce R. (xullo de 2000). "Actin-Containing Sera From Patients With Adult Respiratory Distress Syndrome Are Toxic to Sheep Pulmonary Endothelial Cells".American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine162 (1): 288–294.ISSN1073-449X.PMID10903256.doi:10.1164/ajrccm.162.1.9806088.Parámetro descoñecido|s2cid= ignorado (Axuda)
Grazas polo aviso, pero despois dunha tradución es->en e doutra tradución en->gl e tantas outras edicións polo camiño en tantos anos... xa non se pode dicir que sexa calco do orixinal. Por min pode quedar. --.HombreDHojalata.conversa7 de xaneiro de 2024 ás 21:46 (UTC)Responder
É posible que se crease hai varios anos, pero houbo unhas 20 edicións nese período de tempo. Parece que as edicións só se refiren ao formato, á eliminación de imaxes eliminadas e a algúns pequenos cambios na redacción. Liches a páxina web en cuestión?GreenLipstickLesbian (conversa)7 de xaneiro de 2024 ás 22:58 (UTC)Responder
Eu persoalmente estaría a favor da opción máis curta, ademáis penso que se pode interpretar mal, (mirar na rag as definicións depersonalidade) dando a sensación que so fai referencia aos grandes personaxes da "disciplina" e non quizais a todos aqueles que realizan tal disciplina. Noutras wikis está coa versión máis curta, máis fácil de atopar á hora de categorizar os artigos, que cada vez habería que poñer "personalidades" e despois buscar o termo chave.
Isto da a certos erros como por exemploCategoría:Personalidades da heráldica e dentroCategoría:Heraldistas, que, ata onde chegan os meus coñecemento viría ser a mesma cousa. En todo caso, como comentei arriba, sería Heraldistas a común, e Personalidades da heráldica a máis específica.
Penso que estaría ben ter unha norma para isto, e unificar pouco a pouco a nomenclatura. Como é un cambio considerable quería consultar antes de poñerme a facer.
É que habería que poñer "piratas e piratos", "heraldistas e heraldistos" para que os homes non nos sintamos discriminados e sexa unha linguaxe máis inclusiva. (Estouno dicindo de broma! :), pero esa foi a orixe do problema).--Miguelferig (conversa)22 de febreiro de 2024 ás 15:49 (UTC)Responder
Na miña opinión, e poñendo o debate de xénero a parte, penso que a principal preocupación debería ser o carácter funcional das categorías, poñer algo diante da palabra que estas buscando fai que máis xente non atope a categoría que busca. A función das categorías é a de categorizar, e facilitar o uso e aumentar a sinxeleza das mesmas vexoo importante. Quizais no título dos artigos é onde se debería facer máis fincapé nestes temas e non nas categorías onde, penso, debería primar a funcionalidade.
Sen entrar máis en debate, que xa vexo que se falou dabondo, este sería o modelo acordado actualmente?
Outra cousa que quería comentar é sobre aCategoría:Personalidades que como xa indiquei arriba "personalidades" non significa o mesmo que "persoas" (Categoría:Persoas) se vemos a categoría noutras linguas en inglésen:Category:People en españoles:Categoría:Personas o concepto claramente é o de "persoas" facendo referencia a calquera persoa non só as grandes "personalidades". Este erro tamén fai que dentro da Categoría:Personalidades estean subcategorías que comezan por "Persoas...". Tamén na wiki en español hai certas categorías que comenzan por "Personalidades..." que están dentro da categoría dees:Categoría:Celebridades.
O principal conflito é que non é moi intuitivo ao facer un artigo dun, por exemplo, pirata non moi coñecido, ter que categorizalo comaCategoría:Personalidades da pirataría, cando este, en concreto, non inventou a roda da pirataría :) Isto é aplicable a calquera outra profesión.
@Miguelferig ok graciñas, o que estou facendo eu logo. O único, que estou a ampliar os modelos para que vaian coincidindo cos de inglés para facilitar as traducións.
De feito en certas páxinas, sobretodo vellas, teño visto que non usan math, /math con latex e usan html superincómodo. Moi, moi poucas por sorte.
Último comentario:hai 1 ano2 comentarios2 persoas na conversa
Bos días, estaba vendo os cambios recentes e vexo que están facendo moitas edición de páxinas de actores, poñendo o modelo actor baleiro (é dicir, sen campos engadidos, o modelo collería a información de Wikidata), pero estou vendo que o modelo biografía collería adicional de wikidata os campos de irmáns e premios, polo que vin. Por iso quería saber por que empregar o modelo actor e non o de biografía. Agradecería si puidéranme aclarar as miñas dúbidas. GrazasOnda de lume (Conversa)29 de febreiro de 2024 ás 13:55 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano2 comentarios2 persoas na conversa
Olá! Eu preciso encontrar as certidões de nascimento de Florinda Martinez (+- 1880 e Cesario Rodrigues (+- 1865) que nasceram em Villanueva de la Cañada para efeito de cidadania, agradeço qualquer ajuda que obtiver. Gratidão. --Marlylilly (conversa)11 de marzo de 2024 ás 18:00 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano5 comentarios3 persoas na conversa
Boas, fixen o modelo Modelo:SpringerEOM copiado do inglés. Ten un "#invoke:Template wrapper" e aí non sei como seguir. Pode indicarme alguén como facer?
{{#invoke:Template wrapper|wrap}} e resulta que ese está feito en galego tamén Módulo:Template wrapper, pero por algún motivo non me funciona a chamada e iso que o uso é simplemente #invoke:Template wrapper. E en uso non indica nada diferente a ese invoke.
Agora a cuestión é que hai moitas páxinas que teñen escritoinxectivo,inxectivos eFunción inxectiva. Como podo localizar esas ligazóns dentro da categoría de matemáticas para ligar coninxectiva? Algún bot dará un listado? algún trebello?
Necesito o contrario a iso. Necesito as páxinas que queren apuntar a "inxectiva" pero están escritas lixeiramente diferente como "inxectivo" e non apuntan á que está feita.
En resumo: necesito un listado de páxinas que están apuntando a "inxectivo" dentro das categorías e subcategorías de matemáticas.
Ok @HombreDHojalata. Non quería crear tantas páxinas de redirección porque a páxina destino é "Bixección, inxección e sobrexección" e aí teñen que ir: inxectivo, inxectiva e función inxectiva. E a maiores outras tantas para bixectiva e outras tantas para sobrexectiva.
Pero ben, agora vexo que teño outra solución, porque non me daba conta que podía ver as páxinas que ligan con unha aínda non existente, tal e como indicas.
Último comentario:hai 1 ano5 comentarios3 persoas na conversa
Ola boa tarde!Se eu creo un artigo novo aqui na Galipedia, e despois quero tamén crealo na Wikipedia en Castelan ¿Teño que abrir outra conta de Wikipedia, ou pódese facer dende aquí?Grazas --Manu G. Sanz (conversa)7 de xuño de 2024 ás 16:10 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano2 comentarios2 persoas na conversa
Ola! Estou tentando comezar un novo artigo dende cero. Despois de elixir o tema sobre o que vou escribir o artigo (neste caso a música) Wikipedia suxire varias edicións. Son como modelos ou plantillas que eu podo modificar? É dicir, unha vez que escollo un, podo cambiar todo nese artigo e así publicar o meu?. Prefiro preguntar aquí antes de editar un artigo existente innecesariamente. Grazas!! --Manu G. Sanz (conversa)8 de xuño de 2024 ás 10:13 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano3 comentarios2 persoas na conversa
Boas, estou a meter os datos de lingua galega para a páxinaPreimaxe correspondente coa inglesaen:preimage. Isto ten de particular que a redirección é a unha sección doutra páxina. Non me está a deixar dar de alta a lingua galega, dime que xa existe debido aImaxe (matemáticas). O control de autoridades son diferentes Q5637899 e Q860623 e aínda así dime que xa existe.
Feito! Cando queiras engadir a ligazón dunha redirección en Wikidata tes que escoller (na icona da dereita) a opción de "ligazón intencionada a redirección". Se non o fas interpreta que engades unha ligazón con páxina de seu e polo tanto tira da páxina principal (neste caso "Imaxe (matemáticas)".Chairego apc (conversa)28 de agosto de 2024 ás 14:41 (UTC)Responder
Último comentario:hai 1 ano3 comentarios2 persoas na conversa
Boas, interésame unha nova categoría "publicacións en liña de matemáticas".
Tal e como vexo as categorías actualmente organizadas está moi disperso: libros por un lado, revistas, xornais, ... e a maiores non vexo categorías "en liña". A min interésame todo o máis xuntiño posíbel e de feito con maior prevalencia en liña pois hoxe en día son o 90%, e só distinción libro (libro ou enciclopedia) ou publicación periódica (revista, xornal, blogue, sitio web),
Iso para min sería o ideal: publicación en liña|libro|matemáticas e publicación en liña|publicación periódica|matemáticas.
Pódese facer iso? faino alguén? fago eu? outra ideia?
Ola, estou vendo o que fan noutras linguas e non atopo ningunha que faga esa distinción de "publicacións en liña" dentro de "publicacións de matemáticas". Aínda así, eu creo que non haxa problema ningún se queda ben organizado. Por min adiante!Chairego apc (conversa)28 de agosto de 2024 ás 15:04 (UTC)Responder
Claro, precisamente é que non a quero meter dentro de publicacións de matemáticas. O que quero é que a de primeiro nivel sexa "publicacións en liña" e por debaixo dúas categorías: libro e publicación periódica e en terceiro nivel publicacións de matemáticas (ou cada un o que lle corresponda).
Mais iso pode chocar coa estrutura actual onde hai moitas soltas de primeiro nivel: libro, revista, blogue ...
Último comentario:hai 1 ano4 comentarios3 persoas na conversa
Boas.
Cando podo poño como primeira liña das páxinas unha imaxe que representa o tema da páxina. Esa imaxe é a que debería aparecer cando se pon o rato sobre a súa ligazón interna. Non sempre acontece iso correctamente, por exemplo:
Na páxinaDiagrama de Euler aparece a imaxe en inglés cando realmente está traducida e na propia páxina aparece en galego.
Na páxinaDiagrama de Venn aparece a segunda imaxe que teño escrita, non a primeira, e iso leva a confusión porque a segunda é xenérica de probabilidade, non a propia da páxina.
Nada @MAGHOI, non funciona, graciñas polo intento. Se pos o rato sobre o que ti escribiches (por riba de Diagrama de Venn) ves que aparece unha gráfica cunha curva (polo menos iso é o que me aparece a min). Eu o que necesito que saia é a figura cos redondeliños (que é a primeira que teño metida no texto)
Último comentario:hai 1 ano5 comentarios3 persoas na conversa
Boa tarde, son o compañeiro da escritora Arancha Nogueira. Lendo a sua páxina da galipedia detectamos algúns datos que non son totalmente correctos, algún cambiámolo pero outros non somos capaces.
Ademais, a foto que aparece dela é cando era moi nova e gustaríanos que aparecese outra máis actual.
Non sei moito de cuestións técnicas, pero o texto do artigo modifícase doadamente entrando na ventá de edición. Se queres modificar o cadro de datos da dereita, tes que premer no debuxo do lapis que aparece ao lado de cada dato e ábrese a base de datos Wikidata, onde creo que se poden facer modificacións. En canto ás fotos, poden poñerse aquelas das que se dispón que non teñan copyright ou outros impedimentos legais. Se ti tes unha foto recente podes subila á Wikipedia e incluíla.--Miguelferig (conversa)7 de setembro de 2024 ás 18:04 (UTC)Responder
Grazas Miguel, o que non conseguimos modificar é o cadro da biografía. Queremos poñer lingua galega en vez de língua castelá (ela é escritora en língua galega e falante de galego) e modificar a foto que é moi antiga.
Vexo que o de lingua galega xa está corrixido. En canto á foto, o primeiro é que teñas a foto no teu ordenador. Despois unha forma que utilizo eu a miúdo para cargar imaxes é esta:
Preme sobre a foto que hai agora no cadro de datos. Vaise abrir unha páxina propia do arquivo da foto.
Debaixo da foto hai unha mensaxe que di "Commons é un repositorio libre de ficheiros multimedia. Pode contribuír alí cargando as súas imaxes." Pois tes que premer en "Pode contribuír alí", que estará en azul. Vaise abrir a páxina de cargar fotos en Wikipedia Commons.
Nesa páxina, no apartado "Rexistrarse" terás que crear unha conta ou usar o log in se xa tes unha.
Para cargar a nova foto tes que estar de novo na páxina de Wikipedia Commons, que sae en inglés, e tes que clicar arriba á dereita en "Upload". Ábrese un cadriño onde podes arrastrar o ficheiro da foto que tes no teu ordenador. Despois tes que seguir as instrucións para introducir datos e licenzas que che vaia pedindo ata que chegues ao final.
Lembra o nome do ficheiro da foto ou cópiao no portapapeis e sal de Commons e volve a entrar na páxina de Arancha Nogueira.
Nesa páxina fai clic debaixo da foto no lapis onde está o ano (2017). Vaise abrir Wikidata e alí aparecerá a foto que hai agora, pero tamén hai un menú que pon "Editar". Clica nel e cambia o nome do ficheiro actual polo do ficheiro da foto nova e garda. Debería funcionar.--Miguelferig (conversa)8 de setembro de 2024 ás 16:37 (UTC)Responder
Amosa esa mensaxe cando hai varias persoas editando; cando unha garda, o traballo das outras, desaparece. Para evitalo, hai que colocar o marcador {enuso} de tal xeito que queda, teoricamente, reservado para un mesmo; é un aviso para outros usuarios. Unha vez rematada a edición, quítase. Colócocho eu e aínda, que apareza o meu nome, ti edita. Non esquezas engadir referencias do contido. Cando remates, se queres me avisas ou, se non, na pantalla de edición (no menú "Editar a fonte", eliminas o marcador {{enuso}}.
Porén, eu recomendaríache se te animas a seguir editando que abras unha conta e terás unha páxina propia de usuario cunha serie de ligazóns de axudas. Para calquera outra cousa, podes avisarme na miña páxina de "conversa". Saúdos.MAGHOI (conversa)12 de setembro de 2024 ás 18:55 (UTC)Responder
Agora mesmo son 497 artigos, porén a cifra na liña anterior actualizarase automaticamente.
Aí están incluídos, automaticamente, os artigos que teñen unha infobox baleira. En moitos casos é debido a que non teñen "elemento" en Wikidata ou que, tendo o elemento, non teñen cubertas suficientes "declaracións".
Ollade por onde se accede para arranxar iso:
Cando o artigo non ten "elemento" en Wikidata e hai que crealo (d:Special:NewItem ou fai clic na imaxe).
Cando o artigo si ten "elemento" en Wikidata e hai que ir engadindo "declaración"s cos correspondentes datos.
Último comentario:hai 1 ano3 comentarios2 persoas na conversa
Boas! Quizais debería preguntar en wikidata pero quería comentar que igual que "país" sería interesante ter unha propiedade específica para "comunidade autónoma" ou "comunidade autónoma de España" na que puideramos especificar a localización dos elementos de Wikidata. Non falo dunhaentrada falo dunhapropiedade. Non sei exactamente, se hai algún acordo para isto pero a propiedade "situado na unidade administrativa" é bastante ambigua, e as veces, non se sabe se é a comunidade ou a provincia ou a que "unidade administrativa" se refire. Non sei se existe unha convención para isto, ou se alguén sabe algo ao respecto.
Tendo unha propiedade tal que "situado na comunidade autónoma" permitiría facer que os modelos puxeran, por exemplo, "Galicia, España" especificando tamén a comunidade autónoma no canto de poñer só o país. Evidentemente isto só funcionaria para as comunidades españolas, pero descoñezo como se podería facer doutro xeito.
Ola,@O Breixo:. Os elementos de Wikidata referidos a unidades administrativas teñen carácter xerárquico: as aldeas están situadas en parroquias, as parroquias en concellos, os concellos en provincias... Por exemplo,O Alcouce (d:Q20545642) ten como P131Figueirido (d:Q12951635), que ten como P131Vilaboa (d:Q377426), que ten como P131provincia de Pontevedra (d:Q95086), que ten como P131Galicia (d:Q3908). Así, indicando a unidade máis pequena á que pertence un elemento, xa se extrapola que está tamén nos elementos superiores, e indicando que unha aldea pertence a unha determinada parroquia xa se extrapola a cal comunidade autónoma pertence. Por outra banda, para que apareza Galicia nos modelos cómpre configurar o modelo, porque a información en Wikidata xa está. No apartado onde se sinala que debe aparecer ad:Property:P17, pode especificarse que se indique no seu lugar o elemento da comunidade autónoma correspondente, que se pode tomar dod:Q10742. Tamén podería indicarse que, por exemplo, para un elemento situado nos Ánxeles, apareza California e non os EUA (d:Q10742, estado dos Estados Unidos) etc. Pero iso debe indicarse no modelo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí14 de febreiro de 2025 ás 07:41 (UTC)Responder
Ola @Estevoaei! Ok, perfecto, descoñecía isto. Non saberás dalgún modelo que xa aplique isto como comentas? Penso que sería interesante incluír isto nos modelos, nun apartado de "localización:" e que puxera: O Alcouce, Figueirido, Vilaboa, Provincia de Pontevedra, Galicia, España; e así non ter indicar "país" ou outra etiqueta de localización por separado.
Por certo, en canto aoModelo:Acontecemento irei pouco a pouco engadindo máis elementos, por favor, calquera suxestión facédema saber na conversa do modelo. Sei que a intención e quizais que chegue a substituírModelo:Elección ouModelo:Conflito militar, pero polo momento vexo máis fácil que comece substituíndoModelo:Festival de música,Modelo:Festa,Modelo:Evento olímpico, ... etc tamén para ser aplicado nos casos de "acontecementos históricos" tal que firmas de tratados, revolucións (inda que eu, neste caso, se a revolución foi un conflito violento poría o de "conflito militar") e artigos de historia nos que non encaixe oModelo:Historia. Penso que para facer que este modelo chegase a incluír os modelos de conflito e elección e mostralos ben sería complicado non só de facer senón tamén de usar.
Moitos dos apartados de conflito militar non hai xeito (que eu seipa) de facelos en función de wikitada, como os bandos etc, polo que hai que metelos manualmente. E por poñer un exemploModelo:Xeografía política, na miña opinión, faise moi difícil de editar manualmente pola cantidade infinita de parámetros. Se só inclúes o modelo e funciona perfecto, pero se tes que editar algo manualmente faise bastante máis tedioso ca un modelo específico con poucos parámetros. Inda teño que mirar ven como está feito o modelo elección pero penso que tamén require bastante edición manual.
Último comentario:hai 8 meses4 comentarios2 persoas na conversa
Non dou feito que wikidata me recoñeza os séculos a. e. c. , nin usando diversas nomenclaturas, nin copiando doutra entrada de wikidata no que xa está incluído, alguén sabe por que?O Breixo (conversa)22 de abril de 2025 ás 17:00 (UTC)Responder
Perdoa @HombreDHojalata que non vira isto, pois por exemplo quero incluír "data de creación ou fundación" noCastro de Penas do Castelo, pero por máis que intento con diferentes nomenclaturas non consigo poñer século IX a. C., nin copiando a QID de Wikidata (Q25424). Entendo que outra opción é poñer o ano aproximado, pero o certo é que hai entradas da Wikidata nos que poñen os seculos a. C. polo que ten que ser posible. Sen ser a. C. tamén se pode facer sen problema, só poñendo por ex. "século 9" pero "século -9" non o colle.
Ramón Suárez Picallo foi elixido deputado en 1931 polaFederación Republicana Galega, na que estaba integrada aORGA, da que formaba parte. Despois intégrase noPartido Galeguista cando se funda pero mantén a dobre militancia. No 36 xa é deputado polo PG, integrado na Fronte Popular, Pero aEsquerra non a representou nunca.
Se alguén na sala pode modificalo, ficaría agradecida.
Último comentario:hai 4 meses7 comentarios2 persoas na conversa
Boas, levo uns días traballando nunha tradución do inglés, e nos días anteriores gardouse sen problema. Pero todo o que levo traballado hoxe non, e cando volvín a entrar, volveu a aparecer a tradución automática inicial, e nada do traballo gardado con anterioridade. Hai maneira de recuperalo? GraciasSara-Bellum-inha (conversa)19 de setembro de 2025 ás 22:26 (UTC)Responder
Ola, @Sara-Bellum-inha. Precisaríase algo máis de información como o nome do artigo. Iso pode suceder por varias causas como que outro/a usuario/a estea editando o mesmo artigo e o grave antes ca ti. Mais entendo que estabas nun artigo propio, polo que pode ser que quede na caché. É raro que pase iso, quizis se agardou mal. De tódolos xeitos, no historial, procura recuperar a liña anterior e, ás veces, se recupera. Saúdos.MAGHOI (conversa)19 de setembro de 2025 ás 22:36 (UTC)Responder
E como se recupera a liña anterior no historial? Eu estaba traballando no meu borrador, desde fai 20 días. Os cambios de fai días, hoxe estaban gardados e continuei. E agora fai nada, saín e volvín a entrar, e aparecía a páxina orixinal, coa tradución incorrecta, non estaban nin gardados os cambios iniciais de fai días. Apareceu unha mensaxe de que estaba traballando sobre unha versión vella, que había cambios na versión inglesa, pero non aceptei nada, nin reiniciei a tradución. GrazasSara-Bellum-inha (conversa)19 de setembro de 2025 ás 22:41 (UTC)Responder
Na parte superior do artigo aparece un menú con Ler, Editar...Ver Historial. Premendo nesta última, podes ver tódalas edicións realizadas e gardadas por ti ou por outros usuarios.MAGHOI (conversa)19 de setembro de 2025 ás 22:52 (UTC)Responder