Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wikipedia

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxaseWikipedia:Acerca de.
Wikipedia
 Epónimo
 Texto lema
the free encyclopedia that anyone can edit
a szabad enciklopédia
la enciclopedia de contenido libre que todos pueden editar
آزاد دائرۃ المعارف جس میں کوئی بھی ترمیم کر سکتا ہے
Төрлө телдә яҙылған, сикләүһеҙ ҡулланыуҙа булған ирекле интернет энциклопедия. Һәр кем уны төҙөүҙә ҡатнаша ала
Ազատ հանրագիտարան, որը կարող է խմբագրել յուրաքանչյուր ոք:
Wolna encyklopedia, którą każdy może redagować
האנציקלופדיה החופשית שכולם יכולים לערוך
海納百川,有容乃大
la libera enciklopedio redaktebla de ĉiuj
L'enciclopèdia de contingut lliure que tothom pot millorar
একটি উন্মুক্ত বিশ্বকোষ, যা সবাই সম্পাদনা করতে পারে
de vrije encyclopedie
vapaa tietosanakirja
الموسوعة الحرة التي يستطيع الجميع تحريرها
ウィキペディアは誰でも編集できるフリー百科事典です
свободная энциклопедия, которую может редактировать каждый
人人可编辑的自由百科全书
Die freie Enzyklopädie
人人可編輯的自由百科全書
sebuah ensiklopedia bebas yang bisa disunting oleh siapa sajaEditar o valor en Wikidata
 Historia
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Fundador/a
 Mascota
 Desenvolvedor/a
Actividade
 Produto
Datas e cronoloxía
 Fundación
15 de xaneiro de 2001Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
Premios
Localización
 Sede
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: co0371887Facebook: WikipediaTwitter: WikipediaInstagram: wikipediaBluesky: wikipedia.orgVK: wikipediaLinkedIn: wikipedia-the-free-encyclopediaYoutube: UCgIIsBhcseFH1Kghmo0ULbAPinterest: wikipediaTikTok: wikipediaEditar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

AWikipedia é un proxecto deenciclopedia decontido libre,[1] multilingüe e decontido aberto operativo grazas áorganización sen ánimo de lucroFundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabraswiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) eenciclopedia. Foi lanzada o15 de xaneiro do ano2001 porJimmy Wales eLarry Sanger,[2] e o seu obxectivo é recadar a suma de todo ocoñecemento humano no maior número delinguas.[3] En2015 recibiu oPremio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[4] e oPremio Erasmus.[5]

Proxecto

[editar |editar a fonte]

A data deabril de2008, a Wikipedia tiña máis de 10 millóns de artigos en 253 linguas, das que a cuarta parte formaban parte da versión inglesa.[6] Os artigos da Wikipedia foron escritos de xeitocolaborativo por persoasvoluntarias ao redor do mundo e case que todos os seus artigos poden ser editados por calquera que teña acceso a este sitio web.[7] Desde que comezou, a Wikipedia foi obtendo constantemente máis popularidade,[8] e, actualmente, é a maior e máis grande referencia de traballo enInternet.[9][10][11]

Oscríticos da Wikipedia obxectan o seu sistema de prexuízos, as súas incoherencias[12] e a súa política en favor doconsenso por riba dascredenciais no seu proceso editorial[13]. Afiabilidade e precisión da Wikipedia tamén son outros asuntos discutidos.[14] Outras críticas están centradas na súa susceptibilidade aovandalismo e á adición de información falsa ou non verídica.[15]

Ademais de ser unha referencia enciclopédica, a Wikipedia recibiu a atención principal nos medios de comunicación como unha fonte en liña de noticias de última hora dado que é constantemente actualizada.[16][17]

A versión da Wikipedia enlingua galega, máis coñecida comoWikipedia en galego ou, amigablemente,Galipedia, existe desde o8 de marzo de2003 e, actualmente conta coa cifra de227.758 artigos na súa base de datos.[18][19]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabraWikipedia foi construída a partir de:

  • Wiki, que provén dewiki wiki, a cal significarápido enhawaiano,
  • pedia, que provén depaideia (παίδεια),educación engrego clásico.

Isto dá como resultado que Wikipedia significa "educación rápida" ou "enciclopedia rápida".

Historia

[editar |editar a fonte]
O logotipo deNupedia.
Jimbo Wales, fundador da Wikipedia.

Enmarzo do ano2000,Jimbo Wales creouNupedia, un proxecto de enciclopedia libre baseado nun ambicioso proceso de revisión por pares, deseñado para facer os seus artigos dunha calidade comparable á das enciclopedias profesionais grazas á participación de eruditos (principalmente doutorandos e académicos), aos que se propuña colaborar de modo non remunerado.

Debido ao lento avance do proxecto, en 2001 creouse unwiki (UseModWiki) vinculado a Nupedia cuxa finalidade inicial era axilizar a creación de artigos de forma paralela, antes de que estes pasasen ao sistema de revisión por expertos. Existe certa polémica entre os fundadores de Nupedia sobre quen lle propuxo orixinalmente aJimbo Wales a idea de usar unwiki, seLarry Sanger ou ben unha terceira persoa,[20] pero o caso é que o éxito daquel "pequeno proxecto paralelo" (Wikipedia) acabou eclipsando a Nupedia, que deixou de funcionar en 2003.

Larry Sanger, editor responsable da Nupedia, pasou a colaborar coa Wikipedia e traballou activamente na organización e directrices do proxecto, marchando en2002. Nese ano, Wikipedia abarcaba 26 linguas que se converteron en 46 en 2003, e, a finais de 2004, xa eran 161. Ambas as dúas enciclopedias, Wikipedia e Nupedia, coexistiron ata a extinción da segunda, no ano 2003[21]. En 2007, aWikipedia en inglés superou os 2 millóns de artigos, converténdose na maior enciclopedia da historia, superando aYongle Dadian do ano1407, que sostivo a marca durante varios séculos.[22]

Características esenciais

[editar |editar a fonte]

Existen tres características esenciais que representan o proxecto que é a Wikipedia. Estas son as que definen, conxuntamente, a función que ten a Wikipedia naweb:

  1. A Wikipedia é, ou, polo menos, intenta converterse nunhaenciclopedia.
  2. Trátase dunwiki, polo que, con pequenas excepcións, pode ser editado por calquera persoa que a visite.
  3. Ademais, é decontido aberto e utiliza alicenza GFDL.

Políticas

[editar |editar a fonte]
Un dos principios da Wikipedia é aimparcialidade.
Artigos principais:Wikipedia:Cinco piares e Wikipedia:Política e normas.

Os participantes da Wikipedia habitualmente acordan e manteñen un número reducido de políticas básicas para o correcto funcionamento e mantemento do wiki. Para redactar as devanditas políticas, estas deben basearse nas normas básicasdos cinco piares. Entre as políticas máis destacadas atópanse as seguintes:

  1. A causa da diversidade de participantes e ideoloxías, que proveñen de todas partes do mundo, a Wikipedia intenta construír os seus artigos da forma máis englobadora posible. O obxectivo non é escribir artigos dende un suposto único punto de vista obxectivo, senónpresentar abertamente cada postura sobre un determinado tema.
  2. Séguense un número de convencións con respecto ao nomeamento de artigos, optando preferentemente polaversión máis comunmente utilizada na súa respectiva lingua.
  3. As conversas acerca do contido e edición dun artigo ocorren naspáxinas de conversa e non na mesma páxina do propio artigo.
  4. Existe un número de temas que resultan excluídos de Wikipedia por non constituír artigos enciclopédicos estritamente falando. Por exemplo, Wikipedia non contén definicións dedicionario (como verbos, adxectivos etc.); para iso xa está oWiktionary (ouGalizionario na correspondenteversión en galego).

Vandalismo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Wikipedia:Vandalismo.

Un dos problemas grandes e constantes da Wikipedia é ovandalismo. Dado que o lema de todas as wikipedias é«aenciclopedia libre que calquera pode editar» («the free encyclopedia that anyone can edit») os vándalos aos que lles gusta estragar o traballo dos demais poden facelo libremente. Estes vandalismos son modificacións parvas ou ofensivas que se fan de artigos da enciclopedia.

Malia os graves problemas que isto semella presentar a simple vista, o vandalismo en xeral non prospera na Wikipedia. Dado que a maior parte do público da Wikipedia ten boas intencións e, daquela, os vandalismos son minoritarios nas edicións diarias, as desfeitas rara vez conseguen permanecer por moito tempo sen seren borradas ou revertidas.

A maioría dosvándalos sonanónimos, pois Wikipedia permite a edición dos seus artigos sen rexistrarse previamente. Algúns casos extremadamente raros teñen pasado nos que un usuario rexistrado comete actos de vandalismo reiteradas veces. Estes últimos casos adoitan corresponder coa expresión de motivacións ideolóxicas, culturais ou relixiosas que empurran o vándalo a continuar editando e tentar impoñer as súas crenzas.

Persoal

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Wikipedia:Wikipedistas.

Na edición da Wikipedia participan miles de persoas en todo o mundo que son coñecidas comowikipedistas. No ano2007, segundo un estudo realizado por investigadores daUniversidade Rei Xoán Carlos de Madrid chamadoWikipedia: A quantitative analysis,[23] constatouse que o número de editores nas 10 maiores wikipedias en número de artigos[24] fora decrecendo ao superar o número de wikipedistas que abandonaban o proxecto o número dos que se incorporaban. Ademais, a tese predí que isto irá a peor xa que, en palabras de Felipe Ortega, "o número de abandonos tende a medrar cada vez máis rapidamente."[25].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Algunhas versións, tales como a inglesa, conteñen imaxes que non son libres.
  2. Miliard, Mike (01-03-2008)."Wikipediots: Who are these devoted, even obsessive contributors to Wikipedia?".Salt Lake City Weekly. Arquivado dendeo orixinal o 16-04-2008. Consultado o 21-02-2008. 
  3. Slashdot | Wikipedia Founder Jimmy Wales Responds
  4. "Wikipedia, todo el conocimiento abierto a todo el mundo"La Opinión. A Coruña, 28/6/2015(encastelán).
  5. Fundación Wikimedia (ed.)."Wikipedia turns 14, receives prestigious Erasmus Prize 2015". Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  6. Wikipedia en inglés (ed.)."Estatísticas". Consultado o 21-06-2008. 
  7. Nalgunhas partes do mundo, o acceso á Wikipedia está (ou estaba) bloqueado.
  8. Alexa Internet (ed.)."Five-year traffic statistics for wikipedia.org". Arquivado dendeo orixinal o 24-01-2022. Consultado o 15-07-2008. 
  9. Tancer, Bill (2007-05-01)."Look Who's Using Wikipedia".Time. Arquivado dendeo orixinal o 03-08-2012. Consultado o 01-12-2007.  (the author's blog post on the articleArquivado 25 de marzo de 2012 enWayback Machine.)
  10. Woodson, Alex (08-07-2007)."Wikipedia remains go-to site for online news".Reuters. Consultado o 16-12-2007. 
  11. Alexa (ed.)."Top 500". Arquivado dendeo orixinal o 25-11-2007. Consultado o 04-12-2007. 
  12. Larry Sanger,Why Wikipedia Must Jettison Its Anti-Elitism,Kuro5hin, 31 de decembro de 2004.
  13. Danah Boyd (04-01-2005). Many-to-Many, ed."Academia and Wikipedia". Arquivado dendeo orixinal o 21-08-2011. Consultado o 11-02-2007. [fonte non fiable?]
  14. Simon Waldman (26-10-2004).The Guardian, ed."Who knows?". Consultado o 11-02-2007. 
  15. Frank Ahrens (09-07-2006). The Washington Post, ed."Death by Wikipedia: The Kenneth Lay Chronicles". Consultado o 01-11-2006. 
  16. Jonathan Dee (01-07-2007)."All the News That's Fit to Print Out". The New York Times Magazine. Arquivado dendeo orixinal o 21-08-2018. Consultado o 01-12-2007. 
  17. Andrew Lih (16-04-2004)."Wikipedia as Participatory Journalism: Reliable Sources? Metrics for evaluating collaborative media as a news resource"(PDF).5th International Symposium on Online Journalism. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 29-10-2007. Consultado o 13-10-2007. 
  18. Wikimedia Foundation."Estatísticas". 
  19. Historial da primeira portada da Galipedia.
  20. Slashdot (2005)."The Early History of Nupedia and Wikipedia: A Memoir". Consultado o 10-01-2008. 
  21. Wikipedia Foundation (2008)."Wikipedia:Multilingual statistics". Consultado o 08-01-2008. 
  22. Juliana Boersner (2008)."Reeditada la Enciclopedia más antigua del mundo". Arquivado dendeo orixinal o 16-01-2008. Consultado o 08-01-2008. 
  23. "Documento PDF coa tese doutoral.". Arquivado dendeo orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 27 de abril de 2010. 
  24. A saber:inglesa,alemá,francesa,polaca,xaponesa,neerlandesa,italiana,portuguesa,castelá esueca.
  25. J. M. (09-07-2009)."La Wikipedia pierde editores".elpais.com(en castelán). Consultado o 09-07-2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Wikipedia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia&oldid=7185791»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp