| Welcome to Sarajevo | |||
|---|---|---|---|
Título | |||
Instancia de | |||
Xénero | |||
Lingua orixinal | |||
Cor | |||
| Autoría | |||
Director/a | |||
Compositor/a | |||
Guionista | |||
Director/a fotografía | |||
Editor/a de cine | |||
Deseñador/a produción | |||
Deseñador/a vestiario | |||
| Temática | |||
Tema principal | |||
Ambientado en | |||
Época ambientación | |||
| Publicación | |||
Data de publicación | |||
Produtor/a | |||
Compañía produtora | |||
Distribuidor/a | |||
Formato de distribución | |||
Puntuación da crítica 72/100Metacritic(4 de febreiro de 2024) 7/10Rotten Tomatoes(6 de outubro de 2021) 80%Rotten Tomatoes(6 de outubro de 2021) | |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
Welcome to Sarajevo (Benvido a Saraxevo) é unha películabritánica do ano1997 dirixida porMichael Winterbottom. Retrátase o cerco aSaraxevo, o período mais dramático da guerra da Bosnia. O filme está baseado na historia real do xornalista británicoMichael Nicholson, que adoptou unha nenabosníacamusulmá. Á súa vez, a historia está baseada no libroNatasha's Story, que o guionistaFrank Cottrell Boyce adaptou para o filme.
En 1992, o reporteiro de ITN, Michael Henderson (Stephen Dillane) viaxa aSaraxevo, a asediada capital deBosnia e Hercegovina. Coñece ao periodista estrela americano Jimmy Flynn (Woody Harrelson) na procura das historias e fotos máis emocionantes. O seu traballo permítelles presenciar en primeira liña o sufrimento dos habitantes de Saraxevo. A situación cambia cando Henderson realiza unha reportaxe desde un orfanato no cal 200 nenos viven en condicións desesperadas.
Coa axuda dunha traballadora humanitaria americana chamada Nina (Marisa Tomei), Henderson intentará levar aos nenos a un lugar seguro. Nun principio a escapada parece destinada ao fracaso cando milicianosserbios paran o autobús que leva aos nenos e raptan a todos os nenos musulmáns. Mais ao final Henderson consegue sacar á pequena Emira (Emira Nušević) fóra do país e acábaa adoptando.
As filmacións foron feitas na propia Bosnia, apenas meses despois da fin dos combates, a mediados de1996. Os escenarios de destrución (tanto nas escenas exteriores como interiores) son todos reais, aínda que tamén foron intercaladas imaxes documentais e xornalísticas do conflito.