Wayback Machine (pronunciado[ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unhabase de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios deInternet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.[1]
O servizo Wayback Machine funciona dunha maneira simple: abonda con teclear aURL dunha páxina web para ver cal é a última copia que hai gardada no arquivo.[2] Se se quere ver como era hai un tempo unha páxina en cuestión, entón Wayback Machine pediranos en que data e ano queremos visitar a páxina. Existe un calendario na parte superior da pantalla, que permite ver graficamente as capturas ao longo do tempo. A lonxitude das barras do gráfico indica en que meses se fixeron máis copias.