Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wasps RFC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
London Wasps
NomeLondon Wasps Holdings Ltd
Alcume(s)Waspies
Fundación1867 comoWasps FC
SedeHigh Wycombe,Inglaterra
Estadio(s)Ricoh Arena
Capacidade32.609 espectadores
PresidenteInglaterra Mark Rigby
AdestradorGalesDai Young
CapitánInglaterraJames Haskell
Liga(s)Aviva Premiership
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.wasps.co.uk
Facebook: WaspsRugbyTwitter: WaspsRugbyInstagram: waspsrugbyEditar o valor en Wikidata

London Wasps é un club profesional derugby, con sede na localidadeinglesa deHigh Wycombe, nas aforas deLondres, e que compite nas máximas categorías do rugby nacional (Aviva Premiership eAnglo-Welsh Cup) e do rugby europeo (Copa de Campións Europea de Rugby). O equipo xoga noRicoh Arena deCoventry.

Historia

[editar |editar a fonte]

O club naceu no ano 1867 despois dunha división producida entre os socios doHampstead Football Club. Desa separación, xurdiu por unha parte oWasps Football Club e pola outra oHarlequin FC. Durante as primeiras décadas da súa existencia, os Wasps estiveron emigrando dun estadio a outro polo noroeste de Londres. Na primeira metade do século XX o club era considerado como un dos mellores, pero non existía un campionato oficial de clubs para determinalo, aínda que a selección inglesa adoitaba levar xogadores dos Wasps.

Cando a Federación Inglesa de Rugby creou ocampionato de Copa en 1971 e ocampionato de Liga en 1987, o club comezou a encher o seu palmarés de títulos. Aínda que os Wasps tardaron 15 anos en chegar á súa primeira final de Copa, que perdeu fronte aBath Rugby, tardou só 3 anos en proclamarse campión de liga, na tempada 1989/90.

Aínda que o club gañou a súa segunda liga na tempada 1996/97 e a súa primeira copa en 1999, o maiores éxitos do club foron na primeira década do século XXI. Nos derradeiros 10 anos osWasps teñen gañado 4 ligas, 2 copas, 2 copas de Europa e 1 copa Challenge, convertendo o palmarés do club nun dos máis importantes do continente.

Na tempada 2001/02 o equipo se moveu á localidade deHigh Wycombe para xogar os seus partidos no estadio Adams Park, un pequeno estadio no que ata aquel intre xogaba o equipo de fútbol dosWycombe Wanderers. Por mor dun dos grandes problemas que tivo sempre o club, a baixa asistencia de seareiros ós partidos, o estadio ampliouse en 2006 para aumentar a súa capacidade ata 10.516 espectadores, porén o club está a traballar nun proxecto para construír un novo estadio para mais de 15.000 persoas na mesma localidade.

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Competicións nacionais

[editar |editar a fonte]
CompeticiónTítulos201615141312111009080706050403020100999897969594939291908988
InglaterraLiga inglesa6-67811957254222727591433272132
CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372
InglaterraCopa inglesa3-CCCFFFF
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais

[editar |editar a fonte]
CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796
Copa de Campións Europea de RugbyCopa de Europa2-¼gggCggCgg¼¼g
CompeticiónTítulos201615141312111009080706050403020100999897
European Rugby Challenge CupChallenge Cup1½¼¼¼½C
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

[editar |editar a fonte]
InglaterraAviva Premiership — Tempada 2015/16
PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD
Saracens37980141
Exeter34970242
Harlequins31961232
Leicester29970210
Northampton22940515
Wasps20940522
Gloucester20941411
Sale17831412
Bath17830513
10ºWorcester10920713
11ºIrish8920700
12ºNewcastle7911701

<<<< 2014/15— Tempadas —2016/17 >>>>


Enverde     os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
Enazul     os clasificados para aCopa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
Enamarelo     posición para disputar o playoff polaCopa de Campións Europea de Rugby.
Enrosa     o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Clubs
Antigos clubs
Temporadas
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wasps_RFC&oldid=6663040»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp