Washington é un dos 50estados dosEstados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo daRevolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos,George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversospresidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos,Washington, D.C.. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamadoEstado de Washington, e Washington, a capital nacional,Distrito de Columbia.
Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormesbosques, cuxasárbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estadoEvergreen State, que significa "defolla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder naindustria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan oslagos, o que crea un terreo propicio para a instalación deencoros; o maior do país, oEncoro de Grand Coulee, localízase noRío Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente noturismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante deavións do mundo, aBoeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.
Washington foi explorado inicialmente polosespañois e, posteriormente, osbritánicos instaláronse na rexión. Até1859, Washington formou parte do territorio deOregón, e boa parte deste último, así como do sur da actual provinciacanadense deColumbia Británica (daquela, unha colonia do Reino Unido) era disputada entre os británicos e os americanos entre a década de 1810 e a de 1850 ata que, en1859, creouse o Territorio de Washington. O11 de novembro de1889, converteuse no 42º Estado americano.
Os nativos indíxenas xa vivían na rexión onde o Estado de Washington está actualmente localizado milleiros de anos antes da chegada dos primeiroseuropeos. A maioría destas tribos formaban parte de dous grupos indíxenas distintos: ossalishianos e ospenutianos. Os primeiros vivían fundamentalmente no norte e no litoral de Washington, en canto os segundos vivían sobre todo no interior, ao longo do oeste e no sur do estado.
Os primeiros europeos en exploraren Washington foron os españois, despois da década de 1750. Os españois exploraron intensamente o litoral do actual estado, e reivindicaron o territorio para acoroa española. Porén, non fundaron ningún asentamento permanente. Estas exploracións foron feitas baixo o medo a unha expansiónrusa, que entón controlabaAlasca, en dirección ao sur. O británicoGeorge Vancouver foi o primeiro europeo en cartografar o litoral do estado, ao longo do ano de1792 pero os británicos, ao menos inicialmente, tampouco non se interesaron en fundar asentamentos permanentes na rexión, aínda que a reivindicasen para a coroa británica.
O americanoRobert Gray dirixiu unha primeira expedición, composta por cazadores e comerciantes, que descubriu o interior de Washington, partindo deBoston,Massachusetts, con fins comerciais. Desembarcaron no litoral de Washington en 1792 e reivindicaron á súa vez a rexión para os Estados Unidos, na que xa comerciaban os cazadores británicos e americanos. ACompañía da Baía de Hudson fundou o primeiro asentamento permanente na rexión, a actual cidade deVancouver (Washington) (non confundir coa cidade canadense domesmo nome).
A expansión americana en dirección ao oeste trouxo consigo un crecente números de colonos americanos que se ían instalando na rexión a partir dadécada de 1840. Os Estados Unidos pasaron a reivindicar todas as terras situadas ao sur do meridiano 54º 40' e ao oeste dasMontañas Rochosas. Os británicos esixiron que a fronteira fose o meridiano 49º, proseguindo a fronteira en dirección ao sur, acompañando o curso doRío Columbia, a oeste das Montañas Rochosas, o que significaría que boa parte do oeste do actual estado de Washington quedase baixo control británico. En1846, os Estados Unidos e o Reino Unido chegaron a un acordo que delimitaba a fronteira entre os Estados Unidos e as colonias británicas da rexión ao longo do paralelo 49º.
En1848, por presión dos colonos americanos instalados no noroeste, o goberno americano creou oTerritorio de Oregón, e estableceu un goberno na rexión. Este territorio incorporaba os actuais estados deOregón,Idaho e Washington. En1859, Oregón foi elevado á categoría de estado. Posteriormente, o goberno do territorio de Washington comezou a premer para que os nativos indíxenas da rexión se instalasen en reservas, e así, liberar terras para os colonos brancos. Os salishianos aceptaron mais non os penutianos, que entraron en guerra cos colonos brancos en1855, guerra que se prolongou ata1858, cando os penutianos foron derrotados e forzados a instalarse nas reservas indíxenas.
A partir do inicio dadécada de 1860, un número inxente de colonos pasou a instalarse no Territorio de Washington por causa do descubrimento de grandes minas deouro na rexión. O crecemento da poboación do territorio levou á secesión de áreas a oeste de Washington, co que se constituíu o Territorio de Idaho. Os límites territoriais de Washington non mudaron máis desde entón. O forte crecemento da poboación de Washington perdurou nadécada de 1870 e de1880. Seattle tornouse un grancentro portuario. En1883 inaugurouse aNothern Pacific Railway, que conectaba Washington co leste do país. O11 de novembro de1889, o territorio foi elevado á categoría de estado.
A economía durante as súas primeiras décadas como estado dependía fundamentalmente daagricultura e daminaría. Ao longo dadécada de 1890, as novas técnicas modernas de irrigación pasaron a permitir a práctica da agricultura na desértica rexión oriental. Outras fontes de renda importante eran a industria madeireira, a pesca e o procesamento de alimentos.
No inicio doséculo XX, a reputación de Washington no país era a dunha terra perigosa e salvaxe, tanto como o resto do oeste americano, só que con madeireiros substituíndo oscowboys ("vaqueiros") e osbosques substituíndo aos desertos. Unha cidade en particular,Aberdeen, tiña a fama de ser acidade máis dura do oeste do Mississippi, debido ao xogo, violencia, uso xeneralizado dedrogas eprostitución.
Seattle prosperou coa migración da poboación americana rumbo aHawai e aAlasca, sendo un centro primario de abastecemento de Hawai por varias décadas, e é até hoxe o centro principal de abastecemento de Alasca. A economía de Washington pasou a prosperar enormemente co inicio daprimeira guerra mundial. A produción de madeira e alimentos aumentou enormemente. Seattle tamén se tornou unha cidade industrializada, sendo unha das maiores fabricantes denavíos eavións ao longo da guerra: aBoeing foi creada en1917 en Seattle. A guerra xerou maior unión entre os traballadores do estado, que se xuntaron en variossindicatos. Despois do fin da guerra, enfebreiro de1919, os sindicatos da cidade organizaron unha folga xeral en Seattle, secundada por máis de 60 mil traballadores.
AGran Depresión, que se iniciou en1929, arruinou a economía do estado. Para tentar minimizar os problemas causados pola Depresión, tales como miseria,desemprego e pobreza, o estado iniciou a construción de diversas obras públicas, entre elas diversaspresas, culminando coa inauguración doEncoro de Grand Coulee, en1941, até hoxe a de maior tamaño nos Estados Unidos.
A economía de Washington recuperouse co inicio dasegunda guerra mundial. A rexión metropolitana de Seattle, grazas á a súa proximidade coa fronte de batalla do Pacífico, tornouse unha das maiores fabricantes de navíos militares, e a maior fabricante de avións militares do país. En1943, o goberno americano inaugurou unha central nuclear no estado, oHanford Works. Alí se xerou gran parte do combustíbel nuclear usado nasbombas atómicas usadas enHiroshima eNagasaki. O estado industrializouse axiña, durante e despois do fin da segunda guerra mundial, e a agricultura, a minaría e a industria madeireira perderon moita importancia na economía.
Durante adécada de 1960, o goberno do Estado aprobou unha serie de programas destinados á descontaminación de ríos e lagos contaminados por residuos industriais. O crecemento da Boeing como a maior fabricante de avións do mundo levou a un gran crecemento da poboación da rexión metropolitana de Seattle que, en1962, foi a sede daFeira Mundial, cuxa maior atracción foi aSpace Needle, unhatorre de 184 metros de altura, inaugurada un ano antes. Posteriormente, en1964, os gobernos do Canadá e dos Estados Unidos iniciaron un programa conxunto para a construción de diversas represas ao longo doRío Columbia e afluentes.
O18 de maio de1980, ovolcán doMonte Santa Helena entrou en erupción. Durmido durante centenas de séculos, o volcán literalmente estoupou, causando a destrución total nun raio de preto de 25 quilómetros; morreron 57 persoas e causou máis de 4 mil millóns de dólares en prexuízos. A economía entrou nunha recesión que perdurou por case 2 anos. A erupción lanzou cinzas volcánicas nun raio de máis de 1.500 quilómetros, especialmente nos primeiros 200 quilómetros, cubrindo varias cidades cunha grosa capa de cinzas, de varios centímetros de espesor.
O reactor nuclearHanford Works vertía varias toneladas por día de auga (usada como refrixerador) levementeradioactiva no Río Columbia. Alén diso, fallas ao longo da estrutura fixeron que o solo en torno do reactor ficase contaminado. O reactor foi pechado en1971, e en1989, o goberno americano e do estado iniciaron un gran programa de limpeza, cuxo termo está previsto para o2030.
En1996,Gary Locke foi elixido gobernador. Locke foi o primeiro americano de descendenciachinesa a ser elixido gobernador dun estado americano.
Washington localízase no noroeste dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos de América. Limita coocéano Pacífico polo oeste, coa provinciacanadense deColumbia Británica ao norte, e cos estados americanos deIdaho ao oeste eOregón ao sur. Orío Columbia forma a maior parte da fronteira entre Washington e Oregón.
Trátase dun estado de contrastes. Boa parte do estado está cuberto por forestas e a rexión das forestas daPenínsula de Olimpia está entre as máis chuviosas do mundo. Por outro lado, o territorio oriental do estado é árido, e resulta raro atopar árbores. A variación de altitude do estado é enorme, oscilando entre 0 metros ao longo do litoral a máis de catro mil metros.
Olitoral do estado ao longo do océano Pacífico posúe case 255 quilómetros de lonxitude. Porén, contando o litoral formado por illas e baías, este total ascende a uns 4.870 quilómetros. O principal río do estado é o Río Columbia, cuxa nacente está localizada na Columbia Británica. O río percorre Washington, vindo do norte en dirección ao sur, virando en dirección ao oeste na fronteira do estado con Oregón, e atravesa o estado ao longo duns 1.100 quilómetros. Asrepresas instaladas ao longo do río producen a metade de toda aelectricidade xerada a través decentrais hidroeléctricas no país; oEncoro de Grand Coulee é actualmente[cando?] a terceira maior represa do mundo, e a maior do país.
Varios outros ríos atravesan o Estado, nacendo nasMontañas Rochosas e transcorrendo en dirección ao océano Pacífico ou ao Río Columbia. Preto de metade do estado está cuberto por bosques densos, a maior parte deles no oeste.
Washington pode ser dividida en 6 rexións xeográficas:
Vista doMonte Ranier, o punto máis alto do estado, cos seus 4.392 metros de altitude.
AsMontañas Rochosas ocupan o noroeste do estado. Caracterízanse pola súa elevada altitude e polo seu terreo moi accidentado. Existen varias minas deouro,cinc,granito emagnesio.
A Meseta do Columbia ocupa boa parte da rexión central de Washington, así como toda a rexión centro-leste e sueste do estado. Caracterízase por ter altitudes que varían entre 150 a 600 metros, cercado por outras rexións de maior altitude; e polo seu terreo relativamente pouco accidentado. Localízase logo ao sur das Montañas Rochosas.
As Montañas Cascade esténdense desde a Columbia Británica até o norte daCalifornia e deNevada. Esténdese inmediatamente ao oeste das Montañas Rochosas e do Planalto de Columbia. Caracterízanse por ser unha rexión que posúe variosvolcáns activos, entre eles, aMontaña Santa Helena. Posúe un terreo altamente accidentado, e varios picos con máis de tres mil metros de altitude. O punto máis alto do estado, oMonte Ranier, posúe uns 4.392 metros de altitude.
As Planicies do Pudget Sound esténdense a leste das Montañas Cascade. Caracterízanse polo seu terreo pouco accidentado, polo seu solo moi fértil e pola presenza de grandes bosques - preto do 70% dos bosques do estado localízanse nesta rexión. É a rexión máis habitada do estado.
As Montañas Olímpicas localízanse no noroeste do estado, e a leste e ao norte das Planicies do Pudget Sound. Caracterízanse polo seu terreo altamente accidentado, e pola presenza de montes con mil metros de altitude ou máis. É unha rexión escasamente poboada.
As Planicies Costeiras esténdense do sur do Estado ata o norte de Oregón. A maior parte desta rexión está cuberta de bosques.
Grazas á proximidade de grandes masas deauga e ás correntes marítimas quentes do océano Pacífico, o occidente do estado desfruta doclima máis agradábel de calquera estado do norte dos Estados Unidos continental. O clima étemperado, con catro estacións diferenciadas. Osveráns son frescos e menos quentes do que noutros estados do norte do país e osinvernos son relativamente agradábeis, máis quentes do que calquera outro estado do norte do país. O oeste de Washington posúe taxas moi altas de precipitación media anual, se ben o oriente do estado ten veráns moi quentes e invernos fríos, con baixas taxas de precipitación anual.
No inverno, a temperatura media é de 5 °C no oeste e de -3 °C no leste. As medias máis baixas rexístranse nas rexións de maior altitude, e son de -8 °C nas rexións con 1.600 metros ou máis. As temperaturas mínimas varían entre -30 °C e 12 °C, e as máximas entre -22 °C e 18 °C. A temperatura máis baixa foi rexistrada no nordeste, o30 de decembro de1968: -44 °C.
No verán, a temperatura media é de 16 °C no oeste e de 23 °C no leste. As medias máis baixas rexístranse ao longo do litoral. As temperaturas mínimas oscilan entre 5 °C e 18 °C, e as máximas entre 14 °C e 35 °C. A temperatura máis alta rexistrada foino no sueste do estado, o5 de agosto de1961: 48 °C.
A actualconstitución de Washington, creada anteriormente á elevación á categoría de estado, entrou en vixencia en1889. O cargo máis alto dopoder executivo é o degobernador. A poboación escólleo por medio de eleccións estatais para termos dun máximo de catro anos de duración, non existindo límite para o número de veces que poden presentar a súa candidatura. O gobernador do estado designa a máis de 350 cargos.
Opoder lexislativo reside nunSenado composto de 49 membros e unha Cámara dos Representantes con 98. Os senadores escóllense por catro anos e os deputados por dous anos. Tanto senadores canto deputados poden presentarse á reelección cantas veces desexaren.
A instancia superior dopoder xudicial é o Tribunal Supremo. Os seus xuíces escóllennos as cortes por períodos de seis anos de duración. Cada dous anos elíxense tres novos xuíces. A seguir, o maior tribunal do estado é o Tribunal de Apelacións, composto por 22 xuíces, electos pola poboación para mandatos de ata seis anos de duración. Ningún xuíz pode presentarse á reelección.
Washington está dividido en 39condados diferentes, a maioría dos cales son gobernados por un consello formado por tres membros. Calquera cidade con máis de 20.000 habitantes pode escoller a súa forma de goberno municipal. Cerca de 60% do orzamento de Washington provén deimpostos estatais, e o resto provén de fondos fornecidos polo goberno federal.
Ocenso americano de2000 estimou a poboación de Washington en 5 894 121 habitantes, cun crecemento do 21% sobre a poboación de1990, de 4 866 692 habitantes. Unha estimación realizada en2004 indicou que a poboación era de 6 203 788 habitantes. Cerca de 631.500 habitantes naceron fóra do estado (o 10,3% da poboación) dos cales se estima que cen mil (1,6% da poboación do estado) sexan estranxeiros ilegais. Entre 1990 e 2004, a poboación creceu en torno de 27,5%.
Cerca do 83% da poboación vive en rexións metropolitanas. A maior delas é a rexión metropolitana deSeattle, a maior cidade cos seus 375 mil habitantes; a súa rexión metropolitana posúe preto de 3,1 millóns de habitantes, o que equivale a preto de dous quintos da poboación. En total, máis do 82% da poboación viven en cidades. A maior parte da poboación vive no noroeste do estado.
As cinco maiores etnias son:alemáns (18,7% da poboación ),ingleses (12%),irlandeses (11,4%),noruegueses (6,2%) emexicanos (5,6%). Os mexicanos están concentrados fundamentalmente na rexión sueste e centro-sur, onde traballan nos campos como man de obra barata. Porén, moitos destes traballadores rurais son ilegais. A poboación de descendencia asiática é a quinta maior do país; a maioría destes asiáticos sonfilipinos.
O 6,7% da poboación de Washington ten menos de 5 anos de idade, o 25,7% ten menos de 18 anos e o 11,2% da poboación ten 65 anos ou máis. As mulleres constitúen o 50,2% da poboación.
Linguas
En 2010, o 82.51% (5.060.313) dos residentes no estado de máis de cinco anos declararon oinglés como a lingua primaria do seu fogar, mentres o 7,79% (477.566) falabanespañol, 1,19% (72.552)Chinés (que inclúecantonés emandarín), 0,94% (57.895)Vietnamita, 0,84% (51.301)Tagalo, 0,83% (50.757)coreano, 0,80% (49.282)ruso, ealemán falado como lingua principal polo 0,55% (33.744). En total o 17,49% (1.073.002) da poboación maior de cinco anos teñen unha lingua materna diferente ao inglés.[1]
Como a maioría dos estados do oeste americano, a porcentaxe da poboación que afirman non practicar ningunha relixión é relativamente alta, moito máis alta que no resto do país, e as taxas de afiliacións relixiosas áigrexas ou outras institucións relixiosas está entre as máis baixas do país.
O sector madeireiro, xuntamente co agropecuario, foi unha das principais actividades económicas, mais coa diversificación da economía perdeu moita importancia. A economía de Washington céntrase hoxe en día fundamentalmente nosector terciario. Oproduto interior bruto foi de 244.000 millóns de dólares, en2003 e arenda per capita de 33.332 dólares. O centro económico, financeiro e industrial é Seattle.
O sector primario representa o 2% do PIB. Aagricultura e agandaría representan o 1,6% do PIB, e empregan preto de 140.000 persoas. Washington posúe preto de 39 mil facendas, das cales 13.000 dependen de técnicas de irrigación modernas para o cultivo de plantacións. Os principais produtos cultivados ou criados sontrigo,mazá (o estado é o maior produtor nacional),cereixas,leite e carne devaca. En total, o valor dos produtos agropecuarios producidos polo estado é de 5,4 mil millóns de dólares. A industria madeireira correpresenta o 0,35% do PIB e emprega aproximadamente 4.000 persoas. Apesca representa o 0,05% do PIB e emprega unhas mil persoas.
O sector secundario representa o 17% do PIB. A manufactura representa o 12% e emprega a aproximadamente 375.000 persoas. O valor total dos produtos manufacturados por ano é de 35.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados sonavións,navíos, alimentos industrializados e papel e derivados da madeira. A industria da construción representa o 4,6% do PIB e emprega a unhas 212.000 persoas. A minaría (carbón,ouro earea) representa o 0,4% do PIB e emprega aproximadamente 5.000 persoas.
O sector terciario representa o 81% do PIB. Os servizos comunitarios e persoais corresponden ao 24% do PIB, e empregan máis de 1,1 millóns de persoas. O sector das finanzas representa o 18% do PIB e emprega a case 270.000 persoas. Washington é un gran polo financeiro. O comercio representa o 17% do PIB e emprega a máis de 770.000 persoas. Os servizos gobernamentais representan o 13% do PIB e empregan a máis de 553.000 persoas. Os transportes e as telecomunicacións representan o 9% do PIB e empregan a unhas 172.000 persoas.
A primeiraescola de Washington foi fundada en1832, enVancouver, e construíuse para aeducación dos fillos de empregados daCompañía da Baía de Hudson. O estado instituíu un sistema público de ensino en todo o estado en1895. Na actualidade, as directrices do sistema educativo público do estado son ditadas poloConsello Escolar do Estado. Cada cidade debe organizar o seu propio sistema de escolas públicas pero, en comunidades pequenas de máis para facelo, este servizo é fornecido polo condado. A escola é obrigatoria entre os 8 e os 18 anos.
A primeirabiblioteca pública construíuse en1853, na actual capital,Olympia. Na actualidade, a gran maioría das cidades e vilas posúe cando menos unha biblioteca pública.
A primeira institución de educación superior foi inaugurada en1861. Hoxe en día, o estado posúe 25 institucións de educación superior, entreuniversidades eescolas politécnicas. Seattle destaca como o maior polo educativo .
Grazas á súa localización estratéxica, próxima aAlasca,Hawai eAsia, Seattle tornouse nun gran centroaeroportuario eportuario americano. Diversos voos parten doAeroporto Internacional de Seattle para conectar o país con diversas cidades de Asia, Hawai e Alasca. AAlaska Airlines posúe o seu centro de operacións no Aeroporto Internacional de Seattle. O porto de Seattle é un dos de maior movemento da costa oeste americana.
Cerca de 20 compañíasferroviarias fornecen servizos de transporte de carga e pasaxeiros no estado. Washington posúe preto de 135.000 quilómetros deautoestradas eestradas. Alén diso, o estado administra a maior compañía deferries do mundo, que conecta Seattle con cidades localizadas en illas dodelta do Río Columbia.
Na actualidade, Washington conta con preto de 200xornais, dos cales 25 son diarios. No estado funcionan preto de 200 emisoras deradio e 25 emisoras detelevisión.