Walter Wesley Hill, nado enLong Beach (California) o10 de xaneiro de1942, é un director, guionista e produtor de cinemaestadounidense, coñecido polos seus filmes de acción e pola revitalización do xénero dowestern.
Hill naceu en California en 1942. En varias entrevistas contoou que de neno sufría deasma, razón pola que tivo moitos problemas para rematar a escola.[1] O seu avó era perforador de petróleo e isto influíu para que máis tarde el traballase tamén nese labor.
Viviu e cursou estudos de arte naUniversidade das Américas naCidade de México.[2][3] Posteriormente cambiouse áUniversidade Estatal de Míchigan, onde se licenciou en historia.[4][1]
Ata 1968 só fixo unha incursión no cinema, como segundo axudante de dirección no filmeThe Thomas Crown Affair.[5][6] Foi tamén segundo axudante de dirección (sen acreditar) ese mesmo ano enBullitt,[7] e enTake the Money and Run (1969) traballou igualmente conWoody Allen, aínda que dixo que non lembraba facer moito á parte de pasar páxinas e encher tarxetas de tempo.[1]
Desde o principio amosou inclinación á escritura de guións. O primeiro foi dunwestern tituladoLloyd Williams and His Brother;[8] non chegou a adaptarse á pantalla grande, mais gustó áWarner Bros, que lle fixo máis encargas. Despois escribiuThe Getaway[1][9] eHickey and Boggs, que se levaron ao cinema en 1972. O seu debut como director non chegou ata 1975 conHard Times.[10] En 1979 escribiu e dirixiuOs guerreiros, que se converteu nunha das súas obras máis destacadas e nunfilme de culto nos Estados Unidos. Estaba baseado nunha novela deSol Yurick, inspirada á súa vez no relato daAnábase, deXenofonte.
A súa paixón sempre foi o western, e o seu referente fundamental a obra deJohn Ford, aínda que moitos dos seus éxitos fan parte do cinema policíaco e da comedia. Os seus filmes adoitan presentar situacións en que as personaxes principais se atopan baixo unha forte presión. A súa vida habitualmente é complicada e dá a sensación de que sempre foi así. Con frecuencia as súas personaxes masculinas viven ao seu xeito, sen confianza na natureza humana.
Hill constituíu xunto conSteven Spielberg,George Lucas,John Milius,Brian De Palma,Martin Scorsese,Paul Schrader ouFrancis Ford Coppola a xeración de cineastas da década de 1970 que modernizou ocinema estadounidense.
Hill casou con Hildy Gottlieb, axente de talentos daInternational Creative Management naTavern on the Green de Nova York o 7 de setembro de 1986. Tiveron dúas fillas, Joanna e Miranda.[11]
Ano | Título | Función | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|
Director | Guionista | Produtor | |||
1972 | Hickey & Boggs | Non | Si | Non | |
The Getaway | Non | Si | Non | ||
1973 | The Mackintosh Man | Non | Si | Non | |
The Thief Who Came to Dinner | Non | Si | Non | ||
1975 | The Drowning Pool | Non | Si | Non | |
Hard Times | Si | Si | Non | ||
1978 | The Driver | Si | Si | Non | |
1979 | Os guerreiros | Si | Si | Non | |
1980 | Bandidos de lenda | Si | Non | Non | |
1981 | Southern Comfort | Si | Si | Non | |
1982 | 48 Hrs. | Si | Si | Non | |
1984 | Streets of Fire | Si | Si | Non | |
1985 | Brewster's Millions | Si | Non | Non | |
1986 | Crossroads | Si | Non | Non | |
Blue City | Non | Si | Si | ||
Aliens | Non | Argumento | Non | ||
1987 | Traición sen límite | Si | Non | Non | |
1988 | Red Heat | Si | Si | Si | |
1989 | Johnny Handsome | Si | Non | Non | |
1990 | 48 horas máis | Si | Non | Non | |
1992 | Alien 3 | Non | Si | Si | |
Trespass | Si | Non | Non | ||
1993 | Xerónimo | Si | Non | Si | |
1994 | The Getaway | Non | Si | Non | |
1995 | Wild Bill | Si | Si | Si | |
1996 | O último home íntegro | Si | Si | Si | |
2000 | Supernova | Si | Non | Non | Acreditado como "Thomas Lee" |
2002 | Invicto | Si | Si | Si | |
2012 | Bullet to the Head | Si | Non | Non | |
2016 | The Assignment | Si | Si | Non | |
TBA | Dead for a Dollar | Si | Si | Non |