Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Wallmapuwen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wallmapuwen
Movemento indixenista mapuche.
Dirixentes e organización
PresidenteEulojio Ignacio Astete Nahuelcoy
Historia
Fundación9 de abril de2005
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismomapuche
Indixenismo
Esquerda
Outros datos
SedeCarrera N° 165, Temuco
Na rede
http://www.wallmapuwen.cl/

Wallmapuwen[1] (que quere dicir «os integrantes doWallmapu» enmapuche; ou tamén traducido como «compatriotas do país mapuche»)[2] é un movemento políticoindixenistamapuche. Con sede enTemuco,Chile, estivo constituído legalmente comopartido político entre 2016 e 2017.

Historia

[editar |editar a fonte]

Este partido orixinouse a partir dun núcleo fundador no mes de abril de 2005. En agosto dese mesmo ano, asinou a súa declaración de principios e en outubro realizou unha reunión para darse a coñecer publicamente. O 4 de novembro de 2006, lanzou as súas bases programáticas na cidade deTemuco, e un ano máis tarde, o 24 de novembro de 2007, nun acto público na mesma cidade, subscribiu a acta da súa inscrición perante o Servizo Electoral (Servel), constituíndose no primeiro proxecto de partido político propiamente mapuche da historia deste pobo en inscribirse legalmente. A súa inscrición foi rexeitada en seis ocasións.[3]

O 11 de xullo de 2015 foi creado oficialmente o partido, e o 30 de outubro dese mesmo ano foi declarado como «partido político en formación» polo Servel, comezando o proceso de recollida de sinatura para constituírse de maneira legal.[1] Presentaron arredor de 1 300 sinaturas o 21 de abril de 2016, e o 2 de xuño o Servizo Electoral inscribiu legalmente o partido naRexión de Araucanía.[4] Porén, ao non ter o número mínimo de militantes, o Servel anunciou o 27 de abril de 2017 que o partido sería disolto ao non chegar ao número mínimo de militantes en tres rexións contiguas ou oito discontiguas.[5][6]

Ideoloxía e propostas

[editar |editar a fonte]
BandeiraWenufoye creada en 1992 pola organización indixenista denominada "Consello de Tódalas Terras"; principal símbolo do movemento autonomista mapuche, en Chile (principalmente) e na Arxentina.

Wallmapuwen ten unha ideoloxía deesquerda, democrática,nacionalista mapuche,autonomista elaica. O seu principal obxectivo é acadar, no marco dun Estado plurinacional, plurilingüístico e descentralizado enChile, un estatuto de autonomía para aRexión de Araucanía, máis algunhas comunas adxacentes das rexións deBiobío e deLos Ríos, a cal denominanWallmapu (literalmente «Territorio circundante», é dicir, a área tradicional de asentamento mapuche durante os séculos XIX e XX). Deste xeito, Wallmapuwen procura centrar a vida política mapuche no seu propio territorio. Tamén busca a cooficialidade domapuche, o principal trazo de identidade do pobo mapuche, na rexión autónoma, seguindo o exemplo dasnacionalidades históricas e o modelo dascomunidades autónomas enEspaña.

Wallmapuwen estabeleceu acordos de cooperación con outras forzas políticas comoEsquerra Republicana de Catalunya (ERC), oBloque Nacionalista Galego (BNG), ámbolos dous enEspaña, e aUnión Democrática Bretoa (UDB), enFrancia. Durante 2007, estabeleceu relacións coaAlianza Libre Europea (ALE), partido político con representación noParlamento Europeo, conformado por unha trintena de partidos independentistas, autonomistas e rexionalistas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"Extracto escritura de conformación partido político en formación "Wallmapuwen"".Servicio Electoral de Chile. 30 de outubro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  2. "Fundarán el primer partido político Mapuche en Chile".EMOL. 16 de febreiro de 2006. Arquivado dendeo orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  3. "Wallmapuwen: a un paso de ser el primer partido político territorial del país".La Tercera. 29 de xuño de 2015. Arquivado dendeo orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  4. "Wallmapuwen: primer partido mapuche se constituye con reivindicación autonomista".La Tercera. 20 de xuño de 2016. Arquivado dendeo orixinal o 20 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016. 
  5. "Servel disolvió seis partidos políticos por no cumplir con refichaje".Cooperativa. 27 de abril de 2017. Consultado o 28 de abril de 2017. 
  6. "Servel disolvió a Wallmapuwen por no lograr constituirse como un partido político".BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile(encastelán). 28 de abril de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wallmapuwen&oldid=6666731»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp