Owalkman® é unreprodutor de sonestéreo portátil lanzado ao mercado pola compañíaxaponesaSony en1979.
O primeiro modelo foi o TPS-L2. Deste modelo e os seus posteriores revisións, Sony vendeu millóns de unidades, aínda que cando apareceu, poucos podían permitirse un debido ao seu elevado prezo. O walkman permitía obter calidade de son, similar á dun equipo caseiro, sen ser tan voluminoso.
A ampla difusión do walkman tamén cambiou radicalmente o negocio dos tocadiscos e deulle o primeiro golpe aodisco de vinilo, xa que o casete era máis fácil de reproducir e máis económico. O walkman é todo unsímbolo dosanos 80.
AAndreas Pavel, inventor alemán-brasileiro, atribúeselle a invención do primeiro reprodutor deson estéreo portátil en 1972.
Pavel estudou filosofía e participou en varios movementos intelectuais e creativos, era un grande amante da música e o feito de que se desprazase constantemente leváronlle a idear o seu "cinto estéreo".
Durante a ditadura militar se exiliou en Europa, intento vender a súa idea a varias empresas pero estas non viron a súa idea con bos ollos e Pavel acabou por patentar o seu invento.
Sony comezou negociacións con Pavel sobre a propiedade intelectual da invención, e recoñeceu, en 1986, que lle serían pagas regalías polo seu invento, sen recoñecerse a propiedade intelectual.
Curiosamente, segundo contaron os fundadores de Sony, a súa creación debeuse a que nunha calorosa mañá de 1979, aAkio Morita (un dos fundadores de Sony) entráronlle ganas de escoitar música mentres corría, polo que inmediatamente buscou a forma de facer realidade ese desexo. Para iso, extraeu o circuíto de gravación dunmagnetófono e colocou un amplificador estéreo cuns cascos. Pero no libro autobiográficoMade in Japan que Akio Morita publicou en 1986, di:
Co paso dos anos Sony cambiou a súa versión en2005, trala morte de Akio Morita, nun xuízo enGran Bretaña ondeAndreas Pavel esixía ser recoñecido como o inventor orixinal do aparello. Tras ese xuízo, Sony aceptou pagar a Pavel os dereitos que lle correspondían e regalías pola invención, nunha cifra non divulgada.
A partir do 2006, Sony lanzou novos reprodutores Walkman e optaron tamén por transferir a marca Walkman ás súas teléfonos móbiles Sony Ericsson Walkman, reprodutores de música que se sincronizan co Windows Media Player de Windows.