Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

World Wrestling Entertainment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «WWE»)

World Wrestling Entertainment, comunmente coñecida comoWWE, é a promoción deloita libre máis grande do mundo. Actualmente é unha compañía pública nabolsa de valores, na que a gran maioría das accións votantes (70%) pertencen ó presidenteVince McMahon, a súa muller e Principal Oficial Executivo Linda McMahon, ao seu fillo e vicepresidente de Información Global, Shane McMahon, e a súa filla e vicepresidente de Obras Creativas, Stephanie McMahon-Levesque. As oficinas da WWE atópanse enStamford,Connecticut,Estados Unidos.

Ao largo da súa historia a World Wrestling Entertainment levou os seguintes nomes: Capitol Wrestling Corporation, World Wide Wrestling Federation (WWWF) e World Wrestling Federation, ou WWF.

Comezos da WWF

[editar |editar a fonte]

En1980 Vincent K. McMahon fundouTitan Sports, Inc. e en1982 comprou a empresaCapitol Sports de seu pai,Vincent J. McMahon. Desde os 12 anos de idade, Vince envolveuse no negocio da loita libre até que seu pai decidiu retirarse. O vello McMahon xa consolidara o territorio donordeste como un dos membros máis recoñecidos e enérxicos daNational Wrestling Alliance, ao recoñecer que a loita libre profesional era máis entretemento cadeporte. En contra dos desexos de seu pai, McMahon comezou un proceso de expansión.

Outros promotores enfurecéronse cando McMahon comezou a sindicar os eventos da WWF a estacións detelevisión ao redor dos Estados Unidos, en áreas fóra do territorio tradicional da WWF (o nordeste). McMahon tamén comezou a vender cintas devídeo dos eventos da WWF do Nordeste por medio da súa compañía de distribuciónColiseum Video. Ademais McMahon usou os ingresos xerados polapublicidade, contratos televisivos e vendas de cintas para roubarlles talentos aos promotores rivais.

De acordo con varios informes, Vincent pai advertiulle o seu fillo que non continuase coas súas accións. Porén, McMahon tiña a ambición de mover a WWF ao redor da nación. Tal acción requiría un grandeinvestimento decapital, unha cantidade tal que podía pór á WWF ó bordo dun colapso financeiro. O concepto novo de entretemento deportivo de McMahon,Wrestlemania, foi un evento depay-pew-view que Vincent K. McMahon publicitou como o Super Bowl da loita libre profesional.

O concepto dunha super carteleira de loita libre non era novo en Norteamérica. A NWA realizabaStarrcade desde había varios anos antes de WrestleMania, e até o vello Vincent K. McMahon promocionara grandes carteleiras noShea Stadium deNova York, transmitidas por circuíto fechado en varios lugares. McMahon quería levar a WWF aos canais principais, impactando opúblico xeral, que non era fanático da loita libre. Obtivo o interese dosmedios principais tras invitar a celebridades comoMr. T eCyndi Lauper a participar.MTV, en particular, tiña unha gran cobertura e programación da WWF naqueles momentos, no que foi chamado aRock 'n' Wrestling Connection (conexiónrock e loita libre).

Formación da WWE

[editar |editar a fonte]

A WWE formouse no2001, trala compra das acción daECW e daWCW por parte da WWF, despois de que entrasen enbancarrota. A adquisición levouse a cabo mediante a storyline -invansión- na que os loitadores da ECW xunto cos da WCW se enfrontaban aos da WWF. Esta loita saldouse coa vitoria por parte da WWF no eventoSurvivor Series dese mesmo ano. Posteriormente a WWE dividiu os seus loitadores en dous equipos:RAW, programa televisado os luns, eSmackdown, programa televisado os venres. Cada equipo tería os seus propios ppv, coa excepción deRoyal Rumble,Wrestlemania,Summerslam eSurvivor Series, dos que formarían parte ambos. No2006 a WWE formou un novo equipo que levaba as siglas de ECW e, ó igual que a antiga. Estivo liderado porPaul Heyman até decembro do2006. Coa súa formación os loitadores da ECW enfrontáronse aos da WWE.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=World_Wrestling_Entertainment&oldid=6575508»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp