Vostok 5 | |
---|---|
![]() Cápsula de retorno da Vostok 5 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 14 de xuño de 1963, 11:58GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok 8K72K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 4,96 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo en formación coaVostok 6.[2][6] |
Regreso | 19 de xuño de 1963[1][6] |
NSSDC ID | 1963-020A |
Masa | 4720,0 kg[2][5][6] |
Vostok 5 foi o nome da quinta misión tripulada da Historia, conValeri Bikovski a bordo. Foi lanzada polaUnión Soviética o14 de xuño de1963 mediante un fogueteVostok 8K72K desde ocosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
A misión de Vostok 5 foi realizar a quinta misión orbital tripulada da Historia e o segundo voo en formación xunto coaVostok 6. A Vostok 5 foi lanzada en primeiro lugar, e a 6 dous días máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 6 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os douscosmonautas, Bykovskiy na Vostok 5 eValentina Tereshkova (a primeira muller no espazo) na 6, chegaron a contactar por radio, pero dado que as navesVostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A nave regresou á Terra o 19 de xuño de 1963 ás 11:06GMT, varios días antes do planificado debido varios problemas menores, na rexión deKaraganda.[2][3][4][5]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vostok 5![]() |