Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Volgogrado

Coord.:48°42′31″N44°30′53″L / 48.7086,44.5147
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVolgogrado
Волгоград (ru)Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeВолжская твердыняEditar o valor en Wikidata
EpónimoRío VolgaEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 48°42′31″N44°30′53″L / 48.7086,44.5147
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Volgogrado
Distrito urbanoVolgograd Urban Okrug(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.012.219(2025)Editar o valor en Wikidata (1.178,37hab./km²)
Xeografía
Superficie859 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío VolgaEditar o valor en Wikidata
Altitude80 mEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorZasekin(en)Traducir,Roman Vasilevich Alferev(en)Traducir eIvan Nashchokin(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Creación1589Editar o valor en Wikidata
Evento clave
23 de agosto de 1942Batalla de StalingradoEditar o valor en Wikidata
Santo padrónAlexandre NevskiEditar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAndrej Kosolapov(en)Traducir(2014–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal400001–400138Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico8442Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO18701000001Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO18401000000Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Sitio do Patrimonio Cultural de Rusia

Sitio webvolgadmin.ruEditar o valor en Wikidata
BNE: XX457360
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Volgogrado[1] (enruso,Волгоград; VolgogradRu-Volgograd.ogg/vɐlɡəˈɡrat/ (axuda · info)) é unha cidade situada naFederación Rusa e antigamente chamadaTsaritsyn entre 1598 e 1925 eStalingrado entre 1925 e 1961.[2] Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríosVolga eTsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza no norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas dasegunda guerra mundial, abatalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

Historia

[editar |editar a fonte]
A cidade en1623.

Fundada en1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado dorío Tsaritsa (dotártaroSary Su,Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada poloscosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais doVolga.

Durante aguerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por serStalin quen a conquistou para oExército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante asegunda guerra mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], abatalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na segunda guerra mundial tanto para o sostemento da resistencia daUnión Soviética contra o Exército deAdolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais de recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, unha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino UnidoXurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamadoMamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, tales como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da películaInimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Volgogrado
A Galipedia ten unportal sobre:Rusia


Control de autoridades
  1. "Volgogrado".Diciopedia do século 213.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 2196. 
  2. "Stalingrado".Diciopedia do século 213.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 1967. 
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Volgogrado&oldid=7310178»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp