Volaris | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA Y4 | OACI VOI | Indicativo VOLARIS |
Fundación | 2004 | |
Inicio das operacións | 2005 | |
Plan de voo frecuente | VClub | |
Frota | 67 | |
Destinos | 65 | |
Eslogan da compañía | Precios que te hacen viajar | |
Sede | Cidade de México | |
Páxina web:http://www.volaris.mx/ |
Volaris, legalmenteConcesionaria Vuela Compañía de Aviación, S.A.B. de C.V., é unhaaeroliña de baixo custo mexicana baseada no distrito de Santa Fe, naCidade de México. Ten centros de conexións enGuadalaxara, Cidade de México eTijuana e cidades focais enCancún,Os Ánxeles eMonterrey. É a segunda aeroliña máis grande do país despois deAeroméxico e opera voos domésticos e internacionais dentro do continente americano. Volaris ten unha cota de mecado do 21% no tráfico doméstico deMéxico.[1][2]
A fase de pre-operacións da aeroliña (fundación das entidades legais e establecemento da infraestrutura requirida) comezou en agosto de2005 baixo o nome Vuela Airlines. Os principais accionistas iniciais da compañía foron oGrupo Televisa (o maior conglomerado de medios en casteln do mundo), Inbursa (unha compañía de seguros pertencente aCarlos Slim),Avianca (entón TACA Airlines) e o Discovery Americas Fund. Cada un deles investiron o 25% do custo inicial das actividades, 100 millóns de dólares. En xullo de2010 anunciouse que Televisa e Inbursa venderan as súas accións en Volaris quedando como accionistas TACA Airlines, o fondo de investimento Discovery Americas e Indigo Partners, fondo dirixido polo antigo CEO deAmerica West Airlines Bill Franke.[3]
A venda de billetes comezou o12 de xaneiro de2006, e, tras a entrega do primeiro avión da aeroliña, o primeiro voo (non comercial) operouse no mes de febreiro. Os voos regulares comerciais iniciáronse o día13 de marzo, sendo o primeiro entreToluca eTijuana.[4]
Inicialmente a aeroliña evitou voar áCidade de México debido á que era un aeroporto conxestionado e caro. A aeroliña fíxose co control de variosslots que pertenceran á defuntaMexicana e ás súas subsidiariasMexicanaClick eMexicanaLink, iniciando un servizo en marzo de2010 cara Tijuana.[5] En marzo de2011 a compañía anunciou que o seu centro de conexións de Toluca se trasladaría aGuadalaxara.
O5 de xuño de2012 a aeroliña lanzou un programa de viaxeiro frecuente chamado VClub. Ao día seguinePayPal converteuse nunhaalternativa de pago para a aeroliña, permitindo aos seus clientes mercar billetes directamente dende a páxina web da compañía.[6] O17 de setembro Volaris anunciou unha asociación de código compartido coa aeroliña alemáCondor Flugdienst.[7]
O13 de marzo de2013 Volaris celebrou o seu sétimo aniversario ofrecendo aos pasaxeiros un 70% de desconto en todos os seus voos, e ven facendo o mesmo todos os anos dende entón. Volaris anunciou a creación dunha subsidiaria,Volaris Costa Rica, en marzo de2016.[8][9] A nova aeroliña, baseada noaeroporto Juan Santamaría deSan Xosé, comezou a operar en novembro dese ano.[10]
En marzo de2018 a frota de Volaris estaba formada polos seguintes avións:[11]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A319-100 | 8 | — | 144 | |
Airbus A320-200 | 43 | 8 | 174 | |
Airbus A320neo | 6 | 80 | 186 | |
Airbus A321-200 | 10 | — | 220 | |
Airbus A321neo | 1 | 40 | 220 | |
Total | 67 | 128 |
O15 de novembro de2017, durante oDubai Airshow 2017 Indigo Partners anunciou un pedido por 430 avións da familiaAirbus A320neo, dos cales 80 serán para Volaris: 46 A320neo e 34 A321neo.[12]