Vodafone é unha empresa británica de telecomunicacións que opera en 30 países directamente e noutros 40 como asociada. É o segundo operador de telecomunicacións mundial, tiña en decembro de 2011 máis de 439 millóns de clientes. En España mercou o operadorAirtel para despois empregar o nome de Vodafone.
O nome da empresa vén devoicedatafone, elixido para reflectir o servizo de voz e datos para telefonía móbil. O logo empregado de icona é unha burbulla tridimensional cunha coma simple, para facer referencia ao concepto de "Falar".
As orixes da empresa están en 1982 coa creación da filialRacal Strategic Radio Ltd de Racal Electronics plc, o maior fabricante británico de tecnoloxía de radio militar. A empresa asociouse con Millicom pasando a chamarse Racal Vodafone, para máis tarde trocar o nome a Vodafone.