Unhavoda,[1] tamén chamadacasoiro,[2]casamento,[3]esposorio[4],himeneo[5] ounupcias[6] é unhacerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo dematrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo dorito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
EnGaliza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo doséculo XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corterelixioso.[7] En2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o ritocatólico.[7]