Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Vladimir Vladimirovich Putin (enruso:Владимир Владимирович Путин), nado enLeningrado o7 de outubro de1952, é un políticoruso e antigo oficial de intelixencia que é o actualpresidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008.[1] Tamén foiprimeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois deAliaksandr Lukašenka da veciñaBelarús.
Putin naceu en Leningrado (hoxeSan Petersburgo) e estudou Dereito naUniversidade Estatal de Leningrado, graduándose en 1975. Traballou como oficial de intelixencia estranxeira daKGB durante 16 anos, chegando ao rango detenente coronel, antes de dimitir en 1991 para comezar unha carreira política en San Petersburgo. Trasladouse aMoscova en 1996 para unirse á administración do presidenteBoris Eltsin. Foi brevemente director doServizo Federal de Seguridade e secretario doConsello de Seguridade, antes de ser nomeado primeiro ministro en agosto de 1999. Despois da dimisión de Eltsin, Putin converteuse en presidente en funcións, e menos de catro meses despoisfoi elixido de forma definitiva para o seu primeiro mandato como presidente e foireelixido en 2004. Como entón estaba constitucionalmente limitado a dous mandatos consecutivos como presidente, Putin volveu ser primeiro ministro de 2008 a 2012 baixoDmitrii Medvedev, e volveu á presidencia en 2012 naseleccións presidenciais de Rusia de 2012, as cales foron empañadas por acusacións de fraude e protestas; foi reelixidode novo en 2018. En abril de 2021, tras un referendo, asinou as emendas constitucionais, incluíndo unha que lle permitiría presentarse á reelección dúas veces máis, o cal podería estender potencialmente a súa presidencia ata 2036.[2][3]
Durante o primeiro mandato de Putin como presidente, aeconomía rusa creceu durante oito anos consecutivos, coPIB medido polopoder adquisitivo aumentando nun 72%; a satisfacción coa vida autoavaliada rusa aumentou significativamente.[4] O crecemento foi o resultado dun quintuplicado noprezo do petróleo e do gas, que constitúen a maioría das exportacións rusas, a recuperación da depresión postcomunista e da crise financeira de 1998, así como un aumento do investimento estranxeiro,[5] ademais de políticas económicas e fiscais prudentes.[6][7] Putin tamén levou a Rusia á vitoria nasegunda guerra chechena. Serviu como primeiro ministro baixo Medvedev, supervisou a reforma militar e a reforma policial, así como a vitoria de Rusia noconflito de Osetia do Sur de 2008. Durante o seu terceiro mandato como presidente, a caída dos prezos do petróleo xunto coas sancións internacionais impostas a principios de 2014 despois de que Rusia lanzara unhaintervención militar en Ucraína e anexionase apenínsula de Crimea levaron a contracción da economía un 3,7% en 2015, aínda que a economía rusa repuntou en 2016 cun crecemento do PIB do 0,3%.[8] Durante o seu cuarto mandato como presidente, apandemia de COVID-19 golpeou Rusia, e Putin ordenou unhainvasión a grande escala de Ucraína en 2022, o que provocou que se impuxesen novas sancións contra Rusia e unha nova crise financeira. Outros desenvolvementos baixo Putin incluíron a construción degasodutos, a restauración do sistema de navegación por satéliteGLONASS e a construción de infraestruturas para eventos internacionais como osXogos Olímpicos de Inverno de 2014 enSochi e aMundial de Fútbol de 2018.
Despois de rematar os seus estudos deDereito na universidade da súa cidade natal, entra noKGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De1985 a1990 traballa enDresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en1989 retorna a Leningrado en1990. Durante algúns meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser condutor de taxi.
Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir dexuño de1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar investidores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.
O20 de agosto de1991, durante o putsch deMoscova, Putin renunciou oficialmente ó KGB. De1994 a1996 foipremier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.
En agosto de 1996 foi nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidenteBoris Eltsin. A partir de marzo de1997, foi un dos adxuntos do xefe da administración presidencial. En xullo de1998 foi nomeado director doFSB (Servizo Federal de Seguridade) que sucede ó KGB. En 1999 comezou o seu fulgurante ascenso. En agosto foi nomeado primeiro ministro de Eltsin, que decidiu facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordenou o reinicio das hostilidades conChechenia. É o comezo dasegunda guerra chechena, que o converte no político máis popular de Rusia.
O31 de decembro de1999, tras a renuncia do presidente Boris Eltsin, Putin converteuse en presidente interino. O26 de marzo de2000, nas eleccións presidenciais adiantadas, Putin foi elixido presidente daFederación Rusa na primeira volta co 53% dos votos. Iniciou as súas funcións o7 de maio.
↑Guriev, Sergei; Tsyvinski, Aleh (2010). "Challenges Facing the Russian Economy after the Crisis". En Anders Åslund; Sergei Guriev; Andrew C. Kuchins.Russia After the Global Economic Crisis. Peterson Institute for International Economics; Centre for Strategic and International Studies; New Economic School. pp. 12–13.ISBN978-0-88132-497-6.