Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Visigodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2022.)
Visigodos
 Instancia de
 Relixión
Identificadores
Freebase/m/07zykEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Migracións dos visigodos

O pobo dosgodos foi nomeado xa porTácito, que os chamouGotones. Entón habitaban o Norte deXermania, en terras que antes poboaronBoii,Getae eScythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana esármata) e dominaron oDanubio dende oTheiß -enalemán- ouTisza aoDon e doPonto aomar Báltico.

O pobo que veu do norte

[editar |editar a fonte]
Evolución do reino visigótico até oséculo VI:
: reino orixinal de Tolosa
 : Extensión no século VI
: territorio perdido en Vouillé en507
: conquista do reino suevo en575
Fíbula aquiliforme visigótica (s. VI,M.A.N.,Madrid).

Integraron a nación dos godos pobos diversos:hérulos,ruxios,lemovios, esciros,helvecóns,sidenios,turcilingos,xépidos,vándalos e outros, algúns dos cales acabaron desaparecendo no conxunto, mentres outros formaron os seus propios grupos. Osgodos, propiamente ditos, dividíanse enTheruingi (Tervingos) eGreuthungi (ostrogodos). Os primeiros poboaron o territorio entre osmontes Cárpatos e orío Dniéper e os segundos as estepas ucraínas ao Leste do Dnieper. Así este río servía de límite entre ambos grupos e osTheruingi foron chamadoswest gohts (visigodos) por situarse en Occidente (West en xermano), e osGreuthungi foron chamadosost gohts (ostrogodos) por situarse no Leste (Ost en xermano). Outra versión atribúe a denominación visigodos á palabra xermanawisgohts, traducida porhomes fortes.

Osvisigodos ("Godos do Oeste" –alemánWestgoten ouVisigoten- en comparación cosostrogodos -alemánOstgoten -; compárese o paralelismo do nome deAustria en alemán que éÖsterreich ou "reino do leste"- ou "Godos do Leste") foron unpobo xermánico que penetrou noImperio Romano tardío. Os visigodos foron a póla occidental dos pobosgodos. Logo da caída doImperio Romano de Occidente, os visigodos tiveron un papel importante enEuropa durante os 250 anos que seguiron. Os godos, aproveitando a pasividade dos emperadores romanos con respecto aXermania, establecéronse alí tranquilamente, ata que a principios doséculo III se instalaron na beira domar Negro, na zona deCrimea, de onde foron expulsados poloshunos en376. Para entón os godos dividíranse xa en dous grupos: visigodos eostrogodos.

Durante oséculo III ambos grupos efectuaron incursións contra o Imperio, destacando as do251 (contraMesia eTracia), a do258-259 (contra a costa doMar Negro,Propóntide, as illas doExeo,Éfeso,Atenas e outros puntos) e a do269 (contraCreta,Chipre,Tesalónica e outros puntos). O ano270Aureliano tivo que abandonar a marxe esquerda dorío Danubio (Dacia) cesando entón as súas incursións e ocupando os godos esta provincia.

Cristianización

[editar |editar a fonte]

Obispo godoUlfilas traduciu aBiblia aogótico e en gran medida foi responsábel da conversión dos godos aoarianismo (que a mediados doséculo IV contou co favor imperial en Oriente), cara ao370 xa foran cristianizados, e estaban gobernados por un rei chamadoHermanrico ou Ermrich, o primeiro rei histórico da dinastía dosAmalos, quen tivo que se enfrontar aoshunos dirixidos porBalamir no375. Hermanrico, xa ancián, foi gravemente ferido nun atentado e suicidouse antes dunha inminente derrota, sucedéndooWitimiro ou Winithar, cuxo intento de resistir aos hunos non tivo éxito e el mesmo resultou morto. Os magnatesostrogodos elixiron un novo rei para o seu pobo (a dinastía lexítima ostrogoda dos Amalos preconizaba o mantemento da unidade de todos os grupos godos, baixo a súa dirección) e sometéronse aos hunos. Pero os visigodos, que eran uns douscentos mil, reuníronse na beira norte do Danubio e pediron ao Imperio, contra o que combateran uns anos antes, que os aceptasen nos seus territorios e lles outorgasen terras onde se asentaren. Unha parte dos ostrogodos, a cuxo fronte figuraba o xove reiViderico, da dinastía lexítima dosAmalos, marchou cos visigodos, e un dos seus descendentes enlazou anos despois coa dinastía ostrogoda (en tempos deTeodorico o Grande).

Ao grupo (esencialmente formado por visigodos) permitíuselle asentarse na beira Sur doDanubio e osBalcáns (Tracia eMoesia). Moitos dos que se asentaron en Moesia convertéronse en campesiños e foron coñecidos comomesogodos. Parece ser que existía un xefe ou xuíz chamadoAtanarico, pero foi suplantado por Fritigern ouFritixerno, que eraariano e contou con axuda do emperadorValente (tamén ariano). Pero a explotación a que foron sometidos polos funcionarios imperiais e por xefes militares romanos creoulles unha situación insostíbel para o seu orgullo. Fritixerno e os magnates visigodos presentarían queixas e o xeneral romano Lucipino intentou asasinar a Fritixerno durante un banquete; o intento fracasou e Lucipino resultou morto. Fritixerno e os visigodos rebeláronse (377) enMarcianópolis (Moesia Inferior), vencendo ás forzas imperiais enAdrianópolis (o9 de agosto do378), combate no que morreu o Emperador Valente. O seu sucesor,Teodosio, tras combater contra eles algún tempo, axustou con eles a paz (381), pero tivo que asentalos máis firmemente no Imperio e darlles un papel importante no exército. Fritixerno parece gobernar ata despois do380, e a sucesión debeu recaer enBadengaudo, da familia dosBaltos. Aínda que o arianismo foi condenado pola Igrexa desde o381, os visigodos conserváronse fieis a esta doutrina. Os godos tiveron como primeiro bispo aUlfilas, que traduciu a Biblia ao gótico. Os visigodos obtiveron unha participación destacada nas guerras civís do388 (contraMáximo) e394 (contra o pagánUxío). Cando morreuTeodosio (17 de xaneiro de395) os visigodos estaban gobernados porAlarico I, fillo de Badengaudo; Alarico foi o primeiro que gobernou sobre a totalidade dos visigodos e con el restaurouse plenamente a dinastía dos Balthos ou Baltos. Alarico atacouConstantinopla e abordelouGrecia (395 e396). O xeneralEstilicón logrou expulsalos deGrecia, pero o Emperador, medorento do poder do xeneral, designou a Alarico gobernador deIliria, logrando con iso cinco anos de paz (396 a401).

O saqueo de Roma

[editar |editar a fonte]

En401 Alarico marchou contraItalia, pero foi vencido preto dePollentia (6 de abril do402) e despois enVerona. Probabelmente Estilicón negociou conAlarico a súa axuda contra outros bárbaros comoRadagaiso, e crese que lle foi ofrecida a confirmación comoMagister militum e gobernador deIliria, cuns límites que entraban en contradición coas reivindicacións territoriais de Oriente. O partido nacionalista romano, talvez instigado polo goberno deConstantinopla, acusou a Estilicón de preparar a entrega do Imperio a Alarico, e urdiu un complot. Estalou unha revolta de tropas que obrigou a Estilicón a se refuxiar nunha Igrexa, sendo asasinado no momento de saír (tras prometérselle que salvaría a vida se saía) por Olimpo, baixo ordes do EmperadorHonorio (23 de agosto do 408). Alarico regresou a Italia e obtivo novas concesións de Honorio que se estableceu enRávena, pero unha vez que se retiraron os visigodos, Honorio non mantivo as súas promesas. Os visigodos marcharon cara aRoma e apoiaron a proclamación dun usurpador chamadoPrisco Atalo (409), que era de orixe xonia e probabelmente ariano, o cal concedeu a Alarico o título deMagister militum. Pero Atalo non quixo ou non puido cumprir as súas promesas e o rei visigodo regresou a Roma, depuxo ao usurpador (14 de agosto do410) e os seus homessaquearon a cidade eterna durante tres días, tras o cal abandonárona levándose con eles a Atalo e aGala Placidia, irmá de Honorio. De Roma pasaron ao Sur devastando Campania, Apulia eCalabria. Alarico morreu no sitio deCosenza (410) e sucedeuno o seu cuñadoAtaúlfo. Este pactou con Honorio a saída de Italia a cambio da concesión do goberno das Galias (territorios que escapaban do control de Roma, pois se someteron aConstantino).

Os visigodos baixo Ataúlfo deixaron Italia (412) e foron ao sur de Galia e o norte deHispania.

As longas e complexas loitas deAtaúlfo para dominar o sur das Galias ocupáronlle varios anos (411 a414). No 414 o rei Ataúlfo, que tras unha alianza con Honorio e coMagister militum Constancio, volvera actuar pola súa conta, casou con Gala Placidia, irmá de Honorio. Constancio foi enviado á zona e os visigodos foron derrotados enNarbona. Constancio logrou desviar a Ataúlfo cara a Hispania (o que lle permitía conservar o sur da Galia), e os visigodos entraron na Tarraconense o415. No416 Ataúlfo propuxo unha alianza co Imperio, en nome do cal se había encargar de combater aossuevos,alanos evándalosasdingos esilingos que ocupaban as provincias de Hispania, excepto a Tarraconense. Con tal motivo Ataúlfo trasladouse aBarcino (415 ou 416), pero alí foi asasinado polo escravo Dubius, a quen se supón instigado polo seu sucesorSixerico ou ben polo nobre Barnolfo, suposto amante de Gala Placidia.

A cúspide do poder visigodo foi alcanzada durante o reinado deEurico (466-484), quen completou a conquista de Hispania. En507,Alarico II foi derrotado en Vouillé polosfrancos baixoClodoveo, quen perdeu todas as súas posesións ao norte dosPireneos. Toledo foi declarada a nova capital visigótica, e a historia dos visigodos converteuse esencialmente na historia de Hispania

O Reino Visigodo foi debilitado polas guerras cos francos e os vascos, e a penetración bizantina no sur de Hispania. O reino recobrou o seu vigor ao final da sexta centuria baixoLeovixildo eRecaredo. A conversión destes dous reis ao catolicismo facilitou a fusión das poboacións visigoda e hispano-romana. O reiRecesvinto impuxo (c.654) a lei visigótica común a ambos súbditos, godos e romanos, que ata entón viviran baixo diferentes códigos legais (verleis xermánicas). OsConcilios de Toledo convertéronse na forza principal do estado visigodo, como consecuencia do debilitamento da monarquía.

O reiVamba, sucesor de Recesvinto, foi deposto por unha guerra civil, que logo se tornou nunha contenda xeneralizada a todo o reino. Cando o último rei, Roderico ouRodrigo, alcanzou o trono, os seus rivais chamaron ao líder musulmánTariq ibn Ziyad, quen, coa súa vitoria (711) nunha batalla preto deMedina Sidonia, terminou co Reino Visigodo e inaugura o período musulmán na Historia da Península Ibérica.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:Visigodos

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Visigodos&oldid=7270580»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp