Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Viroide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viroide


Clasificación científica
(sen clasif.):Axentes subvirais
(sen clasif.):Viroide
Familias

Pospiviroidae
Avsunviroidae

Osviroides sonpatóxeno dasplantas aparentemente similares avirus pero que se diferencian deles en que non teñencápside proteica e en que o seu ácido nucleico é sempre ARN circular monocatenario, polo que se pode dicir que son un ARN circular infeccioso. Un viroide consiste simplemente nun curto ARN monocatenario circular duns poucos centos denucleobases e con alta complementariedade, polo que teñen menos de 10.000 átomos en total.[1][2]. En comparación, o xenoma máis pequeno coñecido de virus que pode causar infección ten un tamaño dunhas 2000pares de bases. O patóxeno humano dahepatite D é similar a un viroide pero ten proteínas asociadas ao seu xenoma e pertence a outra categoría, a dos chamadosvirus satélites.[3]

Os viroides foron descubertos e bautizados porTheodor Otto Diener, un patólogo vexetal do Servizo de Investigación Agrícola deMaryland, en 1971.[4][5][6]

O ARN dos viroides non codifica ningunhaproteína,[7] pero pode ter actividade deribozima.[8] Cando infecta as plantas este ARN replícase nelas. O mecanismo de replicación implica aARN polimerase II dohóspede, unencima normalmente asociado coa síntese deARN mensaxeiro a partir deADN, pero que nos viroides actúa catalizando a síntese en "círculo rodante" do novo ARN utilizando como molde o ARN do viroide inicial. Algúns viroides sonribozimas, polo que teñen propiedades catalíticas que lles permiten autocortar e ligar xenomas de tamaño unidade a partir de intermediarios de replicación máis longos,[9] pero outros viroides fan o corte con encimasRNAases da planta. Por tanto, para a súa replicación dependen de encimas do hóspede (pero non dependen doutra especie de virus como os virusoides e satélites).

Outros axentes parecidos son osvirusoides, que precisan infectar á célula xunto con outro virus, do cal dependen para a súa replicación. Polo contrario, o viroide non depende doutro virus.

O primeiro viroide que foi identificado foi oviroide do tubérculo afusado da pataca (PSTVd). En total lévanse identificado algo máis de 30 especies:

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Viroides e silenciamento por ARN

[editar |editar a fonte]

Existiu durante longo tempo unha gran confusión sobre como os viroides poden inducirsíntomas nas plantas sen teren a capacidade de codificación de proteínas nos seus ARN. Agora, diversas evidencias suxiren que neste proceso está implicado osilenciamento por ARN (interferencia de ARN). En primeiro lugar, cambios noxenoma do viroide poden alterar dramaticamente a súavirulencia.[10] Isto reflicte o feito de que calquerasiRNA (ARN interferente pequeno) producido tería unha menor complementariedade de bases para aparearse coARNm diana. En segundo lugar, foron illados das plantas infectadassiRNAs correspondentes con secuencias de xenomas de viroides.[11] Finalmente, a expresióntransxénica dohpRNA (hairpin RNA ou ARN forquita) non infeccioso doviroide do tubérculo afusado da pataca produce na planta todos os síntomas da infección polo viroide.[12]

Estas evidencias indican que cando os viroides se replican por medio dun ARN bicatenario intermediario, son procesados polo encimaDicer e cortados formando siRNAs que son despois incorporados nocomplexo silenciador inducido por ARN. Os siRNAs dos viroides en realidade conteñen secuencias que poden unirsecomplementariamente por apareamento de bases cos ARNm da propia planta, e a indución da degradación ou a inhibición datradución de proteínas é o que causa os síntomas clásicos producidos polos viroides.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Campbell & Reece (2008). Pearson Benjamin Cummings, ed.Biology.ISBN 0-8053-6844-2. 
  2. Wolfram, Stephen."A New Kind of Science".A New Kind of Science. Wolfram Science. Consultado o22 January 2012. 
  3. Rocheleau L, Pelchat M (2006)."The Subviral RNA Database: a toolbox for viroids, the hepatitis delta virus and satellite RNAs research".BMC Microbiol.6: 24.PMC 1413538.PMID 16519798.doi:10.1186/1471-2180-6-24. 
  4. Diener TO (1971)."Potato spindle tuber "virus". IV. A replicating, low molecular weight RNA".Virology45 (2): 411–28.PMID 5095900.doi:10.1016/0042-6822(71)90342-4. 
  5. "ARS Research Timeline - Tracking the Elusive Viroid". 2006-03-02. Consultado o2007-07-18. 
  6. "Discovery of Viroids"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  7. Tsagris EM, de Alba AE, Gozmanova M, Kalantidis K (2008). "Viroids".Cell. Microbiol.10 (11): 2168–79.PMID 18764915.doi:10.1111/j.1462-5822.2008.01231.x. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 06 de maio de 2013. 
  9. Daròs JA, Elena SF, Flores R (2006)."Viroids: an Ariadne's thread into the RNA labyrinth".EMBO Rep.7 (6): 593–8.PMC 1479586.PMID 16741503.doi:10.1038/sj.embor.7400706. 
  10. Elizabeth Dickson, Hugh D. Robertson, C. L. Niblett, R. K. Horst & Milton Zaitlin (1979)."Minor differences between nucleotide sequences of mild and severe strains of potato spindle tuber viroid".Nature277 (5691): 60–62.doi:10.1038/277060a0. 
  11. Papaefthimiou I, Hamilton A, Denti M, Baulcombe D, Tsagris M, Tabler M (2001)."Replicating potato spindle tuber viroid RNA is accompanied by short RNA fragments that are characteristic of post-transcriptional gene silencing".Nucleic Acids Res.29 (11): 2395–400.PMC 55696.PMID 11376158.doi:10.1093/nar/29.11.2395. 
  12. Wang MB, Bian XY, Wu LM; et al. (2004)."On the role of RNA silencing in the pathogenicity and evolution of viroids and viral satellites".Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A.101 (9): 3275–80.PMC 365780.PMID 14978267.doi:10.1073/pnas.0400104101. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Viroide&oldid=6903816»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp