Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vimianzo

Coord.:43°06′36″N9°02′04″O / 43.11,-9.0344444444444
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Vimianzo.
Modelo:Xeografía políticaVimianzo
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 43°06′36″N9°02′04″O / 43.11,-9.0344444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da CoruñaEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalVimianzoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.808(2024)Editar o valor en Wikidata (36,19hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie188,13 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Altitude450 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVicenzo de HuescaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldesaEditar o valor en WikidataMónica Rodríguez OrdóñezEditar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en VimianzoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15129/15127Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15092Editar o valor en Wikidata

Sitio webvimianzo.galEditar o valor en Wikidata
Facebook: concellovimianzoTwitter: De_VimianzoInstagram: concellovimianzoEditar o valor en Wikidata

Vimianzo é un concello daprovincia da Coruña, pertencente ácomarca da Terra de Soneira e integrado nopartido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo oIGE, tiña 7.138 habitantes en2018(7.565 no2015, 8.128 no2010, 8.402 no2006, 8.466 no2005, 8.517 no2004, 8.653 en2003), cunha baixa densidade de poboación (38,09 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades daCoruña eSantiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte daCosta da Morte.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situación

[editar |editar a fonte]

Limita cos concellos deZas,Dumbría,Muxía,Camariñas eLaxe. Pola parte sueste limita coEncoro da Fervenza, que o separa do concello deMazaricos. Conta cun total de 187,4quilómetros cadrados distribuídos en 14 parroquias.

Orografía

[editar |editar a fonte]

O seu punto máis alto atópase nosmontes do Cabral, na parroquia deBaíñas, lindando co concello de Dumbría, cuns 515metros sobre o nivel do mar.[1]

Hidrografía

[editar |editar a fonte]

O seu principal curso fluvial é orío Grande.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima de Vimianzo é suave e xeralmente morno e moderado. Os meses de inverno son moito máis chuviosos cós do verán. A temperatura media de Vimianzo é de 13.9 °C. 118 mm é a diferenza de precipitación entre o mes máis seco e o mes máis chuvioso. 9.4 °C é a variación das temperaturas medias durante o ano. A pluviometría anual é duns 1058 mm.

A continuación amósanse os datos mensuais dos valores medios de temperaturas e precipitacións[2]:

Temperaturas e precipitacións mensuais
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAno
Temperatura media (°C)9,79,711,312,614,116,618,319,117,615,312,410,3
13,9
Temperatura mínima (°C)7,26,98,39,210,813,214,915,614,412,29,77,7
10,9
Temperatura máxima (°C)12,312,514,416,017,420,021,722,620,918,515,113,0
18
Precipitacións (mm)12292108727647294572103147145
1058
Fonte:Climate-Data.org

Demografía

[editar |editar a fonte]
Censo total20147.710 habitantes
Menores de 15 anos713 (9.25 %)
Entre 15 e 64 anos4.687 (60.79 %)
Maiores de 65 anos2.310 (29.96 %)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE, 1857-2011
Evolución da poboación de Vimianzo  Fontes:INE eIGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
8.6379.22210.6789.6468.5178.2048.0397.9777.8497.7107.5657.378
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O topónimo procedo dolatínuimen, “vimbio”, cosufixoantio, presente noutros topónimos como Camanzo ou Arganzo.[3]

Historia

[editar |editar a fonte]

Prehistoria

[editar |editar a fonte]

Non se teñen atopado en Vimianzo restos anteriores aoNeolítico e, como en moitos outros lugares de Galicia, tampouco se teñen achado restos orgánicos por mor da acidez do solo; porén, si abundan os depósitos megalíticos, moitos deles en bo estado de conservación[4].

Por outra banda, se ben até1986 só había dous castros identificados (ocastro do Sino e ocastro das Barreiras)[5], na actualidade coñécese a existencia de -polo menos- dez deles, identificados na obraO poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña deXerardo Agrafoxo. Ademais, ao igual que en moitos outros lugares, Vimianzo tamén herdou topónimos referentes a antigos asentamentos como Castrobuxán, Castrelo, Castro ou Castromil[6].

Época romana

[editar |editar a fonte]

Crese que enBrandomil (moi próximo a Vimianzo) estaba a sede da mansión Grandimirum da vía 20 do Itinerario IV de Antonino, de onde partiría un ramal cara ao norte pasando por Tines, importante enclave histórico tendo en conta os camiños que o percorreron (de Zas cara a Vimianzo, e de Baio cara a Baíñas) e polos restos arqueolóxicos atopados en1951 porManuel Chamoso Lamas no adro da igrexa e terreos lindeiros[7]:

  • Unha necrópole suevo-romana con enterros que datan desde oséculo I aoVIII d.C.
  • Unha vila romana con catro salas.
  • A Estela Funeraria de Victorinus (exposta noMuseo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón), probablemente un dos primeiros testemuños epigráficos cristiáns.
  • Tres sarcófagos de pedra no adro (consérvase un semellante na contorna da igrexa de Salto). Aparentemente a maior parte dos enterramentos son da época sueva. Dada a abundancia de sarcófagos e lápidas, Chamoso Lamas cualificou esta descuberta como a máis importante de restos da cultura bárbara enGalicia.

Amais, nosPenedos de Pasarela e Traba algúns autores teñen situado os altares romanos para sacrificios rituais coñecidos como "Aras Sextianas".

Idade Media

[editar |editar a fonte]

Dominio da casa de Traba

[editar |editar a fonte]

Soneira xa consta documentalmente como territorio diferenciado como mínimo desde mediados doséculo IX, como recollen as investigacións ao respecto deXosé María Lema Suárez enA Arte relixiosa na Terra de Soneira. Porén, non se dispón de moitos datos relacionados coa historia destas terras, agás referencias illadas como a que aparece naHistoria Compostelá, onde se dá conta da devastación por parte de piratasalmorábides en1115, comandados polo almiranteAlí-ben-Memón. Segundo as crónicas, naquela época os labregos das zonas achegadas á costa, dende mediados de abril, deixaban desertas as terras para se retiraren cara ao interior e refuxiárense en covas. Nos portos galegos só se construían barcos para a navegación de cabotaxe e o almirante galegoRodrigo Froilaz, irmán doconde de Traba, non era capaz de rexeitar as acometidas piratas[8]. Esta zona soportou ao longo da historia máis ataques, como as incursiónsnormandas.[9][10]

Durante a Idade Media a historia rural da comarca dependeu, primeiramente, do nacente influxo compostelán mais, por outra banda, da función directiva eclesiástica exercida polomosteiro de San Xulián de Moraime, fortemente ligado á casa de Traba[8].

Aténdose ás características dos muros do castelo de Vimianzo, calcúlase que esta construción ten a súa orixe nos últimos anos doséculo XII ou comezos do XIII[8]. Esta fortaleza será a partir de entón protagonista da disputa polo poder e organización da comarca até a chegada daIdade Contemporánea.

Século XIV. Ocaso da liñaxe dos Traba

[editar |editar a fonte]

O poder político dos Traba esmoreceu despois doséculo XIII, a familia extinguiuse e os seus bens pasaron á casa de Andrade e aos arcebispos composteláns. En1348 o reiAfonso XI de Castela confiscou o castelo de Vimianzo a Rui Soga Mariño de Lobeira para venderllo ao arcebispo compostelánJuan García Manrique. Pasou posteriormente a mans do duque de Arjona, Fadrique Enríquez[8].

Cronoloxía do século XV. Comeza o dominio da casa dos Moscoso de Altamira

[editar |editar a fonte]

Calcúlase que entre1425 e1429 o castelo de Vimianzo pasou por primeira vez a pertencer aosMoscoso de Altamira.[8] En1464 figuraba como señor da fortaleza Bernal Yáñez (ou Sánchez) de Moscoso, quen en1465 lle quitara a vila deNoia aAlonso II de Fonseca, facéndoo prisioneiro e encerrándoo no castelo soneirán entre ese mesmo ano e o seguinte. Dous anos despois o castelo foi tomado polosIrmandiños; após a derrota dos rebeldes apoderouse del o arcebispo Fonseca, que ordenou a súa reconstrución en1472 con traballos forzoso para os vencidos da revolta. Asemade, designou como alcaide a Joán Mariño de Lobeira con corenta homes para o defender.

En1472Lope Sánchez de Moscoso (proclamado uns anos antes primeiro conde de Altamira e quen xa mandara construír astorres de Mens para defender os seus territorios na Costa da Morte) tomou de novo o castelo para a súa familia até que esta abandonou Galiza.

Idade Moderna. A xurisdición do Castelo de Vimianzo

[editar |editar a fonte]

Desde finais da Idade Media e até oséculo XIX xestionouse desde o castelo dos Moscoso de Altamira a xurisdición de Vimianzo (concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe, Cabana e parte de Muxía), que dominaba a maior parte da vella Somnaria ou Sonaria medieval (do Pico de Meda ao cabo Vilán e a ría de Camariñas; do último tramo dorío Anllóns e da Ría de Corme e Laxe ao tramo medio do río Xallas)[11], concentrando na súa contorna unha gran parte da nobreza da zona[8].

Os condes de Altamira deixaron de residir en Galiza -para facelo na Corte- desde comezos do século XVI, e así tiveron en Vimianzo os seus apoderados oumeiriños. Porén, os señores víronse forzados a volver en determinadas ocasións para organizar partidas populares obrigadas a defender (ante o desamparo do Estado) a Costa da Morte dos frecuentes ataques corsarios ou de navíos de guerra das armadas inglesa, francesa ou neerlandesa, con graves consecuencias para as igrexas das parroquias costeiras. Non sería até a segunda metade do século XVIII, cando o Goberno español considerou por fin a necesidade de dotar a comarca dunha infraestrutura de defensa axeitada. Así, os enxeñeiros militares da corte dosBorbóns, seguindo instrucións do Marqués de la Ensenada, iniciaron a construción entre1740 e1767 de varias baterías de defensa das pequenas vilas da Costa da Morte[11].

Época Contemporánea

[editar |editar a fonte]

Século XIX

[editar |editar a fonte]

A ocupación francesa fíxose sentir en Vimianzo, en1809, cando as tropas napoleónicas prenderon lume áigrexa de Baíñas[12]. Posteriormente, coa extinción do Antigo Réxime desapareceu tamén aprovincia de Santiago de Compostela -á cal pertencía Vimianzo- pasando daquela a se integrar na actual provincia da Coruña, formada en1833. O concello de Vimianzo creouse en1836[13].

No económico esta época caracterizouse pola conquista da terra por parte dos labregos. Imperaba oréxime foral, polo que o propietario da terra (normalmente o clero ou a alta nobreza) lle cedía a outro o dominio útil reservándose, ademais doutros dereitos, a percepción dunha renda anual. A súa duración era a vida de tres reis e 29 anos, o que supoñía duns 50 a 75 anos de vixencia. Entre os aforados e os propietarios estaba a fidalguía, aliada dos campesiños no momento en que o clero quixo substituír os foros por contratos de arrendamento, provocando unha resolución deCarlos III en1763 que impedía aos xulgados aceptaren causas de despoxo por voces fenecidas, convertendo deste xeito os foros en perpetuos[13].

En1873, unha lei promulgada durante aPrimeira República Española, permitiu aos labregos a redención do foro mediante o pago dun canon, mais esta foi abolida após a caída deste réxime. Porén, grazas á intensa emigración cara aAmérica desde mediados doséculo XIX, foron chegando a Vimianzo os cartos precisos para redimir estes foros. Proliferou o minifundismo, do que xa se ten referencia desde o XVIII, e a economía agraria de subsistencia[13].

Século XX

[editar |editar a fonte]

En1907 oConsello de Ministros de España aprobou un proxecto para unir Coruña,Carballo eCorcubión mediante uncamiño de ferro que habería de atravesar -entre outros- o concello de Vimianzo, propiciando así a chegada do tren á vila. Porén, a pesar de ter este proxecto unha dotación económica non se chegou materializar.[14][15]

Por outra banda, omovemento agrarista fixou na supresión dos foros o seu principal obxectivo na comarca, feito que se conseguiría durante a ditadura dePrimo de Rivera. Logo, aguerra civil española coa represión dosfalanxistas provocou a fuxida de moitos veciños, entre eles o alcalde republicano, sendo outros -como o secretario municipal- encarcerados e/ou fusilados[13].

Durante a primeira metade doséculo XX continuaría tamén a emigración cara a América, mais a partir dadécada de 1970 esta desviouse cara a Europa, principalmente aSuíza. No eido produtivo cómpre igualmente salientar o impulso dado neste concello áconcentración parcelaria; tendo lugar en1958, na parroquia de Salto, a segunda levada a cabo en Galiza[13].

Manuel Antelo Varela sería durante moitos anos o alcalde doréxime franquista, deixando como herdanza a creaciónSoneira Sociedade Deportiva, co seu campo de fútbol municipal tamén; así como unha nova Casa do Concello en propiedade, xa que até entón as dependencias municipais estaban en réxime de arrendamento.

Século XXI

[editar |editar a fonte]

En2011 rematou definitivamente o período de estabilidade política municipal, iniciado nadécada de 1980 polos sucesivos equipos de goberno que liderouAlejandro Rodríguez Lema: a expulsión do propio Rodríguez Lema doPSdeG-PSOE, ao que seguiron moitos dos membros da súa corporación, propiciou a vitoria e acceso á alcaldía deManuel Antelo Pazos, candidato doBloque Nacionalista Galego. Porén, o goberno de Manuel Antelo sustentábase no feble apoio dun anovado grupo socialista que acabou outra vez fraccionado, o que desembocou nunha moción de censura, desbotada finalmente por irregularidades na súa tramitación[16]. Naseleccións municipais de 2015 Antelo saíu reelixido con maioría absoluta, mais con todo, o grupo local do BNG tampouco era alleo ás divisións xurdidas no partido a nivel nacional e así todo o grupo de goberno nacionalista acabou por abandonar a fronte en abril de2016[17].

Economía

[editar |editar a fonte]

Sector Primario

[editar |editar a fonte]

A actividade pesqueira non é apreciábel neste municipio. Gozan de importancia os terreos forestais e os dedicados a pasto. En2011 existían 744 explotacións de vacún, 177 de ovino, 2 granxas de porcino, 3 piscifactorías, unha granxa de polos e outra de avestruces[18].

O terreo forestal, que ocupa uns dous terzos do territorio, produce principalmente madeira de eucalipto e piñeiro, sendo a explicación do asentamento de 7 serradoiros, os máis deles concentrados no lugar de Pasarela[18].

En canto á minaría, é de salientar a explotación decaolín en Castrelo, exercida pola empresa CAVISA[18].

Sector Secundario

[editar |editar a fonte]

A produción de enerxía eléctrica concéntrase nas augas do río Grande (centrais do Foxo, Gaioso e Carantoña). Hai instalada, asemade, unha central de enerxía termoeléctrica e un parque de xeradores eólicos inaugurado en2002, xunto con dous xeradores de titularidade municipal[18].

Outro subsector aínda destacábel é o da industria téxtil, que malia sufrir un notábel descenso nos últimos anos (de 18 talleres en2003 pasouse aos 8 actuais) segue a proporcionar un importante número de empregos. Tamén existe unha fábrica de artigos de pel dedicada á exportación[18].

A artesanía do encaixe está fortemente arraigada no municipio, calculándose que unhas 500 mulleres dedicadas a tempo completo ou parcial a esta actividade. Porén, non xera o suficiente valor engadido como para sacala da economía somerxida. É importante o papel que desenvolven unha comercializadora e o asociacionismo apoiado na Mostra de Artesanía do Castelo de Vimianzo[18].

En setembro de2008 quedaron rematadas as obras doparque empresarial de Vimianzo[19], instalado moi próximo ao núcleo urbano principal, ao norte do mesmo e con acceso desde a AC-552, porén a implantación de empresas no mesmo ten sido mínima até o de agora[20].

Sector Terciario

[editar |editar a fonte]

O sector servizos concentra a súa oferta na capital municipal, existindo un foco secundario como é o núcleo de Baíñas, que conta con dúas oficinas bancarias, dous supermercados, tanatorio e varios comercios retallistas e locais de hostalaría. No lugar da Piroga tamén se poden atopar algúns establecementos comerciais e de lecer así como supermercados, alén da súa popular feira, ficando as súas demandas servidas pola proximidade da vila de Baio, que conta cunha actividade relevante dentro da comarca neste sector.

Infraestruturas

[editar |editar a fonte]

Vimianzo non conta con ningunha estrada dependente dos entes estatais polo que as principais vías de comunicación son competencia da Xunta de Galicia.

Rede primaria básica

[editar |editar a fonte]

Autoestradas

[editar |editar a fonte]

O29 de xullo de2016 quedou inaugurada a prolongación daAG-55 que une a cidade da Coruña con Baio. Esta autoestrada remata comoVía de Alta Capacidade xa no termo municipal vimiancés, no chamado enlace deSanta Irena, a poucos metros da vila zaense. O mesmo día da inauguración o presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, anunciou a contratación do proxecto construtivo que permitirá prolongar a autoestrada até a capital municipal de Vimianzo[21]. En realidade trátase de retomar o proxecto inicial, xa comezado e avanzado[22] de que a AG-55 chegase até o cruzamento de Berdoias e de aí continuara como Vía de Alta Capacidade até Cee, OSardiñeiro e o porto deBrens.

Estradas

[editar |editar a fonte]

A principal vía do concello é a estradaAC-552, que une a cidade da Coruña conCee e atravesa os núcleos da Piroga, Vimianzo e Berdoias. Dela parten as máis das estradas secundarias que serven o concello con outras capitais municipais.

Rede primaria complementaria

[editar |editar a fonte]

Rede secundaria

[editar |editar a fonte]

Rede provincial e estradas locais

[editar |editar a fonte]
  • DP-1603: Cereixo - Ponte do Porto
  • DP-9201:Tras do Ceán -Carantoña -AC-432
  • DP-9202: Berdoias - Ponte do Porto
  • DP-9203: Baíñas -Caxadas. Evita o paso por Berdoias entre Vimianzo e Baíñas.
  • Estrada de Baio a Baíñas, onde continúa tralo cruzamento coaAC-441 cara ao concello de Dumbría eA Picota, Mazaricos.
  • Estrada de Calo - Pasarela. Permite atallar entre aAC-432 e aAC-433 para ir de Vimianzo a Laxe.

Equipamentos

[editar |editar a fonte]

Vimianzo conta na súa capital municipal cun posto daGarda Civil, Casa da Cultura (inaugurada en2007 e posta en marcha en2008[23], con auditorio e biblioteca), residencia de anciáns privada con concerto de prazas coa Xunta, centro de atención primaria, polígono industrial (onde está prevista a implantación dun "punto limpo" de recollida de lixo[24]), campo municipal de fútbol (anovado e reinaugurado en 2007[25]). Tamén se construíu un centro sociocultural en Baíñas, sen apenas uso.

Patrimonio histórico e artístico

[editar |editar a fonte]

Restos e sitios arqueolóxicos romanos e prerromanos

[editar |editar a fonte]

Antas, dolmens e mámoas

[editar |editar a fonte]
Dolmen de Pedra Cuberta

Vimianzo conta cunha grande abundancia de restos megalíticos entre os que cómpre destacar os catalogados como BIC: dolmens dePedra Cuberta ePedra Moura de Monte Carneo en Treos, aCasota de Freáns de Berdoias,Pedra da Lebre (tamén coñecido como Anta de Serramo) e aPedra da Arca máis aArca da Piosa en Baíñas, compartidas cos concellos de Dumbría e Zas respectivamente[26]. Todos estes monumentos forman parte doParque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, que tamén inclúe neste concello aArca do Rabós, aMina de Recesindes e aArquiña de Vilaseco.

A un escasoquilómetro do principal núcleo urbano está aAnta de Prado Garrido, en moi mal estado de conservación[27].

No lugar da Casa do Prado, na parroquia de San Vicente de Vimianzo, esta aMámoa da Mina de Folías, que forma parte dunha necrópole de tres túmulos. Dúas delas (esta e outra escavada, na que se ve a anta) están na mesma leira e a outra, cruzando a pista. Están situadas entre os 200 e 205 metros de altitude. Presenta cono de violación e nel pódense apreciar restos dolménicos. Non houbo ningunha actuación arqueolóxica nela. A necrópole megalítica tamén é coñecida como «mámoas de Mourelo»[28].

Outro xacemento semellante a destacar é aNecrópole dos Rabós en Baíñas. Trátase dun extenso número de campos de mámoas repartidas pola parroquia, como a Necrópole do Chan do Cabral, Brañas do Porco ou as da Gándara (preto do encoro da Fervenza). Nesta do Rabós existen dúas mámoas divididas por unha pista. Sitúanse entre os 305 e os 310 metros de altitude. A mámoa número 2 fai división entre dúas leiras, pasando o valado de separación por riba. Presenta cono de violación e non se aprecian a simple vista restos dolménicos. Non así a mámoa veciña, que acolle a Arca do Rabós.[29]

EnCarantoña, ademais da Mina de Recesindes, atópase aMina de Aquela Banda, probablemente un deses poucos exemplos de cista megalítica coñecidos en Galiza. Non existen estudos sobre o xacemento, mais pola tipoloxía pódese encadrar no tipo de construcións funerarias do II milenio a.C. A súa cámara ten forma rectangular, de pequenas dimensións. Conserva tres laxes graníticas verticais, unha delas deitada cara ao interior. Ao parecer a tampa aínda se pode ver nos arredores. O enterramento conserva bastante ben o túmulo, unha mámoa profanada no seu centro, grazas ao cal podemos ver a estrutura megalítica[30].

En serio perigo de desaparición encóntrase aArca ou mámoa de Caxadas 1, tamén coñecida como Arca de Ogas. Este dolmen forma parte dunha necrópole megalítica de catro mámoas. O túmulo da Arca de Caxadas 1 foi profanado e leváronse moitas das súas pedras. Presenta cámara poligonal e corredor. A necrópole ten seis pezas visibles, tres da cámara e outras tres do corredor. Está catalogada e inventariada desde1992 e se localiza a carón do Camiño da Brea, que une Ogas e Vilaseco, onde se atopa a Arquiña de Vilaseco.

Enagosto de2016 fíxose público o achado dun novo dolmen sen inventariar enCambeda, entreCaxadas eSanfíns.[31]

Petróglifos

[editar |editar a fonte]

Na parroquia deBerdoias descubríronse variospetróglifos:

  • Opetróglifo de Boallo foi descuberto en1997 de forma casual por Manuel Soto cando repousaba sobre unha rocha durante unha xornada de caza. Responde claramente á tipoloxía de combinacións circulares, o grupo máis característico dos gravados galegos. Trátase dun petróglifo composto de varios motivos circulares cadanseu cunha cazoleta e un só círculo. Os máis grandes do conxunto, concretamente dous, son moi parecidos na forma e tamaño, estando composto por catro círculos, unha cazoleta central e un radio que comunica esta co círculo externo ou derradeiro. Os gravados dispóñense sobre unha superficie erosionada e sinuosa de rocha granítica emerxente do chan, e que se empraza ao pé doutras dúas pedras superpostas que lle serven de abrigo pola parte do oeste. A rocha ten unha suave pendente e con orientación a poñente do sol. A súa cronoloxía é descoñecida.
  • O conxunto dePetróglifos do Pedrouzo foi descuberto en2003. Datan daIdade de Bronce e os motivos das laxes deste lugar son xeométricos (hai espirais, círculos concéntricos, coviñas, cruces, ... ). Chama a atención un dos debuxos que se asemella misteriosamente a un corazón humano. Gozan da declaración deBen de Interese Cultural.

Na parroquia deTines atopouse nos anos 50 aEstela de Vitorinus (Museo Arqueolóxico da Coruña) e distintos restos de enterramentos romano-suevos.

Castros

[editar |editar a fonte]

No lugar deOgas, moi preto da capital municipal e ao pé daAC-552, pódese visitar oCastro das Barreiras e na parroquia deCastrelo, no lugar daLavandeira, atópase oCastro do Sino. En Cereixo, oCastro do Croado domina a paisaxe da parroquia[32]. Na mesma parroquia de San Vicente deVimianzo atópanse oCastro da Pena, desde o que se pode albiscar oocéano Atlántico e oCastro de Sansobre ou Trasouteiro, enSansobre[33].

No lugar doCastro de Salto aínda son conscientes do lugar que habitan. As casas que hai na actualidade baixan polas ladeiras do outeiro onde se situaba a aldea vella, da Idade de Ferro. Situado a 215 metros de altitude, este castro domina o fondo do extenso Val de Salto que se estende até o río Grande. Aínda que está sen escavar e sen limpar, aprécianse perfectamente as súas defensas. A muralla principal aproveita a orografía do outeiro. Un camiño bordea a fortaleza polo antigo foxo no seu lado oeste. A pendente máis pronunciada vai cara ao leste e a menos cara ao sur. Aínda se conserva a posible entrada. Non houbo ningunha escavación nin achados arqueolóxicos neste castro[34].

A parroquia de Calo tamén conta cun castro que dá nome ao lugar: Castrobuxán. Érguese a 120 metros de altitude sobre un outeiro que domina o río Grande. A forte pendente desde o río pola súa parte oeste fai moi difícil o acceso e a muralla que o rodea é ben apreciábel. Atópase cheo de maleza e eucaliptos, co conseguinte perigo de conservación e non se realizaron escavacións arqueolóxicas nel[35].

Arquitectura relixiosa

[editar |editar a fonte]

Igrexas parroquiais

[editar |editar a fonte]
Detalle da igrexa parroquial de Cereixo

Igrexas parroquiais de San Cristovo deCarnés, San Martiño de Carantoña, San Martiño deCastrelo, San Miguel deTreos, San Pedro deBerdoias, San Sebastián deBamiro, San Vicenzo deVimianzo, San Xoán deCambeda, San Xoán Apóstolo deCalo, Santa Baia de Tines, Santa María deSalto, Santiago deCereixo, Santo Amedio deBamiro e Santo Antoíño de Baíñas.

Capelas, ermidas e santuarios

[editar |editar a fonte]

No lugar daLagoa está acapela da Nosa Señora da Peregrina, de orixe descoñecida, formada por muros de cantería que conforman unha pequena nave cadrada de seis metros de lado con cuberta de madeira e tella do país. Ten a capela maior na cabeceira que a separa da nave por un arco de medio punto, máis estreita, de planta rectangular, de catro metros de longo por cinco de largo, toda ela pavimentada con boas lousas de pedra e os muros coa pedra á vista e encintada. Ten un van de luz rectangular no presbiterio do muro lateral dereito e a entrada pola súa fachada sen decoración algunha. Unha pequena e sinxela espadana dun oco en arco de medio punto onde ía a campá e que está coroada por unha cruz de pedra[36]. Da época baixomedieval é aermida de Santa Cristiña da parroquia de Berdoias, tras da cal se atopa o único curro que se conserva da vella xurisdición de Vimianzo.

Á beira das augas do río Grande sitúaseermida de Santa Helena, de camiño a Señoráns. O lugar da súa construción non é casual: está situado nun lugar de mala pasaxe que xunta tres elementos de perigo: unha encrucillada de camiños, unha ponte e un río perigoso nas épocas de enchenta. De feito, en1987 o Grande tirou coa vella ponte de pedra e tívose que construír unha nova de formigón. Trátase dun templo bastante sinxelo, dunha soa nave con presbiterio rectangular. Cóbrese a dúas augas cun único tellado e sobre cada trabe cumieira hai unha cruz de pedra. Os muros son de cachotería irregular de granito, agás a fachada que é de cantería. Na parte central da fachada orientada ao oeste ábrese a porta do templo, rematada nun arco de medio punto moi rebaixado. Non se sabe cando foi a súa construción, pero polas súas características e semellanzas con outras da parroquia, estímase que foi levantada no século XVIII. A primeira referencia documental atopámola no 1741 nunha visita pastoral. Hoxe só se realizan misas no seu interior o día da patroa e nin sequera está dentro a súa imaxe[37].

Ermida de Montetorán

Osantuario da Nosa Señora de Montetorán, en Bamiro, é un bo exemplo dos tantos que hai por toda Galiza no alto do cume dun monte ou dun outeiro. Por seren considerados un lugar satánico e maldito, normalmente se sacralizaron coa construción dunha pequena ermida. Esta data do século XVIII, coas características propias deste estilo: un presbiterio cuadrangular, con teito cara ao centro e unha pequena nave rectangular de menor altura có presbiterio. Esta última é a parte máis antiga da capela, datable na primeira metade do XVIII. Vai cuberta por unha sinxela bóveda de cruzaría nervada, sobre mensuliñas. A nave vai cuberta cunha bóveda de canón, reforzada por dous arcos faixóns volteados sobre ménsulas. A capela maior comunícase coa nave a través dun arco triunfal de medio punto volteado sobre pilastras apegadas. No exterior, o presbiterio cóbrese cun tellado a catro augas e a nave a dúas vertentes (a do lado sur alóngase para cubrir o pórtico lateral dese lado). As paredes están formadas de bloques graníticos de corte moi irregular. As xuntas encintáronse e caleáronse. A fachada é de cantería con pezas de corte irregular pero dispostas simetricamente ao redor dun eixe central vertical imaxinario. Neste eixe superpóñense a porta de entrada, un fornelo rematada en medio punto que acolle unha imaxe da Piedade sobre unha vieira, e a espadana, dun só corpo de dous machóns onde se sitúa unha campá protexida por unha reixa de ferro. O lugar presuntamente máxico onde se encrava esta ermida, rodeada por unha carballeira e por grandes laxes graníticas, fai que sexa un lugar de peregrinación e rituais de cura de doenzas[38]. A poucos metros ergueuse noséculo XIX ooratorio de Montetorán, para poder celebrar a misa os días de feira naPiroga.

Na parroquia de Salto, no cumio doMonte de San Bartolomeu (407 metros), érguese a pequenaermida de San Bartolomeu dedicada ao santo. A capelanía da mesma foi fundada por dous labregos en1681. Desde o alto do monte albíscase o Val de Vimianzo, o Val de Salto e de toda a zona central da Terra de Soneira. As teorías sobre o motivo da súa construción son varias[39]:

  • O cumio do San Bartolo está cheo de impresionantes penedos de granito de caprichosas formas, que fan pensar a algúns nun culto megalítico.
  • A cristianización dun lugar sagrado pagán é a teoría que sempre se formulou para explicar a situación da capela, como noutros tantos lugares.
  • Existe a posibilidade de relacionalo cunha antiga fortaleza. O profesor e divulgadorManuel Gago Mariño aventura que neste punto estratéxico existiu unha fortificación de catro hectáreas con dúas liñas de murallas.

Moito máis moderna é aermida de Sanfíns de Cambeda. A fábrica actual deste santuario data de1931, cando o crego-canteiro Saturnino Guinarte decide derrubar a obra anterior (datada no século XVII) e erguer un novo predio, moi sinxelo, de cantería con espadana. A súa xustificación: o anterior presbiterio de bóveda de cantería era moi baixo "e un afogaba alí"[40]. Malia isto, a orixe desta ermida é bastante remota. O documento máis antigo consérvase do1607, cando a visita o cardeal J.del Hoyo. En anos posteriores a ermida foi completamente abandonada, servindo incluso de abrigo para o gando. No seu interior garda unha imaxe de San Fins de estilo manierista de finais do XVI, da época da fundación da capela. A carón da cabeza da capela atópase a curiosidade do lugar: Un carballo centenario e milagreiro de ampla copa e longas pólas. A cultura popular atribúelle poderes curativos, sobre todo para os rapaces. A cerimonia consiste en dar unhas voltas co ofrecido ó redor do carballo. Logo, esgázase unha póla e a persoa enferma debe pasar por debaixo dela. Esta póla métese en barro envolto nun trapo. Se prende, o doente sanda; se non prende, mala sorte. Posiblemente esta sexa a orixe deste santuario, construído nun lugar deshabitado nun comezo, e vinculado ao culto dendolátrico ou culto as árbores[41].

Tamén en Cambeda se localiza aermida de Santa Mariña de Paizás, fundada nos primeiros anos do século XVII polos labregos afidalgados Alonso de Castiñeira e Mariña de Gondomil, donos da casa de Castiñeira, unha aldea a pouca distancia de Paizás. Trátase, pois, dunha capela de pazo fundada por fidalgos con pretensións. Malia isto, o seu aspecto actual difire moito do orixinal. De novo o cura-canteiro Saturnino Guinarte fixo en1932 unha serie de reformas que transformaron a planta da capela case por completo, seica por ser moi pequena e ameazar ruína. Por iso se lle deu máis alto, construíuselle unha nova sancristía e unha nova dependencia, a meridional, para prestar acubillo ós romeiros ós que lles daba medo ós estoupidos dos foguetes cos que era costume festexar a Santa Mariña no día da súa romaxe. Da época fundacional só se conserva ben a vella espadana e máis o seu patrimonio móbel no interior: un rudo retablo barroco de pedra do século XVIII con imaxes tamén de pedra. O lugar no que está emprazada, o chamado Campo de Paizás, tamén conta cunha interesante historia. O12 de abril de1809 estableceuse alí un cuartel xeral por orde do comandante das forzas comarcais opostas ós franceses, o cura Pedro Lapido, párroco de Morquintián. Finalmente será derrotado ó día seguinte na batalla de Ponte Olveira, en Dumbría. Tamén cómpre destacar o monumental cruceiro do século XVII situado na súa parte frontal, con seis chanzos octogonais.

Cruceiros

[editar |editar a fonte]

Na parroquia de Bamiro pódese atopar oCruceiro de Cheis ou Cruceiro dos Santos, un dos cruceiros máis antigos de Galiza. Pódese datar a finais do século XV ou comezos do XVI. Atópase nunha encrucillada, no antigo camiño que ía dePonte Olveira a Baio, e que aínda se conserva por treitos (desde aquí, até a aldea de Pazos pódese percorrer este camiño real). Non se pode saber con exactitude cando se fixo o cruceiro (hai quen di que no séc. XIV). O varal é posterior e colocouno alí D. Juan de Pazos a fins do s.XVII. O nome de Cruceiro dos Santos venlle pola cantidade de figuras que hai na cruz, algo moi raro nos cruceiros soneiráns, que adoitan ser bastante sinxelos[42]:

  • O do lado oeste: Represéntase unha rara Trindade antropozoomórfica, algo inédito nos cruceiros galegos. Ademais chama a atención que a cruz intente imitar ó tronco dun carballo. De arriba a abaixo: a pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e unha figura con gorro, bastón e libro. Pode ser un peregrino.
  • O do lado leste: Cristo crucificado con tres cravos nunha cruz nodosa, cunha figura axenlloada ó seus pés, que semella ser un frade franciscano. De arriba a abaixo: un anxo descendendo cunha coroa nas mans, o Cristo cos tres cravos, o frade franciscano e unha flor e falso capitel.
  • Finalmente a cada lado están as figuras de San Xoán e Santa María.

A poucos quilómetros atópase ocruceiro de Treos (séculos XVI - XVIII). Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma e pedestal cuadrangular rematado con chafráns e varal octogonal, comezando en cadrado. O capitel é troncopiramidal invertido con astrágalo circular e liso, ábaco de lados rectos. A cruz, cuadrangular, posúe brazos achafranados e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz está o Cristo crucificado con tres cravos e mans pechadas. Inclina un pouco a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas e un cartel coas siglas INRI. Ten a San Francisco en posición Orante e a Virxe pregando aos pés. Polo reverso está a Virxe en actitude orante e os dedos das mans entrelazadas, cuns anxos coroándoa. O cruceiro é todo de granito, moi erosionado polo tempo[43].

En Cambeda atópase oCruceiro de Paizás, un monumental cruceiro situado fronte a ermida de Santa Mariña de Paizás. Ergueito sobre seis chanzos octogonais sitúase a base cuadrangular do cruceiro, cunha caveira en cada esquina como símbolo do pecado e da morte e con tibias e salamántigas. Sobre esta érguese un piar con inscricións nos que apenas se le o nome do fundador “ARCEDIANO” e “DE TRASTAMARA” e o fuste ou varal decorado ó xeito das espiñas dun peixe. O capitel, decorado e con varios anxos, soporta a cruz con puntas arredondadas. Nela represéntase a virxe en actitude de orar por unha cara e pola outra está Xesucristo crucificado con tres cravos e a cabeza cara a adiante. Este cruceiro mandouno construírDon Sancho de Lema, arcediago deTrastámara no século XVII[44].

Obras hidráulicas e pontes

[editar |editar a fonte]

Aceas e muíños

[editar |editar a fonte]
Batáns do Mosquetín

EnMosquetín (Salto), moi preto deBaio, hai un conxunto coñecido como osBatáns de Mosquetín. Está formado por sete muíños e tres batáns recollidos en dous predios de planta rectangular situados entre orío Grande e as canles, dispostos paralelamente a ambos. O predio máis afastado do río, consta de tres estancias que albergan os batáns, os “Muíños de Arriba” e o “Muíño do Relón”. O segundo, o dos “Muíños Albeiros”, tamén se divide en tres estancias, que neste caso só acubillan muíños. Os batáns eran empregados para mazar o liño e a la, mentres os muíños son todos eles de tipo fariñeiro do modelo máis clásico e frecuente en Galiza. Dende a finais do ano 1997, o conxunto veu sufrindo todo un proceso de rehabilitación. Todas as intervencións levadas a cabo así como as que se teñen previstas están encamiñadas á musealización dos batáns, cunha área de lecer no seu contorno.[45]

En Cereixo atópase omuíño de mareas das Torres ou das Arceas, entre o pequenorío de Cereixo e o río Grande do Porto, a pouco da desembocadura deste naría de Camariñas. Tivo a súa orixe nun foro outorgado en1647 polo señor das Torres de Cereixo, Juan Taboada, aos irmáns Espasante, para que puidesen construír no lugar dous ou tres muíños polo tempo de vida de “tres señores reyes de España”. Por ese foro, terían de renda seis ferrados de trigo e dúas galiñas cada ano. A súa planta é rectangular, con cuberta a dúas augas na que se abren tres elementos abufardados. A entrada realízase polos lados curtos do volume, que queda unido á terra por dúas pasarelas. O muíño orixinal sufriu moitos cambios, antigamente só tiña un andar, hoxe hai dous. Incluso foi adaptado para vivenda. Na cal primeiramente estaban os veciños que traballaban no muíño e ultimamente rematou sendo mercado polo famoso coreógrafo galegoRei de Viana[46].

O Concello rehabilitou en2014 omuíño da Agra. Trátase dun muíño hidráulico que utiliza as augas do río que atravesa a capital municipal. Non se coñece a data exacta da súa construción, mais xa aparece referenciado no Catastro doMarqués da Ensenada do ano1752:

"Otro de dos ruedas bajo un techo llamado de Agra, propio de don Juan de Castro el uno y el otro de don Jorge Caamaño, vecino de Santa Eulalia de ?, de los que muelen por cubo todo el año a la maquila con agua del río Cambeda, cuya utilidad regulan en quinientos veinte reales y a cado uno por su rueda doscientos y sesenta ….”.

O predio é de cachotería de granito presentando cuberta a dúas augas, cun dos lados moi pouco pronunciado. Unha canle de pedra envía a auga cara ao muíño facendo xirar os dous rodicios. Na fachada presenta dous estreitos vans que dan luz ao interior e dúas aberturas por onde sae a auga. Atópase no centro urbano e ao seu arredor creouse unha área de lecer.[47]

Non moi lonxe, no lugar daGándara, o Concello rehabilitou tamén outro muíño máis pequeno có anteriormente citado, que recolle as augas do Rego de Ogas. Está feito de cachotería de granito e presenta cuberta a unha auga, cunha pequena baixada polo lado da canle. Ten un só rodicio, os sistemas de canalización ficaron perfectamente visíbeis[48]. Sen rehabilitar quedaron omuíño das Pasantes, moi próximo tamén aos anteriores[49] e omuíño do Castelo, aos pés da icónica construción aínda que orixinariamente de distinta propiedade[50].

No lugar daUrroa a veciñanza restaurou en2014 oMuíño do Sariño, que traballaba coas augas do río Pequeno ou Vimianzo, antes de que desemboque no río Grande. Pertence aos veciños de Urroa eBribes que sempre fixeron quendas para poder moer aí o gran. Dentro aínda conserva todas as pezas en perfecto estado. Trátase pois dun perfecto exemplo do muíño tradicional, que se pode visitar sen problema[51].

Fontes

[editar |editar a fonte]

Na parroquia deCalo érguese afonte de Castrobuxán, de estilo barroco do século XVIII. Consta dun panel pentagonal rematado nunha cruz pétrea resarceada e en dousacroterios a cada esquina. Na súa parte central presenta un fornelo rematado nun arco de medio punto que antes acollía unha imaxe pétrea de María, hoxe desaparecida. Nos seus dous lados decoran a fonte catro interesantes volutas en disposicións contrapostas.[52]

Na praza da igrexa de San Vicente, na vila de Vimianzo, atópase unha fonte de1889, feita de pezas de cantería con vasos e base octogonais. Do centro do vaso eríxese un pedestal cuadrangular de varias seccións e molduras e rematado nun pináculo cilíndrico moi moldurado. Máis ou menos a metade da altura de dito pedestal saen dous canos que verten as súas augas no interior do vaso. Debaixo de cada cano hai dúas barras de ferro que van dende o vaso ata o pedestal e que serven de apoio para os distintos recipientes de recoller a auga. Nunha das caras da fonte hai un cartel de bronce que di: "Fonte da Praza / feita no ano 1889 / restaurada no ano1994 / sendo Alcalde / D.Alejandro Rodríguez Lema"[53]

Pontes

[editar |editar a fonte]

Ponte de Torelo en Salto, unha obra de enxeñaría civil decimonónica que se levantou para salvar as augas do pequeno río Castro. Nunha inscrición pódese ler a data da súa construción:1868 “reinandoIsabel II”. Está feita de bloques de cantería de granito. Por ela transcorre a AC-552, presenta tres arcos escarzanos suxeitos por dous peitorís alongados e rematados redondeados.[54] Da mesma época e no mesmo lugar é a pontella que salva as augas do río Grande, ten 8 peitorís moi baixos que fan que se eleve moi pouco da superficie do río. Polo seu lado leste os peitorís son redondos e no oeste rematan en forma rectangular.[55] 

Pazos, fortalezas e casas señoriais

[editar |editar a fonte]
Castelo dos Moscoso ou de Vimianzo

Ocastelo de Vimianzo (ou Torres de Martelo) mostra un excelente estado de conservación e pode ser visitado. A moi poucos metros atópase o señorialpazo de Trasariz, de titularidade privade aínda que en réxime de arrendamento para vodas e eventos[56]. Opazo de Trasouteiro, que se ergue no lugar homónimo, tamén está na mesma parroquia e moi próximo á vila e aínda que o seu estado de conservación é peor có dos dous anteriores, conta cunha capela que é empregada con relativa frecuencia pola veciñanza[57].

Pazo de Trasariz
Unha das torres do pazo de Cereixo, declarado BIC.

Outra fortaleza defensiva, esta doséculo XVI, que merece ser destacada son asTorres de Cereixo situadas ao carón dunha igrexarománica que posúe a primeira representación da traslación do corpo do apóstoloSantiago o Maior. No mesmo lugar tamén se pode atoparVila Purificación, unhaCasa Grande de estilo barroco de finais do século XVIII. A súa planta presenta forma de “L”, como o veciño pazo das Torres. Ten dous andares e no seu alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres, de estilo compostelán, son de boa labra de pedra. Está feita de pedra en forma de perpiaños nos esquinais e nos vans, e de cachotes nos panos. Esta era a casa onde se cobraban os foros dos arredores. De aí que nos seus terreos exista un enorme cabazo (hórreo) de dezanove pares de pés, converténdoo no terceiro máis grande de Galicia. Os seus lindes son o regato de Cereixo ó oeste e o río do Porto ao norte. Tamén conta cun pombal de planta circular, que se ve dende o paseo fluvial que pasa ó seu carón, polo río de Cereixo.

Na parroquia de Berdoias atópase aCasa de Alonso II, fundada en1607 polo fidalgo Alonso II de Lema. A ese lugar decidira trasladar tamén a igrexa parroquial sita anteriormente naGrixoa. Na lumieira da portada aínda se pode ver o ano da construción mailo seu nome. É de planta rectangular con dous corpos diferenciados. Destaca o arco de entrada dunha das portas. Os muros están compostos na maior parte de bloques de cadeirado de granito e cachotaría noutros lenzos da parede. Ten cuberta a dúas augas, e o tellado está practicamente derruído.[58]

Na parroquia de Serramo fican os restos doPazo das Torres do Comareiro, construído no século XVI. Na actualidade non conserva o seu elemento máis característico: as súas torres. O abandono deixouno nunha completa ruína e así hoxe é un edificio de planta rectangular alongada dividido entre distintos propietarios que o reconstruíron cadansúa parte con distintos criterios[59].

Na parroquia de Salto atópase aTorre de Señoráns, unha casa fidalga da que xa existían referencias a comezos do século XVII.[60] No lugar deCastromil, dentro da mesma parroquia, atópase outro pazo ou casa grande de liñas austeras, xa da época moderna, coñecido comopazo de Castromil, que conta tamén cunha capela.[61]

Outras construcións

[editar |editar a fonte]

Na parroquia de Berdoias atópase ocurro de Santa Cristiña, o único curro que se conserva da vella xurisdición de Vimianzo. Este mailo deCamelle, xa desaparecido, eran os lugares onde os vasalos dosCondes de Altamira debían levar o gando que pastaba nos montes. Consiste nun recinto ovalado fechado por un muro de cachotería de pedra de granito con portas feitas con táboas de madeira rudimentarias. No seu interior hai un hórreo de sete pares de pés máis unha construción cunha eira.[62]

Na parroquia de Salto existe, no alto do Monte de San Bartolomeu, unha fortificación aínda sen datar. Trátase dunha fortificación que comprende unha área de catro hectáreas na zona superior deste monte de 400 metros de altura. Comprende dúas liñas de murallas que tenden lenzos entre os numerosos batolitos do alto, especialmente naquelas zonas máis desprotexidas. A liña exterior ten un perímetro de 775 metros e, na zona sur, desenvolve un socalco que contén un manancial de auga coñecido como “a fonte do santo”. A liña interior é un recinto tendente a cuadrangular con esquinas redondeadas.[63]

Hórreo da reitoral de Cambeda

En Cambeda érguese ocabazo ou hórreo da reitoral de Cambeda, incluído na lista da ducia dos máis longos de Galicia. Ten 22,34 metros de lonxitude e 16 pares de pés. Tipoloxicamente pode clasificarse como hórreo tipo fisterrán: de granito, con pezas de cantaría superpostas con espazos para permitir a ventilación. A cuberta é de tella a dúas augas. Ten unha cruz nun dos pinches e para acceder a el ten dúas portas laterais e unha frontal. O seu gran tamaño débese a que nel se gardaban os décimos, unha porcentaxe das colleitas dos campesiños da parroquia que lle debían pagar á Igrexa[64].

Na mesma parroquia oCabazo de Basilio de Castiñeira (datado entre os séculos XVI e XVIII), outro hórreo de tipo fisterrán situado na casa fidalga de Basilio en Castiñeira, mais conta coa particularidade que reside na vontade artística coa que se construíu: presenta uns finos pés esculpidos con molduras ó estilo de columnas clásicas; os remates do pinchón e da cruz tamén teñen formas decorativas especiais[65].

No Campo da Piroga celebrábase ata non hai moitos anos a feira máis antiga da comarca da Terra de Soneira. Era coñecida como a feira de Baio, aínda que nunca se celebrou nesa vila, ata adécada de 1990. O nome vénlle en realidade pola proximidade que hai entre Baio e A Piroga (que pertencen a dous concellos distintos; Zas e Vimianzo) aos que só os separa unha ponte sobre as augas do río Grande. A referencia documental máis antiga sobre esta feira data do1741, no arquivo parroquial de Santo Amedio de Bamiro. Ademais, tamén aparece referenciada no Catastro de Ensenada de 1753. Contaba con dúas celebracións mensuais: a principal era o terceiro domingo de cada mes e a secundaria (o feirón) era os primeiros martes. A máis antiga é a primeira, da que temos constancia no século XVIII; a segunda viría motivada polo éxito da outra e instauraríase no XIX. A feira de Baio foi durante moito tempo o gran motor económico da comarca, nela comerciábase de todo o que se podía: gando, sementes, froita, teas, louza… Ata olería deBuño. Os feirantes distribuíanse ao longo desta ladeira do Monte Torán en filas. Había postos fixos (cubertos de pedra e madeira) ou con tarimas móbiles, mais tamén se colocaban ao longo do campo sen nada, cada un no seu oco. Hoxe o que podemos atopar no Campo da Feira da Piroga son os restos de varios cubertos de pedra onde se instalaban os vendedores. Deles só quedan uns cantos na parte central do campo e algún máis moderno de cemento espallado polo lugar. Os motivos polos que se abandonou oCampo da Feira da Piroga foron a especulación urbanística propiciada polos gobernos locais, que deixaron que se construíran vivendas e outras construcións ilegais en terreos que só estaban destinados a uso feiral. Os feirantes foron abandonando o lugar e invadindo a estrada comarcal, interrompendo así o tráfico rodado[66].

EnCarnés pódese atopar un dos recintos históricos máis singulares da comarca: aCerca da Faguía. Foi construída especificamente para a festa gastronómica da Faguía de Carnés en1832, a petición da Confraría de San Cristovo, para evitar que xente que non era confrade se aproveitase e participara na comida. Trátase dun recinto rectangular pechado por un alto muro que posúe dous espazos diferenciados: o lugar onde se celebra a Faguía á a casa de pedra de cachotería onde se fai a comida. A xente come nuns muros de pedra a modo de mesa que fan case un rectángulo. É un lugar de especial significación relixiosa e simbólica, remarcada esta polo ritual de virar a tella. Esta celebración foi declarada Festa de Interese Turístico no 2010[67].

No casco urbano da capital municipal existe aínda a vellaCasa Consistoral, que serviu como tal até1972, situada entre a rúa Trasariz e o vello Camiño Real. Arquitectonicamente é unha clásica casa vilega soneirá, de planta rectangular, de dous andares , tellado a dúas augas e varios balcóns con peitorís de ferro. As paredes están feitas de bloques de granito regulares na súa parte frontal, pero a traseira con cachotería irregular. O Concello tiña que pagar arrendamento pola casa, até que o alcaldeManuel Antelo Varela decide mudar a sede municipal a un predio de nova planta construído con esa función presidindo unha nova praza. Como curiosidade, este mesmo rexedor compraría a antiga casa consistorial no1979 por cariño. O interior foi reformado profundamente e só se conservaron a lareira, o forno e o vertedoiro. No exterior, case non houbo cambios, soamente a parte traseira. Puliuse o patio e levouse o muro até o linde[68].

Patrimonio natural e paisaxístico

[editar |editar a fonte]

Aula da Natureza do Val de Baíñas

[editar |editar a fonte]

A finais de xullo de 2016, o alcalde Manuel Antelo anunciou a construción daAula da Natureza do Val de Baíñas como un centro de estudos e actividades ambientais, que dotará de recursos didácticos e incluso lúdicos sobre todo aos mozos do municipio e a comarca[69][70].

Paseos fluviais

[editar |editar a fonte]

A comezos de2015 recuperáronse parte das ribeiras do río de Vimianzo, deterioradas pola presión urbanística, ao seu paso pola capital do concello[71]. Tamén existe un pequeno paseo peonil en Cereixo de recente creación ás beiras da desembocadura do río Grande e unha área recreativa aos pés do mesmo a altura dePasarela.

Penedos de Monte Torán

[editar |editar a fonte]

Trátase dunha pequena formación lítica situada a carón da ermida da Nosa Señora de Monte Torán. Ao igual que tantas outras formacións líticas e construcións megalíticas ao longo de toda Galiza, das pedras de Monte Torán contase que as trouxo unha moura na cabeza mentres fiaba nunha roca. A versión cristianizada da lenda conta que foi a Virxe quen trouxo esas pedras polo ar.[72]

Penedos de Pasarela e Traba

[editar |editar a fonte]

Na parroquia de Calo, lindando coa deTraba, atópanse osPenedos de Pasarela e Traba, declarados pola Xunta de Galicia en2008 Paisaxe Protexida. Pertencen a unha afloración granítica que se estende desde Traba até oCabo Vilán: aSerra da Pena Forcada. O granito rosado de toda esta zona (chamado tamén tipo Traba) chega até a costa creando formas de obxectos ou animais[73].

Símbolos

[editar |editar a fonte]

O escudo de Vimianzo foi aprobado polo Decreto 299/1994 de 30 de setembro, daConsellaría de Xustiza e Interior e Relacións Laborais:“de azur, e sobre ondas de azur e prata, un castelo de prata acompañado de cabeza de lobo da súa cor, linguada e sangrada de goles. Ao timbre coroa real”. Esta disposición baseouse na importancia do castelo na abundancia de cursos de auga que, a través do río Grande, chegan ao mar e na historia vinculada aos Condes de Altamira.[74]

Educación, cultura e deporte

[editar |editar a fonte]

Educación

[editar |editar a fonte]

O concello de Vimianzo conta cos seguintes centros públicos[75]:

  • Tres centros de ensinanza primaria: os CEIP de Baíñas, Castromil e San Vicenzo.
  • Un instituto de ensinanza secundaria, o IES Terra de Soneira, fundado en 1983.[76]

Cultura

[editar |editar a fonte]

Na actualidade a Asociación Xuvenil Cherinkas desenvolve máis de vinte actividades culturais e deportivas cada ano, como o SondeRock, o Roland Esgarros ou a Cherinkopa. Agrupa arredor de 200 socios e socias.

Ensetembro de2014 o xornalista e escritorManuel Rivas e a súa muller Isabel López, doaron preto dun milleiro de libros á Biblioteca Municipal, algún deles de gran valor pola súa calidade e rareza. Fixérono nun acto público conxunto co alcaldeManuel Antelo e os cativos da zona, no que se anunciou a intención de incrementar a cantidade de volumes nun futuro[77].

Para os días 2, 3 e 4 de setembro de2016 está prevista a celebración do II Simposio "O megalitismo da Costa da Morte no seu contexto atlántico" na Casa da Cultura[78].

Deporte

[editar |editar a fonte]

OSoneira SD é o principal equipo de fútbol, que disputa os seus encontros como local no campo municipal, a carón do polígono industrial.

Feiras, festas e celebracións

[editar |editar a fonte]

Feiras e mercados

[editar |editar a fonte]

Todos os xoves ten lugar un mercado ambulante polas principais rúas da vila de Vimianzo (Antonio Vázquez Mouzo, Candil, Vilar, Rodríguez Castelao e a praza do Concello). Os produtos que se ofrecen son variados como calzado, roupa, embutido, froita, apeiros de labranza, …

A que é probablemente a feira máis vella da comarca ten lugar no lugar da Piroga. Celébrase todos os martes agás o martes seguinte ao terceiro domingo de cada mes, cando se traslada ao domingo. Pódense atopar postos de calzado, roupa, froita, vexetais, embutidos,...[79] e parte da feira desenvólvese na veciña vila de Baio.

Festas patronais

[editar |editar a fonte]
ParroquiaFestaData
BaíñasSan Brais3 de febreiro
Santo Antoíño2 e 3 desetembro
BamiroNosa Señora de MontetoránMaio (martes antes daAscensión)
Nosa Señora do Carme17 e 18 deagosto
BerdoiasSan Pedro29 de xuño
Santa Cristiña24 de xullo
CaloSan Xoán27 de decembro
Santa Bárbara23 e 24 dexullo
Santa Lucía13 de decembro
Nosa Señora deCastrobuxánLuns de Pascua
CambedaSan Xoán24 de xuño
Virxe de Fátima13 de maio esetembro
CarantoñaNosa Señora do Carme
Virxe da Xunqueira1ª fin de semana deagosto
San Martiño13 de novembro
CarnésSanto Antonio13 de xuño
San Cristovo (Festa da Faguía)9 de xuño
CastreloSacramentoxullo
Nosa Señora do Carme10 de agosto
San Martiño11 de novembro
CereixoSantiago Apóstolo24 a 28 dexullo
SaltoSanto Eutelo7 semanas despois deSemana Santa
San Ramón enCastromil31 de agosto
Santa Irena3 de maio
Virxe da Peregrina naLagoa16 de agosto
SerramoSan Sebastián20 e 21 dexaneiro
Santa Cruz3 de maio
TinesNosa Señora da Ermida Vella8 de setembro
Santa Baia10 e 11 desetembro
TreosSan Miguel29 e 30 desetembro
San Xosé enXora19 de marzo
VimianzoSan Vicenzo22 de xaneiro

Festas populares

[editar |editar a fonte]

Na capital municipal celébrase aFesta do Asalto ao Castelo todos os anos a primeira fin de semana dexullo e asFestas do Verán de Vimianzo durante a primeira quincena de agosto.

O 19 e 20 de xullo de2016 tivo lugar a XVI edición daRapa das Bestas de Vimianzo no curro da Areosa, no Monte Faro, que se ben goza de tradición e popularidade non se ten celebrado de xeito regular todos os anos[80].

Romarías

[editar |editar a fonte]

EnTrasouteiro celébrase na terceira fin de semana de marzo, a máis próxima ao día dobeato frei Diego de Cádiz (24 de marzo), unha verbena arredor da capela do Beato. Ademais o sábado se realiza a baixada decarrilanas, que consiste en descender desde o alto do monte de Trasouterio até as proximidades da capela en vehículos artesanais sen motor, feitos principalmente de madeira (as rodas e os eixes deben ser obrigatoriamente de madeira). Na competición fanse tres baixadas:

  • Primeira: contra o reloxo, onde cada carrilana baixa soa e se cronometra o seu tempo.
  • Segunda carreira: conxunta, todas as carrilanas baixan ao mesmo tempo.
  • Terceira: baixada de carrilanas de exhibición, onde se premia a orixinalidade, complexidade e beleza da artesanía dos vehículos.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Vimianzo.

Parroquias

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia da Coruña | Parroquias deVimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) |Bamiro (San Amedio) |Berdoias (San Pedro) |Calo (San Xoán) |Cambeda (San Xoán) |Carantoña (San Martiño) |Carnés (San Cristovo) |Castrelo (San Martiño) |Cereixo (Santiago) |Salto (Santa María) |Serramo (San Sebastián) |Tines (Santa Baia) |Treos (San Miguel) |Vimianzo (San Vicenzo)

Lugares de Vimianzo

[editar |editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vimianzo vexa:Lugares de Vimianzo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "VisorSigPac".sixpac.xunta.es. Arquivado dendeo orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o2016-08-01. 
  2. "Clima: Vimianzo - Gráfico climático, Gráfico de temperatura, Tabela climática - Climate-Data.org".pt.climate-data.org. Consultado o2016-08-07. 
  3. Martínez Lema, Paulo (2010).A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV)(PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15-09-2019. Consultado o 24-6-2017. 
  4. "Historia. Prehistoria. Neolítico".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  5. "Patrimonio investiga la destrucción de una parte de un castro de Vimianzo".La Voz de Galicia. Arquivado dendeo orixinal o 22/08/2016. Consultado o2016-08-15. 
  6. "Historia. Cultura castrexa".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. 
  7. "Historia. Romanización".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  8. 8,08,18,28,38,48,5"Historia. Época Medieval".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  9. Montero, Xesús Alonso; Alvarez, Rosario (1999-01-01).Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero(encastelán). Univ Santiago de Compostela.ISBN 9788481218077. 
  10. "Sobre Camariñas".encajegalicia.com. Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o2016-08-15. 
  11. 11,011,1"Historia. Idade Moderna".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  12. "IGREXA DE SANTO ANTOÍÑO DE BAÍÑAS".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o2016-08-15. 
  13. 13,013,113,213,313,4"Historia. Época Contemporánea".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  14. "Un siglo detrás del tren de las «3 C»".La Voz de Galicia. 2013-10-13. Consultado o2016-08-15. 
  15. "Un siglo esperando el paso del tren".La Voz de Galicia. Arquivado dendeo orixinal o 29/08/2016. Consultado o2016-08-15. 
  16. "La moción de censura de Vimianzo se frustra por no cumplir todos los trámites legales".Faro de Vigo. Consultado o2016-08-15. 
  17. "O alcalde de Vimianzo abandona o BNG e aposta pola confluencia - Praza Pública".Praza Pública. Consultado o2016-08-15. 
  18. 18,018,118,218,318,418,5"Economía".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  19. "La constructora entregó a Suelo Empresarial del Atlántico el polígono industrial de Vimianzo".La Voz de Galicia. Consultado o2016-07-30. 
  20. "La SEA rebaja el precio en dos de los polígonos del «Prestige»".La Voz de Galicia. 2014-11-15. Consultado o2016-07-30. 
  21. Galicia, Xunta de (2016-07-29)."Feijóo avanza a contratación este mesmo ano do proxecto construtivo que permitirá prolongar a Autovía da Costa da Morte ata o concello de Vimianzo".Xunta de Galicia. Arquivado dendeo orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-31. 
  22. El País, Ediciones (2014-10-21)."La Xunta solo ahorrará un 17% por renunciar al 35% de la vía a Fisterra".elpais.com(encastelán). Consultado o2016-07-31. 
  23. "La Casa da Cultura de Vimianzo se pone al fin en marcha con los actos navideños".La Voz de Galicia. Consultado o2016-08-01. 
  24. "El Aula da Natureza que el Concello hará en Baíñas, lista para la licitación"(encastelán). 2016-07-29. Consultado o2016-08-01. 
  25. "O Concello de Vimianzo conta cun novo campo de fútbol de herba artificial".www.dicoruna.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o2016-08-01. 
  26. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016)."Bens de Interese Cultural (BIC)".abert@s. Arquivado dendeo orixinal(csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  27. "Anta de Prado Garrido". Consultado o2016-07-29. 
  28. "Mámoa da Mina de Folías 2". Consultado o2016-07-29. 
  29. "Mámoa da Necrópole do Rabós 2". Consultado o2016-07-29. 
  30. "Mina de Aquela Banda". Consultado o2016-07-29. 
  31. Redacción, QPC, (2016-08-25)."Descobren un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar". Arquivado dendeo orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o2016-08-27. 
  32. "Castro do Croado". Consultado o2016-08-03. 
  33. "Castro de Sansobre". Consultado o2016-07-29. 
  34. "Castro de Salto". Consultado o2016-07-29. 
  35. "Castro Buxán". Consultado o2016-08-03. 
  36. "Capela da Nosa Señora da Peregrina". Consultado o2016-07-29. 
  37. "Ermida de Santa Helena". Consultado o2016-07-29. 
  38. "Ermida de Montetorán". Consultado o2016-07-29. 
  39. "San Bartolomeu de Salto". Consultado o2016-08-03. 
  40. “Y uno se ahogaba allí”
  41. "Sanfíns de Cambeda". Consultado o2016-08-03. 
  42. "Cruceiro de Cheis". Consultado o2016-08-03. 
  43. "Cruceiro de Treos". Consultado o2016-07-29. 
  44. "Cruceiro de Paizás". Consultado o2016-08-03. 
  45. "Os batáns de Mosquetín". Consultado o2016-07-22. 
  46. "Muíño de mareas de Cereixo". Consultado o2016-07-30. 
  47. "Concello de Vimianzo. Patrimonio. Roteiro Turístico".vimianzo.es. Consultado o2016-07-21. 
  48. "Muíño da Gándara". Consultado o2016-07-22. 
  49. "Muíño das Pasantes". Consultado o2016-07-29. 
  50. "Muíño do Castelo". Consultado o2016-07-29. 
  51. "Muíño do Sariño". Consultado o2016-08-03. 
  52. "Fonte de Castrobuxán". Consultado o2016-07-22. 
  53. "Fonte da Praza da Igrexa". Consultado o2016-07-30. 
  54. "Ponte de Torelo". Consultado o2016-07-22. 
  55. "Pontella de Torelo". Consultado o2016-07-22. 
  56. S.L, TRASARIZ DESARROLLO INMOBILIARIO."Bodas y eventos en el pazo de Trasariz".www.trasarizinmobiliaria.com. Arquivado dendeo orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-21. 
  57. "Pazo e capela de Trasouteiro". Consultado o2016-08-03. 
  58. "Casa de Alonso II de Lema". Consultado o2016-07-29. 
  59. "Torres do Comareiro". Consultado o2016-08-03. 
  60. "Torre de Señoráns". Consultado o2016-07-22. 
  61. "Pazo de Castromil". Consultado o2016-07-22. 
  62. "Curro de Santa Cristiña". Consultado o2016-07-22. 
  63. "Fortificación do monte de San Bartolomeu". Consultado o2016-07-29. 
  64. "Cabazo da reitoral de Cambeda". Consultado o2016-07-29. 
  65. "Cabazo de Basilio de Castiñeira". Consultado o2016-08-03. 
  66. "Campo da feira da Piroga". Consultado o2016-07-29. 
  67. "A Cerca da Faguía". Consultado o2016-07-29. 
  68. "Antiga casa consistorial de Vimianzo". Consultado o2016-07-29. 
  69. Canosa, , Lorena Martínez (2016-07-29)."Vimianzo inviste máis de 500.000 euros en distintas obras de mellora". Arquivado dendeo orixinal o 12 de xullo de 2017. Consultado o2016-07-31. 
  70. "El Aula da Natureza que el Concello hará en Baíñas, lista para la licitación"(encastelán). 2016-07-29. Consultado o2016-07-31. 
  71. Cerqueiro, Redacción QPC, Ubaldo (2015-03-25)."Vimianzo solicita unha senda peonil por Tufións-Cereixo". Arquivado dendeo orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-31. 
  72. "Penedos de Monte Torám". Consultado o2016-08-03. 
  73. "Penedos de Pasarela e Traba". Consultado o2016-07-30. 
  74. "Escudo do Concello".Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-08-03. 
  75. "Colegios privados, concertados, públicos, institutos – Colegios Vimianzo".www.paxinasgalegas.es. Consultado o2016-07-30. 
  76. Historia
  77. Cerqueiro, Redacción QPC, Ubaldo (2014-09-04)."Manuel Rivas doou o seu primeiro millar de libros á Biblioteca de Vimianzo". Arquivado dendeo orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  78. "Programa do II Simposio "O MEGALITISMO DA COSTA DA MORTE NO SEU CONTEXTO ATLÁNTICO""(PDF).Concello de Vimianzo. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 20 de agosto de 2016. Consultado o2016-07-30. 
  79. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2011-07-22)."GALICIA - "FEIRON" STREET MARKET FEIRA DE BAIO IN ZAS A CORUÑA".Turgalicia(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o2016-08-03. 
  80. "XVI Rapa das Bestas de Vimianzo".finisterrae.com "Información turística na Costa da Morte". Consultado o2016-08-03. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  VimianzoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Terra de Soneira
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vimianzo&oldid=6983422»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp