Vilar de Barrio é un concello daprovincia de Ourense, pertencente ácomarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en2014 tiña 1500 habitantes(1963 en2003). O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «barriés».
Hai restos depoboados castrexos en Bóveda e Padreda e restos de lápidas funerarias. Consérvase unha antiga ponte sobre orío Arnoia en Arnuíde e parte da vía romana que ía deChaves ataVerín. Casa do marqués de Bóveda en Padreda e Casa dos Gaiosos na parroquia de Bóveda, do século XVIII.