Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vigo

Coord.:42°14′09″N8°43′36″O / 42.2358,-8.7267
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O artigo non é neutral
Este artigo ou apartado conténafirmaciónsnon neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de formasubxectiva sen achegarinformación neutral everificable. Por favor, axudemellorando este artigo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Vigo.
Modelo:Xeografía políticaVigo
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 42°14′09″N8°43′36″O / 42.2358,-8.7267
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de PontevedraEditar o valor en Wikidata
CapitalVigoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación293.977(2024)Editar o valor en Wikidata (2.695,55hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie109,06 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico ería de VigoEditar o valor en Wikidata
Altitude28 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataAbel Caballero(2007–)Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en VigoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36201–36216Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36057Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvigo.galEditar o valor en Wikidata
Facebook: 168168246554044BNE: XX450758Editar o valor en Wikidata

Vigo (Gl-Vigo.oggpronunciación (axuda · info)) (tamén coñecida como acidade olívica[1]) é unha cidade e concello daprovincia de Pontevedra, nacomunidade autónoma deGalicia, no noroeste daPenínsula Ibérica. É a capital dacomarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca deVal de Fragoso. Ademais é a capital da súaárea metropolitana. A cidade atópase na beira sur daría de Vigo, a máis meridional dasRías Baixas.

É unmunicipio costeiro dasRías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello deRedondela, ao leste co deMos, ao sur cos doPorriño eGondomar e ao suroeste co concello deNigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas deCangas eMoaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dosmotores económicos de Galicia. Con 480 525 habitantes na área metropolitana e 296 226 habitantes na cidade en xullo de 2023,[2] é o concello máis poboado de Galicia, o décimo cuarto deEspaña, e o primeiro sen rango de capital de provincia.[3] A súa extensión é de 109,06 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2720,45 hab/km² aínda que na zona urbana se incrementa notablemente.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Vigo.

Limita ao norte coocéano Atlántico, ao nordés coconcello deRedondela, ao leste co deMos, ao sur cos concellos doPorriño eGondomar, e ao suroeste co concello deNigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, oCastro, con 149 metros de altura e unha superficie de 21 ha.[4] Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas. Salienta como punto máis alto oMonte Galiñeiro, seguido doMonte Alba, ambos os dous pertencentes áSerra do Galiñeiro.

División administrativa

[editar |editar a fonte]

O concello de Vigo ten ungran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios, comoAs Travesas,O Calvario,O Berbés,Casabranca,O Areal,O Castro... Porén, a división tradicional enparroquias, formada poraldeas elugares, segue estando moi viva.

Parroquias históricas de Vigo

As parroquias históricas do concello de Vigo son:Alcabre,Beade,Bembrive,Bouzas,Cabral,Candeán,Castrelos,Coia,Comesaña,Coruxo,Freixeiro,Lavadores,Matamá,Navia,Oia,Saiáns,Sárdoma,Teis,Valadares,Santa María de Vigo,Santiago de Vigo eZamáns.

Debido ao crecemento da cidade, foron creadas novas parroquias eclesiásticas, tanto no núcleo urbano, comoSan Francisco do Berbés,Santo Antonio da Florida,Santa Marta de Balaídos,Santa Lucía da Salgueira ouSan Xoán do Monte, como tamén na zona periurbana, comoSan Paio de Lavadores,Santa Clara ouSanta Tareixa de Xesús. Dúas delas,A Florida eSan Paio conseguiron o rango de parroquia civil no Nomenclátor de Galicia[5], mais non aparecen no Nomenclátor estatístico de Galicia[6]. Ao igual queBouzas eCoia (e algunhas partes deLavadores,Freixeiro eTeis), os datos censuais destas últimas son incluídos dentro da cidade deVigo[6]. Á esquerda pode verse o mapa das parroquias eclesiásticas do concello.

División en parroquias eclesiásticas de Vigo.

Eclesiasticamente divídese en seis arciprestados:Vigo-Santo André,Vigo-Fragoso,Vigo-Lavadores,Vigo-Teis,Vigo-Casabranca eVigo-Centro.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima da cidade de Vigo é oceánico con influencias mediterráneas (tipo "Csb" naclasificación climática de Köppen). Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns cálidos pero non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C. A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa secaestival. Pódese dicir que é unclima oceánico de transición aomediterráneo, un clima privilexiado característico dasRías Baixas. O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais einvernais. Os ventos do nordés arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo así oafloramento das frías. Debido á súa baixatemperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.[Cómpre referencia]

Aría de Vigo é un dos puntos máis chuviosos de Galicia, con abondosas precipitacións e rexistro de 1 918 milímetros anuais, segundo fontes daAEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Isto provoca que Vigo sexa a terceira cidade de Europa onde máis chove ao ano (medido en litros por metro cadrado) trasTrondheim (Noruega, primeira) eSantiago de Compostela (Galicia, segunda). Porén, Vigo conta cun maior número de días albadeados que a meirande parte de concellos galegos, equiparábel aos que teñen enTarifa,Málaga ouValencia.[7][8] No inverno as xeadas escasean e as temperaturas non adoitan baixar dos 12 °C.


As temperaturas que se amosan na táboa inferior, pertencentes á estación meteorolóxica do aeroporto, non reflicten a realidade do clima da cidade, moito máis benevolente. Aínda que as medidas son certas e tomadas dentro do termo municipal de Vigo, están tomadas a 264 metros de altitude e a 10 quilómetros do centro, no aeroporto, nunha zona onde o clima é máis frío que na cidade e onde a brétema é bastante frecuente.

Aeroporto de Vigo (1972-2000)
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAno
Temperatura máxima absoluta (°C)21,027,628,029,633,638,636,637,536,030,024,623,2
38,6
Temperatura máxima media (°C)11,612,915,116,118,222,024,324,222,418,514,712,3
17,7
Temperatura media (°C)8,39,310,911,914,017,319,419,418,014,611,39,2
13,6
Temperatura mínima media (°C)5,05,86,67,79,912,614,614,613,610,87,96,2
9,6
Temperatura mínima absoluta (°C)-4,0-5,0-3,0-0,22,04,67,67,25,02,0-0,8-3,4
-5,0
Precipitacións (mm)255219145148141734340113215228298
1909
Horas de sol11311617618421726929628120515410990
2212
Humidade relativa media (%)858176757774747478828686
79
Fonte:AEMET

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución demográfica de Vigo dende 1900.
Datos demográficos de Vigo
(1842-2010)
AnoPoboaciónFogares
184267421770
189711 4123528
191017 2228659
193065 01212 910
194085 27214 376
1950137 87334 164
1970197 14449 122
1981258 72469 474
1991278 05080 099
2001287 282*93 425
2011297 241*
2018293 642|
Fonte:INE (*=IGE).[9]
Censo total2018293 642 habitantes
Menores de 15 anos40 967 (13.95 %)
Entre 15 e 64 anos188 044 (64.04 %)
Maiores de 65 anos64 631 (22.01 %)

Segundo os datos do censo, no ano1910 había ao redor de 17 300 habitantes, fronte aos 296 479 do ano 2013.[10]

A cidade de Vigo foi durante as últimas décadas unha das cidades europeas con maior crecemento da poboación.[Cómpre referencia] Con respecto a principios doséculo XX a súa poboación multiplicouse por 13, e con respecto a mediados dese século, duplicouse. Este incremento tan grande non se pode achacar só ao crecemento vexetativo, hai dous factores que contribuíron decisivamente:

  • A migración interior, sobre todo desde outras zonas de Galicia, atraída pola oferta de man de obra, sobre todo na industria viguesa.
  • Os cambios nas divisións administrativas: o actual concello de Vigo é froito da fusión ou absorción dos concellos históricos deBouzas, anexionado en1904, eLavadores, anexionado en1941. Esa circunstancia histórica reflíctese aínda hoxe na fala popular, onde é común escoitar "vou a Vigo", para referirse a "vou ao centro".

A maior parte da poboación concéntrase na cidade, aínda que as parroquias periféricas posúen tamén un importante continxente da poboación e unha alta densidade (a máis alta de España se se exclúen as zonas urbanas)[Cómpre referencia]. De feito no 2008, segundo oInstituto Nacional de Estadística, á parte da cidade de Vigo, existían no municipio 15 núcleos de poboación que superan os 1000 habitantes: Babío (1275), Saa (1223), A Penís (1149), A Fonte Escura (1238), Pereiró (4150), A Ponte (2267), Freixeiro (2573), Mantelas (1563), Salgueira (1248), A Bagunda (2686), A Bouciña (1657), Barreiro (1686), A Ceboleira (2868), Pardavila (4388) e A Garrida (1242).

Área metropolitana

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Artigo principal:Área Metropolitana de Vigo.

A área metropolitana de Vigo esténdese por todo o sur daprovincia de Pontevedra, limitando ao sueste coascomarcas doCondado e daParadanta, ao sur coa doBaixo Miño, ao norte coaría de Vigo, acomarca do Morrazo e acomarca de Pontevedra e ao oeste coocéano Atlántico.

Segundo oINE, tiña unha poboación de 478.427 habitantes no ano 2015, dos que 294.098 habitantes vivían no concello.[11]

Actualmente a área metropolitana de Vigo está formada polos seguintes concellos:Baiona,Cangas,Fornelos de Montes,Gondomar,Moaña,Mos,Nigrán,Pazos de Borbén,O Porriño,Redondela,Salceda de Caselas,Salvaterra de Miño,Soutomaior e mais Vigo.[Cómpre referencia]

Inmigración

[editar |editar a fonte]

Segundo un estudo rematado no final de2012 poloInstituto Galego de Estatística; indica que a maior parte da poboación viguesa naceu no propio concello (58,9 % e 175 142 habitantes), habendo unha porcentaxe considerábel de residentes nados noutras localidades de Galicia (24,2 % da poboación do concello). Mentres que un 16,9 % da poboación viguesa naceu en diferentes comunidades da xeografía española de fóra de Galicia.[12]

Amais en Vigo existe unha importante porcentaxe de estranxeiros residentes na cidade; segundo un estudo publicado en xaneiro de 2014 polo Concello de Vigo, na cidade habitaban un total de 19 354 estranxeiros censados (800 menos có ano anterior); da poboación estranxeira residente en Vigo, a maior parte eran orixinarios de diversos países deEuropa (7235 habitantes, principalmente cidadáns doutros países daUnión Europea, sobresaíndo principalmente as colonias de cidadánsportugueses con 3 063 habitantes e aromanesa con 1.551 habitantes, e logo as colonias deItalia con 827 habitantes,Francia con 403 habitantes,Reino Unido con 208 habitantes,Alemaña con 212 habitantes ePolonia con 145 habitantes).[Cómpre referencia]

Por unha marxe moi estreita sitúanse xustamente por detrás os cidadáns orixinarios deAmérica (cun total de 7.088 habitantes, principalmente deAmérica do Sur e en especial doBrasil con 1.518 habitantes,Colombia con 887 habitantes,Uruguai con 685 habitantes,Arxentina con 597,Perú con 551 habitantes eVenezuela con 423 habitantes).

Moi por detrás atópanse os cidadánsafricanos (1589 habitantes, salientando principalmente os núcleos de poboación de cidadánssenegaleses con 597 habitantes e osmarroquís con 374 habitantes), osasiáticos (734 habitantes, case todoschineses con 489 habitantes) e finalmente cidadáns procedentes deOceanía, que apenas chegan aos 8 habitantes, orixinarios todos eles deAustralia.

É precisamente o aumento da poboación estranxeira censada na cidade nesta última década o que fixo aumentar o censo de habitantes no padrón municipal de Vigo. O devandito fenómeno afecta do mesmo xeito á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.

Cabe sinalar que froito deste fenómeno o barrio vigués doCalvario converteuse no barrio con maior presenza de inmigrantes de toda Galicia.[13]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Vigo.
Véxase tamén:Reconquista de Vigo.
Reprodución de vivendas castrexas noMuseo do Castro.

Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos, como testemuñan a gran cantidade dedolmens emámoas, a pesar de que os restos atopados non abranguen épocas anteriores áIdade da Pedra, período do cal se atoparon media centena de útiles tallados encuarzo ecuarcita. Acultura castrexa desenvolta en Galicia deixou na cidade olívica importantes pegadas, que levan a pensar que a cidade tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.

En Vigo o proceso deromanización foi moi temperán e intenso, aínda que durou preto de seiscentos anos. Recentes intervencións arqueolóxicas falan dun importante asentamento, oVicus romano.

A información de cidade con respecto áIdade Media é moi escasa. Os ataquesxermanos e piratas provocaron unha emigración de gran parte da poboación cara a zonas máis seguras no interior. Coa dominación da sociedade galega por parte da xerarquía eclesiástica nesta época, Vigo dependeu durante moito tempo domosteiro de Melón. Foi xa avanzada a Idade Media queMartín Codax compuxo as súascantigas de amigo.

Do séculoXV aoXVIII Vigo foi medrando paseniño, a pesar dos constantes ataques piratas. Acadou durante aIdade Moderna importancia na actividade artesanal e mailo comercio pesqueiro. Os armadores vigueses, encargados da defensa daría, rexeitaron en1589 o ataque dunha armada inglesa ao mando deFrancis Drake. Tamén foi histórica abatalla de Rande.

Vigo en1877. No final dos. XIX a vila tiña uns 15.000 habitantes.

A comezos doséculo XIX Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército deNapoleón. Unlevantamento popular encabezado polos militaresPablo Morillo eBernardo González “Cachamuíña” expulsou o exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. No final do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.

Evolución histórica das divisións municipais do territorio de Vigo.

Oséculo XX caracterizouse pola engalaxe económica. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban para asAméricas. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo daguerra civil española (19361939). Entre as vítimas pódese citar o alcaldeEmilio Martínez Garrido, fusilado o26 de agosto de1936.

Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordenado, motivado polo desenvolvemento industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia. A pesar da crise do petróleo, que azoutou a cidade entre1975 e1985, desde finais da década de 1980 obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata o presente.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Toponimia

[editar |editar a fonte]

Vigo é un topónimolatino frecuente para aqueles pequenos poboamentos semiurbanos ou rurais sen fortificar, ou "aldeas".[14][15][16] Neste caso xorde do "Vicus" altomedieval, entre osséculos IX eX.[17][18][15] No actual sur galego as "villae" xorden ligadas aos castros; mentres que no norte galego, no centro lucense e no asturiano, as "uillae" estiveron ligadas aos asentamentos romanos.[19]

A orixe do Vigo actual atópase no asentamento da vila, empedrada e estruturada, que nace aos pés do Castro tralo declive nosséculos VI-VII da cidade romana que alí se atopaba,[17][20][21] e que seguramente se denominabaBurbida.[17][22]

Téñense barallado as orixes do topónimo enVicus Spacorum eVicus Helleni pero ningunha ten fundamentos históricos.[17][20][22][18] Postulouse queSpacorum (xenitivoplural deSpacori) era a tribo das terras próximas.[Cómpre referencia] A identificación da cidade con eses dousVicus non se sustenta co que se coñece do percorrido daVía XIX, e na cal se fundamentaban. Suporía unha desviación irrealista no percorrido da vía que conectouCompostela ouIria Flavia conTui[23][17], inda que si que encaixa coaBurbida desa vía[17].Burbida sería un importante porto comercial e con industrias de salga que se asentaba nas inmediacións da actualcolexiata[Cómpre referencia].

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Vigo é unha cidade interesante para oturismo, cun fermoso porto e zona antiga, museos variados (dearqueoloxía,arte antiga econtemporánea etc), zonas comerciais, unha gran dotación de hoteis e rodeada de localidades e paraxes de grande atractivo turístico e paisaxístico.

Celebración daReconquista, praza da Constitución.
Porta do Sol coSereo en primeiro plano.
Praza de Compostela, A Alameda.

O centro urbano

[editar |editar a fonte]
Edificio Simeón.

Patrimonio arquitectónico

[editar |editar a fonte]
Edificios modernistas
[editar |editar a fonte]

Vigo ten un elevado número de edificiosmodernistas, sendo importante tamén o número de edificacións doutros estilos como oeclecticismo (Casa de Fernando Carreras) e oracionalismo, que lle dan a singular aparencia a varias zonas do centro urbano. Así, salferindo o trazado urbanístico de Vigo atópanse edificios monumentais, pequenas alfaias de autores comoAntonio Palacios Ramilo (Teatro García Barbón,Jenaro de la Fuente Domínguez (arquitecto doHotel Universal e aCasa Bonín),Manuel Gómez Román (antigoEdificio Simeón na Porta do Sol,Edificio Mülder),[26]Michel Pacewicz (os números 13,15,17 da rúa Urzaiz e os nº 15,17,19 da avenida García Barbón) eJosé Franco Montes (autor da casa de Joaquín Perez Boullosa na praza de Compostela número 24 e a casa dos irmáns Suárez en Montero Ríos número 2).

Edificios románicos
[editar |editar a fonte]
Igrexa de Santa María de Castrelos.
Centro Social Afundación Vigo.
Museo do mar de Galicia.
Museo MARCO.
Casa das Artes.
Museo Municipal Quiñones de León.
Centro Cultural Afundación Vigo no Teatro García Barbón de Vigo.

É tal a importancia dorománico que se conserva no municipio de Vigo que moitos autores españois chegaron a acuñar o termo derománico vigués.[Cómpre referencia] Consérvanse tres importantes exemplos de igrexas románicas do sur de Galicia:

  • Igrexa de Santa María de Castrelos, a tan só 100 metros do núcleo urbano; doséculo XII, está formada por unha única nave de ábsida semicircular e unha planta de 20 por 7 metros. No seu muro interior norte poden verse unhas interesantes pinturas murais, restauradas a metade dos anos 90 do século pasado, datables nos séculos XV-XVI, posiblemente. Representan un Cristo en Maxestade, unha misa de san Gregorio e unha epifanía.
  • Igrexa de San Salvador de Coruxo, tamén do XII. Destaca a súa monumental ábsida e os motivos dos seus canzorros. Trátase da igrexa monasterial do antigo priorado que existiu alí ata ben entrada a idade moderna.
  • Igrexa de Santiago de Bembrive, doséculo XII e tamén cunha ábsida de importancia.

Museos e Centros culturais

[editar |editar a fonte]

OCentro Social Afundación Vigo é un edificio multiúsos adicado a diferentes tipos de exposicións. Entre as súas exposicións destaca a antiga Colección Caixanova. A Colección Caixanova está formada por máis de 4.000 obras, das cales se expoñen 120 que van dende oséculo XIX até os nosos días. Xunto coa Colección Caixanova destaca a Exposición Naturnova, centro interactivo deeducación ambiental formado por 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: OUniverso, ABiosfera, OHome e O Medio. Ademais, o centro conta cun auditorio, salón de recepcións, instituto de desenvolvemento, centro de iniciativas sociais, área de novas tecnoloxías e tres zonas de exposicións temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. O Centro ocupa aCasa Bárcena, edificio deestilo ecléctico deseñado polo arquitecto viguésJenaro de la Fuente Domínguez no final doséculo XIX. O inmoble constitúe unha das súas mellores obras na cidade.

OMuseo do Mar de Galicia está emprazado na beira daría, en Punta de Muíño (parroquia deAlcabre).

O seu contido museístico versa sobre o mar e a súa relación con Galicia e as xentes que dependen del. O edificio en que está aloxado foi deseñado polos arquitectosAldo Rossi eCésar Portela, aínda que o primeiro faleceu antes de comezar as obras.

OVerbum – Casa das palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Escolleuse o nome deVerbum, vocábulo latino que significa "palabra", porque a palabra é a orixe do proxecto e o latín é a orixe das linguas faladas en Galicia. A construción atópase situada en primeira liña fronte ao mar, no contorno dapraia de Samil; zona de lecer cun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, dotacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros.

OMuseo de Arte Contemporánea de Vigo está situado nun edificio que constituíu na súa orixe uncárcere. Anos despois sería rehabilitado de forma que o13 de novembro de2002 volvería abrir as súas portas como museo. Consta de dúas plantas e un espazo anexo. Acolle exposicións artísticas en diversos soportes tales comofotografía,escultura oupintura. Ademais destas mostras tamén presenta diversas actividades didácticas.

ACasa das Artes, situada narúa Policarpo Sanz, é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén constitúe a sede daFundación Laxeiro e da colecciónLuis Torras.

ACasa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concilia a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ó estudo da realidade histórica e actual deGalicia. O centro dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, amais de dependencias de uso interno. Entre os elementos máis salientables da Casa Galega da Cultura cómpre referirse áBiblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.

Centro Arqueolóxico de Salinae, son unhas salinasromanas, achadas, a principios doséculo XXI, con motivo da construción dun centro de saúde na rúa Rosalía de Castro. Resalta destesitio arqueolóxico o seu tamaño e a súa vinculación con outros achados da zona contemporáneos no tempo. A Consellería de Cultura desenvolveu un plan de musealización do asentamento que, dependente do Museo do Mar, foi aberto ao público no ano2009.[27]

OMuseo Municipal Quiñones de León está situado no antigoPazo de Lavandeira, que fora doado poloMarqués de Alcedo en1925, está dividido en tres áreas; na planta baixa está decorada simulando o aspecto do pazo cando estaba habitado, outra área está dedicada aarte galega contemporánea e, finalmente, está a área deprehistoria earqueoloxía de Vigo e a súabisbarra.

OTeatro García Barbón está en pleno corazón de Vigo. Foi proxectado polo arquitectoporriñésAntonio Palacios a comezos doséculo XX, e restaurado pola Caixa de Vigo en 1984. Con preto de 30 anos de experiencia na organización de actividades culturais (música, teatro, danza, cine, conferencias, exposicións etc.) e todo tipo de iniciativas relacionadas con convencións, congresos ou reunións de traballo, polo Teatro pasan anualmente unha media de 300.000 persoas.

OMuseo Etnográfico Liste naceu a partir da Fundación Liste. O seu principal obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O museo conta con nove salas de exposicións con máis de 2.000 pezas á disposición do público. A sede do museo atópase na rúa Pastora 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.

AVila romana de Toralla é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunhavilla (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. Napraia do Vao.

NoCastro de Vigo hai un poboado castrexo museizado coa réplica de tres vivendas da época. NoMonte do Castro.

OCentro de Arte Fotográfica (CAFVI), na rúa Eduardo Chao, abriu as portas en maio de 2015, expoñendo unha selección doArquivo Pacheco.[28]

Universidade

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Universidade de Vigo.

Vigo conta co renovado, moderno e extensoCampus Universitario das Lagoas-Marcosende (CUVI) na parroquia deZamáns, que aglutina as escolas de Enxeñaría Superior de Telecomunicacións e Industriais, de gran tradición na cidade, e a escola de Económicas e Empresariais. Así mesmo é unha das poucas universidades que ofrece a titulación de Ciencias do Mar.[29] No Campus tamén existen centros de investigación á disposición da universidade e empresas tecnolóxicas do sector.

As Escolas de Enxeñaría Técnica Industrial e de Administración de Empresas están situadas no centro da cidade.

Actividade editorial

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Actividade editorial en Vigo.
Local onde se atopaba a Imprenta de Compañel na rúa Real.

Desde oséculo XIX a cidade olívica foise conformando como o maior centro editorial deGalicia. As orixes da imprenta en Vigo están ligadas co crecemento da cidade, a defensa dos intereses locais e o espallamento de ideas progresistas. O3 de novembro de1853 o impresorÁngel de Lema y Marina publica o primeiro número deFaro de Vigo, co apoio de dous persoeiros combativos, José Carvajal e o poeta José María Posada, que afrontaron os conflitos daquel momento (o problema dolazareto daIlla de San Simón, que causou disputas coaCoruña, a emigración, a loita polo ferrocarril e a miseria do mundo agrario). En1856 créase a Imprenta Compañel na rúa Real, rexida polo impresorJuan Compañel co apoio de Alexandre Chao e o eruditoManuel Murguía. Tratábase dunha editorialrexionalista na liña do espírito do Bienio Progresista. A editorial publicou diversos libros de ciencia, literatura, educación, pensamento e folletíns como suplemento do xornal, pero o seu título máis salientable éCantares Gallegos deRosalía de Castro, con pé de imprenta do17 de maio de1863.

Pouco e pouco vai medrando a actividade editorial na cidade, pero o pulo definitivo chega logo da guerra civil, sobre todo no ámbito das editoriaisgaleguistas, aínda que aparecen algunhas iniciativas de edición enespañol que teñen interese.

En1948Xosé María Álvarez Blázquez eLuís Viñas Cortegoso crean o anticuario Monterrey, na rúa Pi i Margall e dous anos despois fundan Edicións Monterrey. Empezaron publicando libros debibliofilia, entre eles o polémicoCancioneiro de Monfero, que non era a edición dun códice medieval senón poemas de estilo medieval escritos por X. M. Álvarez Blázquez. En1951 fúndaseEditorial Galaxia. O seu obxectivo era crear un espazo para a potenciación e modernización do galeguismo. Aínda que se trata dunha editorial xeneralista de carácternacionalista, desde os seus comezos fixou a súa liña editorial, que se centraba na publicación deliteratura galega, ensaio e a revistaGrial.

En1964 os irmáns Álvarez Blázquez abren un novo proxecto editorial,Edicións Castrelos, con dúas liñas editoriais fundamentais: clásicos galegos, na colección Follas Novas, e a primeira colección de cultura popular galega, Os Libros do Moucho, que publicaba libros escritos polos propios editores, especialmente Xosé María, de etnografía, obras literarias clásicas breves, curiosidades lingüísticas…

En1960 fúndaseSEPT, vinculada á fundación do mesmo nome, unha editorial especializada no libro cristián en galego. Hai que salientar a publicación da primeira edición daBiblia en galego.

En1977 recupérase en VigoA Nosa Terra, que nos seus comezos publica só o semanario do mesmo nome, pero logo se converte en editorial xeneralista de marcada liña nacionalista e independentista.

A chegada dasautonomías contribúe a potenciar a edición enlingua galega, e con ela, a aparición de novas editoriais, que elixen Vigo como sede. En1979Xulián Maure Rivas eGermán Sánchez Ruipérez, responsable de Editorial Anaya, creanEdicións Xerais de Galicia, especializada nos seus comezos en literatura galega e libro de texto.

Asociacións culturais

[editar |editar a fonte]

Patrimonio natural

[editar |editar a fonte]

Ademais dos atractivos propios dunha cidade, Vigo tamén é un concello cunha ampla oferta depraia enatureza, destacando ante todo asIllas Cíes, pero tamén as praias de Samil, Canido e do Vao, os seus parques urbanos e tamén os parques forestais situados nos outeiros que circundan a cidade. Ademais conta con varias importantes rutas de sendeirismo homologadas que percorren os montes e outras paraxes do municipio vigués. Na cidade atopamos variasárbores senlleiras, como aoliveira do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade, así como varios exemplares decamelias,faias,tulipeiros etc, noParque de Castrelos.

Praia de Samil coaIlla de Toralla ao fondo.
  • Apraia de Samil é unha das maiores praias de Vigo e a máis frecuentada por turistas e visitantes. Dispón de amplas zonas de paseo, zonas axardinadas e deportivas, piscinas e outros servizos. Ao final da avenida de Europa atópase a esculturaO rapto de Europa de Oliveira.
  • Apraia de Canido, situada entre a praia do Vao e Cabo Estai, dispón de zonas de paseo e zonas axardinadas, así como un porto marítimo. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona. Posúe tamén restaurantes para a degustación demariscos epeixe.
  • Apraia do Vao, de gran calidade ambiental. No seu extremo occidental atópase aVila romana de Toralla, unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunhavilla (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. Ao outro lado daponte de Toralla está a polémicaIlla de Toralla.

Estas dúas últimas praias, xunto coas da Punta, O Tombo do Gato, Argazada e Fontaíña foron as praias viguesas distinguidas co galardón dabandeira azul no ano2007.

Illas Cíes dende a Costa da Vela,Cangas.
Entrada ao Monte do Castro.
  • AsIllas Cíes, arquipélago que forma parte doParque nacional das Illas Atlánticas. Dispón de praias e cámping, e é visitable en tempada estival con barcos que parten diariamente desde Vigo eBaiona. No ano2007 o xornal británicoThe Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo como "praia máis fermosa do mundo".[30]
  • OParque de Castrelos. Sito no barrio do mesmo nome, é o maior parque urbano de Vigo. Está dotado dun grande auditorio ao aire libre e zonas de paseo con estanques e variedade de especies forestais. Nel atópase oPazo de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo e transformado enMuseo dende que en1925 fose doado polo último descendente da familiaQuiñones de León, antiga propietaria.
  • OMonte do Castro (149 m) era antigamente o Monte Feroso.[31][32] É un parque situado no centro da cidade. Ocupa o espazo dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre osséculos VI antes de Cristo aoII despois de Cristo. O mundo castrexo coincide coa chamadaidade de ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificacións doséculo XVII que formaban parte –xunto co próximo castelo de San Sebastián e asmurallas que rodeaban a cidade antiga– da estrutura defensiva de Vigo.
  • OMonte da Guía atópase no barrio deTeis. Miradoiro privilexiado sobre aría de Vigo. Este monte foi tamén uncastro, un dos 27 poboados fortificados daidade de ferro que están catalogados no concello. O seu nome débese con toda probabilidade a unhaparonimia do orixinal "Monte da Aguia" pola formacastelá "Monte de la Guía" (Monte da Guía).
  • Parque Natural das Ciencias –Vigozoo. O único zoo de Galicia non é un mero recinto de exhibición, senón que constitúe un parque de ciencias naturais especializado na fauna autóctonaeuropea e na conservación das súas especies. Así, o Parque Natural das Ciencias – Vigozoo ten como un dos seus obxectivos o traballo xenético para a recuperación de especies en vías de extinción. Ademais, o parque desenvolve traballos sobre a valoración da tensión de animais engaiolados, de anatomía comparada de grandes mamíferos, dosanfibios eréptiles, de parasitoloxía, do desenvolvemento de larvas da adaptación reprodutiva dos animais etc., adaptando a medio ás necesidades de cada exemplar.
  • Os amplos parques forestais situados nos arredores de Vigo: OMonte Alba (trátase do punto de maior altitude), o próximo Monte Cepudo, o Monte dos Pozos, o Monte de Beade, Vixiador,Madroa, Saiáns e Zamáns.
Fauna e flora
[editar |editar a fonte]
Fauna
Aves acuáticas na marisma dorío Lagares.

Ademais das especies de fauna silvestre propia das cidades da Europa Atlántica, na cidade abundan especialmente asgaivotas epombas. Nos parques tamén aniñanmerlos eestorniños, así coma diferentes especies deparrulos norío Lagares. A presenza máis ou menos estable de máis dun cento de especies de aves silvestres, que adoptaron o medio urbano como residencia ou como lugar de paso habitual de aves como ofolosa acuática (Acrocephalus paludicola) ou osestorniños (Sturnus vulgaris) constitúe un indicador de calidade ambiental.

Na cidade e os seus arrabaldes téñense detectados tres grandes grupos de aves. En primeiro lugar, especies acuáticas comogarzas,garzotas,corvos mariños cristados,gaivotas ou algún exemplar depicapeixe. Tamén se localizaron rapaces, coma ofalcón peregrino. E en terceiro lugar, especies paseriformes,pombas,pegas,pardais,merlas ouestorniños. Nos montes que arrodean a cidade hai a típica fauna dobosque litoral galego, é habitual atopar neles especies coma olagarto arnal, ocoello e incluso araposa.

Tamén se poden verarroaces ecaldeiróns que ás veces se achegan á beiramar.

Flora

O bosque natural propio do concello estaba composto porfragas atlánticas,carballeiras,bosques de ribeira atlánticos, vexetacióndunar e de litoral nas praias euceiras nos outeiros máis altos. Coa degradación do mesmo ao longo dos séculos, este quedou reducido a pequenas tacas nos vales, sendo subtituído nas últimas décadas por piñeirais depiñeiro bravo e máis recentemente formacións deeucalipto eacacia. Con todo nos últimos anos hai unha tendencia para recuperar os bosque caducifolio orixinal por parte de varias comunidades de montes que comezaron a repoboar conbidueiros,castiñeiros,carballos,cerdeiras e outras especies autóctonas. Cómpre tamén salientar a flora do arquipélago dasIllas Cíes, que contan co seu propio ecosistema, de gran riqueza ambiental, tanto terrestre coma mariña onde conviven unha gran cantidade de especies vexetais e animais. As illas considéranseZEPA (zona de especial protección para as aves) polaComunidade europea. Ademais no arquipélago moran especies de aves non mariñas, outras clases de vertebrados, especialmente de réptiles, e unha vexetación marítima moi rica.

No caso da zona urbana da cidade, esta conta con aproximadamente 10 930 árbores ornamentais en prazas, avenidas e rúas (un número moi significativo xa que nesa cifra non se inclúen as especies das zonas verdes nin dos parques forestais). Nas rúas e prazas do centro da cidade salientan:[33]

Etnografía

[editar |editar a fonte]

Gastronomía

[editar |editar a fonte]
Arúa das Ostras é un lugar típico para a degustación dasostras.

A gastronomía viguesa, ao igual cá galega, caracterízase pola calidade dos seus produtos e a elaboración dos seus pratos. En Vigo pódese atopar o mellor da gastronomía do país:mariscos,peixes,carnes,vexetais,empanadas,queixos eviños.

Na cidade de Vigo pódese atopar todo tipo de establecementos. No Berbés –barrio mariñeiro da cidade– existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto do Berbés, e tamén na zona antiga da cidade, atópanse a famosa "rúa das ostras" (rúa Pescadaría) e a "rúa do polbo" (R/Laxe), nas que se poden apreciar produtos típicos da gastronomía viguesa tales como asostras e opolbo. Ademais dos restaurantes tradicionais, na cidade olívica existen restaurantes para tódolos gustos e petos, existindo diversos tipos de restaurantes de comida rápida e internacional.

O auxe da inmigración da última década, contribuíu á introdución das gastronomías representativas dos distintos grupos culturais que foron asentando na cidade. Así existen diversos establecementos de comidachinesa,italiana,paquistaní,arxentina,xaponesa, entre outros.

Mariscos
[editar |editar a fonte]

O mar é o gran provedor da gastronomía viguesa. Algúns destes son cultivados, como osberberechos, asameixas ou osmexillóns (estes últimos cultivados en grandes plataformas chamadas “bateas”; vexamiticultura); e outros apáñanse directamente do mar, como é o caso dasnécoras,centolas,bois ouvieiras.

A abundancia de mariscos na ría viguesa cómpre contextualizala dentro das características que comparte coas demaisRías Baixas galegas. A situación xeográfica destas xera, en presenza de ventos donordés, un fenómeno coñecido co nome deafloramento (upwelling eninglés), que posibilita unha extraordinaria abundancia defitoplancto e, por conseguinte, crea unhas condicións idóneas para o desenvolvemento dos mariscos.[34]

Símbolos

[editar |editar a fonte]
Escudo da cidade.

Escudo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Escudo de Vigo.

A versión actual do escudo é unha copia do que adornaba a fonte de Neptuno que estivo situada noutrora na Porta do Sol. En1917,Marcelino Domínguez Elías, cronista da cidade, expuxo no Boletín daReal Academia Galega a conveniencia de establecer como modelo oficial do escudo, a versión que continúa a estar vixente. O escudo representa un castelo de base cadrada rematado nunha torre. Ao seu carón a antiga oliveira que se atopaba no atrio dacolexiata de Santa María de Vigo, todo nunha illa sobre un mar de seis franxas ondeantes representando o carácter marítimo da cidade.

Bandeira

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Bandeira de Vigo.

A bandeira de Vigo, cuxa orixe pode datar doséculo XIX, está formada por un diábolo vermello e o resto da bandeira é de cor branca levando no medio oescudo da cidade. A bandeira pódese ver en todos os edificios dependentes da administración municipal da cidade.

Oliveira de Vigo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Oliveira de Vigo.
Oliveira do Paseo de Afonso XII.

Vigo antigamente era coñecida como acidade da oliva, e actualmentecidade olívica. Este cognome débese a que no atrio dacolexiata de Santa María de Vigo existía na antigüidade unha grandeoliveira, a cal plantouse polos cabaleiros monxes templarios na época na que se encargaban de rexer a freguesía.

A árbore desapareceu desa localización ao construírse a actual igrexa. Ao ser derrubada o administrador daalfándega de Vigo da época, Manuel Ángel Pereira, recolleu unha das súas pólas e plantouna no horto da casa de seu, a cal estaba situada na actual Porta do Sol. A árbore medrou até que o desenvolvemento da cidade obrigou a trasladala ao Paseo de Afonso XII, lugar onde se atopa actualmente.

Nesta nova localización, para protexer aárbore instalouse un enreixado de ferro; onde en agosto do ano1932 colocouse unha placa de bronce aboando a promesa que denantes el, fixeron os vigueses deamor, lealdade e abnegación pola cidade.[1]

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Véxase tamén:Eleccións municipais en Vigo e Alcaldes de Vigo.

Foi alcaldesa de Vigo, dende2003 até2007,Corina Porro, doPartido Popular (10 edís), que gobernou en minoría. Outros partidos con representación municipal nesa lexislatura foron oPartido dos Socialistas de Galicia (8 edís),Bloque Nacionalista Galego (7 edís) ePartido Galeguista (2 edís).

Tralos comicios demaio de2007, a lista deCorina Porro foi a máis votada pero sen acadar a maioría absoluta, de xeito que o pacto entre o BNG, conSanti Domínguez á cabeza, e o PSOE permitiu ao socialistaAbel Caballero pasar a ocupar a alcaldía, cargo que segue a ostentar tralas eleccións de maio de 2011, nos que de novo foi alcalde grazas ao apoio do BNG aínda que nesta ocasión sen formar parte do goberno.

Axencia Comunitaria de Pesca.

Conforme a división comarcal prevista polaXunta de Galicia, acomarca de Vigo estará integrada polos seguintes concellos: Vigo,Redondela,O Porriño,Nigrán,Baiona,Gondomar,Mos,Fornelos de Montes,Pazos de Borbén,Salceda de Caselas eSoutomaior.

As competencias, órganos de goberno e financiamento da comarca de Vigo están pendentes de desenvolvemento lexislativo por parte daXunta de Galicia.[Cómpre referencia]

Na cidade está a sede daAxencia Comunitaria de Control da Pesca daUnión Europea e a únicaoficina da Deputación de Pontevedra fóra da capital. Hai tamén unhasede da Xunta de Galicia.

Abel Caballero en 2015.
Alcaldes desde aseleccións de 1979
LexislaturaNomePartido
1979-1983Manoel SotoPSOE
1983-1987Manoel SotoPSOE
1987-1991Manoel SotoPSOE
1991-1995Carlos PríncipePSOE
1995-1999Manuel Pérez ÁlvarezPP
1999-2003Lois Pérez CastrilloBNG
2003-2007Ventura Pérez Mariño (2003)
Corina Porro (2003-2007)
PSOE
PP
2007-2011Abel CaballeroPSOE
2011-2015Abel CaballeroPSOE
2015-2019Abel CaballeroPSOE
2019-2023Abel CaballeroPSOE
2023-Abel CaballeroPSOE
Eleccións municipais do27/5/2007[36]
PartidoVotos%Concelleiros
PP66.57444,04%13
PSOE44.56329,48%9
BNG28.11618,60%5

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do22/5/2011[37]
PartidoVotos%Concelleiros
PP61.61642,39%13
PSOE50.04534,43%11
BNG16.37411,26%3

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do24/5/2015
PartidoVotos%Concelleiros
PSOE73.07451,8%17
PP28.87420,47%7
Marea de Vigo16.22711,5%3

  Alcalde electo:Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do26/5/2019
PartidoVotos%Concelleiros
PSOE101.05867,64%20
PP20.46013,69%4
Marea de Vigo10.3846,95%2
BNG8.4615,66%1

  Alcalde electo:Abel Caballero (PSdeG).

Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.

Seguindo o programa electoral de Abel Caballero, aprobouse no final do ano2007 cos votos de PSOE e BNG oPlan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo de forma provisional, incluíndo as correccións do mesmo solicitadas polaXunta de Galicia (ese mesmo ano) e o cambio que consistía en planificar máis dun 40% de vivenda con algún tipo de protección no conxunto das ordenacións urbanísticas.[Cómpre referencia]

Economía

[editar |editar a fonte]

Sectores primario e secundario

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Vigo.
Terminal de Bouzas, noPorto de Vigo.

Acomarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada aosector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industriaautomobilística, liderada porPSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeirafactoría en importancia deEuropa, ao producir en2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra deEspaña.[38]

Asemade, son moi importantes aconstrución naval e osector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súaslonxas de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora. Vigo é o primeiro porto comercializador depeixe para consumo humano do mundo (650.000 toneladas no ano2004), e os estaleiros daría son líderes da construción naval privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación e comercialización degranito e outras pedras ornamentais noPorriño.

Zona Franca

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Automóbiles na Zona Franca do porto de Vigo.

A Zona Franca de Vigo é unha das tres que existen en España, xunta as deBarcelona eCádiz, e ten como obxectivo principal incentivar o estabelecemento de empresas con vocación exportadora, mediante a aplicación de exencións tributarias e alfandegueiras.

Creouse mediante Decreto-Lei do20 de xuño de1947, coa intención de aproveitar as favorábeis condicións estratéxicas da localización do porto vigués respecto do comercio marítimo internacional para impulsar o desenvolvemento industrial na rexión.

O seu órgano reitor é o Consorcio da Zona Franca, presidido nominalmente polo Alcalde do Concello de Vigo e integrado polo Delegado do Estado, que ostenta a vicepresidencia, catro vogais en representación do Estado, cinco en representación da corporación municipal, o Director de Obras do Porto, o Administrador de Aduanas, e dous vogais representantes da Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, ademais do seu Secretario Xeral, nomeado polo Estado, e un avogado do Estado.

Porto

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Porto de Vigo.
Queen Mary 2 no peirao deportivo da cidade.

O porto de Vigo é o portopesqueiro máis importante de España.[39] Os peiraos de Vigo reciben cada ano a chegada de 2.000 buques. Grazas ás súas excelentes condicións naturais trátase dun lugar axeitado para as rutas procedentes deAmérica con destino aEuropa. É o primeiro porto europeo en volume de descarga de peixe, proba diso é a celebración en varias ocasións daWorld Fishing Exhibition («Feira Mundial da Pesca»).[40]

Os grandes cruceiros como oQueen Mary 2 ou oIndependence of the Seas fan escala habitualmente no peirao de transatlánticos de Vigo. En total, o porto recibiu no 2009 220.000 turistas,[41] alcanzando o quinto posto peninsular en número de cruceiros, con 101 buques, e o 4º no relativo a pasaxeiros.

No ano2004 a cidade de Vigo foi elixida como sede daAxencia Europea de Pesca, despois de desbloquearse os acordos sobre as axencias europeas, os cales levaban dous anos bloqueados.

Sector terciario

[editar |editar a fonte]

Comercio

[editar |editar a fonte]
El Corte Inglés, Vigo.

Vigo conta con varios centros comerciais e cun centroEl Corte Inglés (inaugurado en1975 sendo o primeiro construído en Galicia e o primeiro que a empresa construía nunha cidade non capital de provincia), dous centrosAlcampo, dous deCarrefour, unDecathlon e unMedia Markt, así como múltiples comercios de roupa (moitas delas concentradas na rúa do Príncipe).

Infraestruturas

[editar |editar a fonte]
OHalo de Vigo. Estrutura que conecta a rúa García Barbón coa estación multimodal de trens e autobuses medianteascensores.

Infraestruturas de transporte

[editar |editar a fonte]
  • Servizo de transporte público de autobuses urbanos a cargo da empresa Vitrasa (Viguesa de Transportes, S.A.) dende o ano1968. Conta cun total de 35 liñas en funcionamento.
  • Servizo de transporte público de autobuses interurbanos con todos os concellos da bisbarra, ben dende a Estación de Autobuses, ben dende distintos puntos da cidade, prestados por distintas compañías: ATSA:Nigrán,Baiona,A Guarda; Autobuses González: Redondela, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén; Melytour: Gondomar, Tomiño; Monbús: Moaña, Cangas, Vilaboa, e outras que manteñen liñas regulares con Mos, O Porriño, Ponteareas, Mondariz etcétera.
  • Transporte marítimo. A Compañía Navieira Mar de Ons ofrece servizos regulares de transporte marítimo entre Vigo e a localidade deCangas. A Navieira Nabia ofrece servizos regulares á localidade deMoaña. En temporada de verán, as empresas amplían o servizo ásIllas Cíes.
  • Servizo de taxis.
  • Transporte aéreo:Aeroporto de Vigo.
  • Estación de Vigo-Urzáiz.
  • Estación de Vigo-Guixar.
  • Estación de autobuses, dende a que saen regularmente liñas con toda Galicia, España, Portugal e numerosos países europeos.
  • Aeroporto de Peinador, Vigo.
    Aeroporto de Peinador, Vigo.
  • Interior da Terminal de Pasaxeiros.
    Interior da Terminal de Pasaxeiros.
Aeroporto
[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Aeroporto de Vigo.
Aeroporto de Peinador.

O aeroporto de Peinador está situado na periferia da cidade, en terreos pertencentes aos concellos de Vigo,Redondela eMos, estes dous últimos integrantes da actual área metropolitana de Vigo.

No ano2018, o aeroporto dePeinador acadou a cifra de 1 129 689 pasaxeiros, o que constitúe un crecemento do 6% fronte aos datos do2017.[42]

Actualmente, varias aeroliñas operan dende o aeroporto de Vigo:Air Nostrum,Iberia,Air Europa,Binter Canarias,Iberia Express,Vueling eRyanair.[43]

Medios de comunicación

[editar |editar a fonte]

Deporte

[editar |editar a fonte]
A antiga Sede Social do Real Club Celta de Vigo, na rúa Conde de Gondomar, antes de se mudar a Rúa do Príncipe

As actividades deportivas comezaron a practicarse no seo dos centros de ensino e sociedades recreativas no final doséculo XIX. Entre as entidades deportivas máis antigas destacan o Real Club Náutico de Vigo, fundado en1906, e oLiceo Marítimo de Bouzas, fundado en1907. Nadadores, remeiros e regatistas do Náutico representaron a cidade nas máis importantes competicións internacionais, integrando as distintas seleccións españolas, coas que participaron en Xogos Olímpicos e mesmo acadaron títulos continentais e mundiais. En1915 fúndase oComesaña Sporting Club na parroquia do mesmo nome, a agrupación decana do atletismo galego, que deu atletas destacados nas décadas de1920 e1940.

A puxanza do mundo davela local non pasou desapercibido á organización da regata Volta ao Mundo de VeleirosVolvo Ocean Race, que nunha aposta innovadora partiu dende Vigo o12 de novembro de2005. Por primeira vez unha cidade non británica era a encargada de dar saída a este evento deportivo de gran relevancia na vela mundial.

Estadio de Balaídos.

O club máis representativo da cidade é oReal Club Celta de Vigo, creado en1923 da fusión doReal Vigo Sporting e oReal Fortuna, equipos que até daquela rivalizaban na hexemonía do fútbol galego, alternándose na conquista dos títulos rexionais (o Vigo chegara a proclamarse subcampión de España en 1908). A actividade do Celta céntrase no fútbol, malia que mantén unha sección de atletismo que compite na máxima categoría española e que proporcionou tamén atletas olímpicos, como Carlos Pérez e Álvarez Salgado, ou máis recentemente os tamén fondistas Alexandre Gómez e Carlos Adán ou o decatleta David Gómez. Os principais éxitos futbolísticos célticos foron os tres subcampionatos daCopa de España (1948, 1994 e 2001) e a disputa de competicións continentais, nas que tivo a honra de ser o primeiro club galego en participar (ao debutar na primeira edición daCopa da UEFA) e en conquistar un torneo oficial (aCopa Intertoto de 2000). Actualmente compite na primeira división do fútbol español.

O Celta mantivo ata final dos anos 80 unha sección debaloncesto feminino que conquistara a supremacía na canastra española ao comezo daquela década, na que coleccionou títulos de liga e copa da Raíña. Trala desvinculación do Celta, o baloncesto feminino vigués mantívose na elite nacional (aínda que relegado da loita polos trofeos), ata que a principios do novo século,recuperada a denominación céltica, volveu a conquistar os campionatos de liga e copa.

Outro deporte moi arraigado na cidade é obalonmán. Ao histórico Vulcano sucedeulle no liderado do balonmán vigués o Academia Octavio, de dilatada traxectoria na máxima categoría nacional. A mediados da década de 1990, o Octavio acadou os seus maiores logros, cun subcampionato de Copa do Rei en 1995 que lle abriu as portas das competicións europeas, nas que se converteu en protagonista nas tres tempadas seguintes, quedándose por dúas veces ás portas da gran final.

OClub Vigo é o decano dos participantes na División de Honra española devoleibol, outro deporte de gran tradición na cidade, mentresHalcones de Vigo representa á cidade naPrimeira División A, a segunda categoría dobéisbol español.

A vocación deportiva da cidade exprésase coa proliferación de talentos nas máis variadas disciplinas e coa organización de torneos e probas de rango internacional. Alpinistas comoChus Lago, primeira muller española en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno suplementario, ou patinadoras comoTamara Valderrama acreditan esta afirmación. Entre os acontecementos deportivos máis importantes que acolleu a cidade destacan a Fase final daCopa do Mundo da FIFA en1982 (fútbol), os Torneos Preolímpicos de balonmán masculino (1972) e baloncesto feminino (1992), probas da Copa do Mundo de Saltos hípicos, da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, a saída da regata volta ao mundo-Volvo Ocean Race en 2005 ou as escalas da espectacular Cutty Sark Tall Ship Race de grandes veleiros de época.

Vigo na literatura popular

[editar |editar a fonte]
  • Anque queiran ir a Vigo/ eso non parece mal,/ que o que nunca foi a Vigo/ nunca viu puerto de mar[44].
  • Fuche a Vigo, fuche a Vigo,/ fuches e non viches nada:/ non viches beilla-lo sol/ nunha mazá colorada[45].
  • Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo?/ E ai Deus!, se verra cedo?
  • Para peixe fresco Vigo,/ para chocos, Redondela, / para camaróns Moaña,/ para marisco Cedeira.
  • Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa e a Coruña divírtese.[46]
  • Vexo Caldas, vexo Vigo,/ tamén vexo Pontevedra,/ vexo a ponte de Sampaio/ camiño da miña terra[47].
  • Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra[48].

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Vigo.

Parroquias

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Pontevedra | Parroquias deVigo

Alcabre (Santa Baia) |Beade (Santo Estevo) |Bembrive (Santiago) |Bouzas (San Miguel) |Cabral (Santa Mariña) |Candeán (San Cristovo) |Castrelos (Santa María) |Cíes |Coia (San Martiño) |Santo André de Comesaña (Santo André) |Coruxo (San Salvador) |A Florida (Santo Antonio) |Freixeiro (San Tomé) |Lavadores (Santa Cristina) |Matamá (San Pedro) |Navia (San Paio) |Oia (San Miguel) |Saiáns (San Xurxo) |San Paio (San Paio de Fóra) |Sárdoma (San Pedro) |Teis (San Salvador) |Valadares (Santo André) |Vigo |Zamáns (San Mamede)

Lugares de Vigo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lugares de Vigo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Vigo, cidade olívica.
  2. "IGE. Táboas".www.ige.gal. Consultado o 29/02/2024. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2007. 
  4. Datos sacados de[1]; pola contra,[2]Arquivado 28 de xaneiro de 2012 enWayback Machine. dálle unha altura de 80 metros.
  5. "Nomenclátor - Xunta de Galicia".www.xunta.gal. Consultado o2023-09-08. 
  6. 6,06,1"IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia".www.ige.gal. Consultado o2023-09-08. 
  7. Temperaturas medias, horas de sol y precipitación acuosa (AEMET)|
  8. "Vigo y sus días de sol al año".Peregrino de las rías(encastelán). 2 de maio de 2010. Arquivado dendeo orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 02 de abril de 2019. 
  9. "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Instituto Nacional de Estadística (INE) España. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  10. "Poboación segundo nacionalidade e sexo". Arquivado dendeo orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  11. IGE.
  12. "Una ciudad más viguesa y más joven".Faro de Vigo(en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  13. José Teo Andrés."La colonia rumana se convierte en 2014 en la segunda extranjera en Vigo".Atlántico Diario(encastelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  14. Cabeza Quiles, F. (1992).Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  15. 15,015,1Pérez Losada, F. (2002). Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña, eds. "Entre a Cidade e a Aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia".Brigantium (13). 
  16. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008)."Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  17. 17,017,117,217,317,417,5Santos Estévez, Manuel (2012).Universidade de Santiago de Compostela, eds."Arqueoloxía dun topónimo: o nome do Vigo romano - Archaeology of a place name: the name of the roman Vigo".Galaecia - Revista de Arqueoloxía e Antigüidade (31): 121–138.ISSN 0211-8653. 
  18. 18,018,1"O topónimo da cidade probablemente derive do "Vicus" altomedieval".Faro de Vigo. 12/12/2015. 
  19. Menéndez Blanco, Andrés. "Toponimia ya arqueoloxía: dalgunos apuntes sobre’l sou usu complementariu a partir d’experiencias investigadoras na Asturias occidental por Universidá d’Uviéu". En Ramón, D'Andrés Díaz.Manuel Menéndez Y L’Asturies Occidental. 
  20. 20,020,1E. R. (28/02/2013)."Un puerto tan importante no podía ser una aldea".La Voz de Galicia (Vigo). 
  21. Pérez Losada, F. (2007). Faro de Vigo, eds. "El Vicus Romano".Historia de Vigo (Vigo): 25–36. 
  22. 22,022,1Eduardo Rolland (28/02/2013)."Un investigador del CSIC revela que el Vigo romano no era Vicus sino Burbida". Vigo.El historiador Manuel Santos reinterpreta el origen de la ciudad y dice que su nombre es de la Edad Media 
  23. Moralejo, Juan J. (2009). "Toponímia de las vías romanas de Galicia".Palaeohispanica. Acta X(encastelán) (9): 189–202.ISSN 1578-5386. 
  24. Montes, parques e xardíns: A Alameda
  25. Lei 15/2002, de 1 de xulloArquivado 12 de decembro de 2009 enWayback Machine., pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (BOE nº 157, de 2.07.2002).
  26. Franco, Oscar (26 de maio de 2012)."Edificio Mülder".Patrimoniogalego.net. Consultado o 2 de abril de 2019. ,Patrimonio.org.
  27. "Las salinas de Rosalía, un nuevo museo", enAtlántico Diario, xoves 29 de novembro de 2007
  28. "Exposición “Vigo, a cidade retratada” - Centro de Arte Fotográfica (CAFVI)". Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  29. Universidade de Alacant, ed. (27-12-1993)."Listaxe de universidades españolas que ofrecen a licenciatura de "Ciencias do mar"". Arquivado dendeo orixinal o 20-08-2009. Consultado o 08-08-2009. 
  30. The Guardian, ed. (16-02-2007)."Top 10 beaches of the world". Consultado o 03-09-2007. 
  31. Parque do Castro enTurgalicia
  32. El Feroso da su adiós a las armas artigo no xornalLa Voz de Galicia(encastelán)
  33. "El centro concentra el 60 por ciento de los árboles de Vigo".Atlántico Diario. 15/12/2014. 
  34. Figueiras, F.G., Labarta, U. e Fernández, M.J. (2002);Coastal upwelling, primary production and mussel growth in the Rías Baixas of GaliciaArquivado 19 de setembro de 2019 enWayback Machine. Hydrobiologia, 484, páxs. 121-131
  35. 35,035,1Os irmanamentos dos concellos en Galicia (IGADI)Arquivado 01 de agosto de 2012 enArchive.is.
  36. Eleccións municipais de 2007
  37. "Eleccións municipais de 2011". Arquivado dendeo orixinal o 01 de agosto de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  38. "Factoría viguesa". Arquivado dendeo orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  39. No primeiro trimestre de2008, entraron 15.296 toneladas de peixe fresco, mentres que no seguinte en importancia, o da Coruña, foron 6.987 toneladas, e o terceiro, Cádiz, 4.071 toneladas (La Voz de Galicia, 28.05.2008).
  40. Vigo primeiro porto do mundo en recursos pesqueiros.
  41. "Páxina web do Porto de Vigo". Arquivado dendeo orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  42. Atlántico (14 de xaneiro de 2019)."Peinador acabó 2018 con 1.129.689 pasajeros, un 6% más que en 2017".Atlántico(encastelán). Consultado o 2 de abril de 2019. 
  43. "Listado de compañías aéreas - Aena.es".www.aena.es. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  44. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 40.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85. No orixinal:beillalo.
  46. Paz Roca, M.ª Carmen (2007)."Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco"(PDF).Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela:Centro Ramón Piñeiro -Xunta de Galicia) (9): 264.ISSN 1698-7861.Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa i-a Coruña devírtese 
  47. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", enArquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto:San Paio.
  48. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", enArquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto:San Paio.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  VigoModificar a ligazón no Wikidata
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  Vigo

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ligazóns con artigos relacionados
De interese enVigo
Inmobles
Edificios civís
Edificios relixiosos
Hospitais
Arqueoloxía
Fortificacións
Monumentos e esculturas
Arte e cultura
Museos
Artes escénicas
Deporte e instalacións
Natureza
Transportes
Barrios urbanos e rúas urbanas
Eventos
Onomástica do rueiro deVigo
Algúns dos persoeiros ouinstitucións que dannome ásrúas,prazas, avenidas, travesías, camiños,parques e paseos da Cidade olívica

Abade Juan de BastosAbeleira MenéndezAfonso X o SabioAfonso XIIAfonso XIIIAlcalde E. Martínez GarridoAlcalde Gregorio EspinoAlcalde José Ramón FontánAlcalde PortanetAlexandre BóvedaAlfredo BrañasAlmeidaAlonso OjedaÁlvaro CunqueiroAmador MontenegroAndrés GaosAmor RuibalÁngel de Lema MarinaÁngel IlarriÁngel Llanos (fotógrafo)Ángela Iglesias RebollarÁngeles AlvariñoAntía CalAntón BeirasAntonio Nieto Figueroa "Leri"Antonio OdriozolaArcebispo XelmírezArgüellesArquitecto Alberto BaltarArquitecto Antonio ComingesArquitecto Gómez RománArquitecto PalaciosArquitecto Pérez BellasArquitecto Xosé Bar Boo • ArquitectosCastro eAlonsoBenedicto CondeBenito Castro NogueiraCachamuíñaCalatravaCamilo José CelaCamilo TucheCamilo VeigaCantigasCánovas del CastilloCarlos Blanco YáñezCarlos Casares MouriñoCarlos MasideCarlos OrozaCarmen Miguel AgraCarralCasiano MartínezCastelaoCastelarCayetano Pérez de LimiaCelso Emilio FerreiroCelso Rivas PérezCervantesCesáreo GonzálezCesáreo VázquezChano PiñeiroCharlie RivelCitröenChurrucaClara CampoamorColónConcepción ArenalConde de GondomarConde de TorrecedeiraCondesa Casa BárcenaCronista Álvarez BlázquezCronista EspinosaCronista Rodríguez ElíasCurros EnríquezDarío Álvarez BlázquezDesiderio Pernas (arquitecto)Doctor ToscanoDoutor CanoaDoutor Carlos Colmeiro LaforetDoutor CarracidoDoutor CorbalDoutor CadavalDoutor Darío Durán GómezDoutor Enrique Suárez GuntínDoutor González SierraDoutor Juan Fernández CasalDoutor MarañónDon BoscoDon QuixoteDona CristinaEduardo Blanco AmorEduardo CabelloEduardo ChaoEduardo IglesiasElduayenElio Antonio de NebrijaElisardo Dacosta TorresEmilia Pardo BazánEnric MirallesEnrique Alonso-XalueiroEnrique Blein BudiñoEnrique LorenzoEnrique X. MacíasErasmoErnesto LecuonaEscritora M. Xosé QueizánEscultor Gregorio FernándezEscultor NogueiraEscultor Xoán PiñeiroEscultor Xosé María AcuñaEsperantoEugenio ArbonesEugenio FadriqueEugenio González de HazEugenio KraffFaustino ÁlvarezFeliciano RolánFermín PenzolFernando CondeFernando Conde Montero-RíosFernando ElorrietaFernando Lago OlanoFernando o CatólicoFotógrafo Felipe PrósperiFotógrafos Irmáns SarabiaFrancisco Fernández del RiegoFrancisco de SalesFrancisco Rey RiveroGaiteiro Ricardo PortelaGaiteiros AiriñosGalileoGamboaGarcía BarbónGarcía LorcaGarcía OlloquiGarcía PicherGenaro BorrásGerardo Campos RamosGonzalo Torrente BallesterHeraclio BotanaHernán CortésHipólito de SaIglesias EspondaIgnacio GrobasIlustraciónInés Pérez de CetaIrmandiñosIrmáns Misioneiros dos Enfermos PobresIsaac Díaz PardoIsaac PeralIsabel IIIsabel a CatólicaJacinto BenaventeJaime BalmesJenaro de la FuenteJoaquín Fernández Santomé QuinochoJoaquín LorigaJoaquín YáñezJohan CarballeiraJosé Antela CondeJosé Franco MontesJosé Gómez Posada CurrosJuan Ramón JiménezJulia MinguillónJulián EstévezLeonardo da VinciLlorenteLópez de NeiraLópez MoraLuis BrailleLuis Ksado (fotógrafo)Luis SeoaneLuis TaboadaMagallanesManuel de CastroManuel NúñezMaría BerdialesMaría do Carme KruckenbergMarie CurieMarqués de AlcedoMarqués de ValladaresMartín Alonso PinzónMartín CodaxMartín EchegarayMaruxa MalloMaxwellMéndez NúñezMenéndez PelayoMercedes Núñez TargaMestre ChanéMestre MateuMestre SoutulloMiguel Ángel BlancoMiguel HernándezMontero RíosNazario González MoxenasNúñez de BalboaOtero PedrayoPablo IglesiasPablo MorilloPadre FeijooPadre Ramón María AllerPadre SarmientoPedro AlvaradoPaz PardoPi y MargallPintor ColmeiroPintor José Frau RuizPintor LaxeiroPintor LugrísPintor Mario F. GranellPintor San LuisPizarroPoeta AñonPoeta PondalPoeta Vesteiro TorresPolicarpo SanzPríncipePrincesaPurificación SaavedraRamiro PascualRamón NietoRamón del Valle-InclánRamón y CajalReyesRicardo MellaRogelio AbaldeRosalía de CastroRosario Hernández Diéguez (A Calesa)Salvador AllendeSan AmaroSan BernaldoSan FranciscoSan GregorioSanto IgnacioSan LourenzoSan PaioSan RoqueSan SebastiánSanta TregaSan VicenteSuárez-LlanosSan TelmoSan XoánSan Xoán de DeusSan XoséSanjurjo BadíaSanta AnaSanta LucíaSantiagoSerafín AvendañoSevero OchoaSimón BolívarSuso Vaamonde PoloTaboada LealTeófilo LlorenteTomás A. AlonsoTomás Delmiro Martínez SilvaTrobador MendinhoUrania Mella SerranoUrzáizValentín Paz-AndradeVázquez VarelaVelázquez MorenoVentura González PrietoVicente RiscoVirxilio Blanco GarridoXaime PachecoXeración NósXoán XXIIIXosé Gil (fotógrafo)

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vigo&oldid=7003286»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp