María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada naCoruña o12 de xuño de1925 e finada enMadrid o11 de xuño de1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo deVictoria Armesto— e políticagalega, deputada polaprovincia da Coruña desde 1977 até 1986.
Victoria Armesto era filla deMaría Victoria Fernández-Latorre (filla do político liberal e fundador do xornalLa Voz de GaliciaJuan Fernández Latorre) e do enxeñeiroJosé Fernández-España Vigil, que faleceu cando ela tiña dous anos. A compañía de teatroChévere adicou unha das súas obras á morte do seu pai e á súa influencia na chegada do ferrocarril a Galicia.[1] Estudou o bacharelato no instituto da Coruña e no Colexio de Santa Isabel de Madrid. En 1945 comezou os seus estudos de xornalismo naEscuela Oficial de Periodismo de Madrid, graduándose en1949.
Durante o seu período de formación na Escola de Xornalismo xa colaborara enLa Voz de Galicia, onde chegou a entrevistar a Gala Murguía, filla deRosalía de Castro. A pesar de cultivar a crónica social, e por momentos costumista, tamén se arriscou con pezas de carácter político. Aínda co ditadorFrancisco Franco vivo, Victoria Armesto atreveuse, por exemplo, a poñer en valor a Castelao, que para ela expresaba "a saudade dos emigrados pola terra lonxana e endexamais esquecida". Noutros artigos tamén defendeu ogalego, a lingua propia de Galicia, ás veces para defender o seu uso —"Acerca de la conveniencia de hablar gallego", titulou unha das súas columnas— e outras para reprobar ao franquismo polo seu desprezo dos valores culturais e de idiomas como o galego. Na súa formación foi determinante o seu paso profesional por diferentes países. Un parágrafo dun dos seus artigos é máis que revelador: "A diferenza entre a falsa moral do franquismo e os principios democráticos acusábase para aqueles españois que, como era o noso caso, vivimos longas décadas nos Estados Unidos, Inglaterra e Alemaña. Nestes países, España e o seu peculiar sistema eran obxecto de constante crítica".[2]
Comezou a publicar de xeito regular enLa Voz de Galicia en 1949, polo xeral baixo o título "Madrid". Tratábase de crónicas urbanas e costumistas. Pero pronto cambiaría a súa vida e o seu traballo, baixo o común denominador do xornalismo. En1950 casa conFelipe Fernández Armesto (Augusto Assía), e o seu matrimonio proxectouna decididamente cara ao mundo da prensa. Foi correspondente deLa Voz de Galicia nosEUA, enviando tamén crónicas ao diarioPueblo de Madrid e á revistaSemana.
Naceu rodeada de xornalistas e creceu con xornalistas. Até en parella. Ao xornalista ourensán coñeceuno por mor de facerlle unha entrevista. María Victoria e Felipe casaron o15 de agosto de1950, no pazo familiar de Miraflores. Desde entón, María Victoria asinou os seus artigos e libros como Victoria Armesto. Nese ano foron vivir aNova York; as súas crónicas paraLa Voz de Galicia chegaron, primeiro, baixo o título de "Carta de Nueva York" e, posteriormente, co de "Carta de América".
Outros medios nos que pronto comezou a publicar foron o diario madrileñoPueblo e a revistaSemana.
En1969, coa publicación deGalicia Feudal, o seu nome entrou no campo da divulgación histórica. Segundo Carlos Fernández,[3] "cando Fernando Sánchez Dragó publicouGárgoris y Habidis, una historia mágica de España, que obtivo o Premio Nacional de Literatura e vendas millonarias, ninguén parou a pensar que nove anos antes se editaraGalicia Feudal de Victoria Armesto, onde, coa mesma erudición e superior estilo, a escritora e periodista coruñesa facía unha interpretación cosmolóxica da súa terra e poñía a historia ignorada e remota ao alcance de todos".
EIsaac Díaz Pardo engadiu: "Xa desde antes do seu matrimonio con Felipe Armesto, comezou a interesarse por un mundo que daquela se prohibía: o dos homes que entendían a restauración do feito diferencial de Galicia como unha esperanza; e foi buscando a información, tan cara de obter, sobre este mundo que subxacía marxinado, desterrado, logo dunha gran derrota".
Froito destes coñecementos nacerían libros comoLos hijos cautivos de Breogán. El rastro de Castelao en América,[4] ouLos liberales coruñeses. En todos estes libro zumega o espírito liberal que encarnou María Victoria.
Aínda que nunca militara en política, nas eleccións xerais do15 de xuño de1977, e por requirimento de Alianza Popular, presentou a súa candidatura aoCongreso dos Deputados como cabeza de lista pola provincia da Coruña, resultando elixida, igualmente que nas sucesivas eleccións de 1977, 1979 e 1982.
Foi vicepresidenta da Cámara Baixa nas dúas primeiras lexislaturas, e secretaria segunda tras ser elixida deputada nas eleccións de 1982, ademais de presidenta provincial de AP na Coruña.
En1986 anunciou o seu abandono do partido e o seu pase ao Grupo Mixto da Cámara, en desacordo coa postura abstencionista de AP ante o referendo sobre a permanencia deEspaña naOTAN de 12 de marzo de 1986, consulta para a que pediu o "si" ao considerar que"a abstención é equivalente a un non á OTAN e, en consecuencia, a un non a Europa".[5] Nos comicios de 1986 non figurou en ningunha lista electoral, continuando dedicada ao seu labor xornalístico. En1988 foi designada vicepresidenta do Consello de Administración deLa Voz de Galicia.
Faleceu o 11 de xuño de 1999 enMadrid.

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, que foi presidente daComisión Nacional do Mercado de Valores desde 1996 a 2000.