| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de novembro de 1883 Pontevedra, España |
| Morte | 17 de xullo de 1950 Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
Vicente Varela Radío, nado enPontevedra o18 de novembro de1883 e finado enSantiago de Compostela o17 de xullo de1950[1], foi un médico e político galego.
Foi presidente do Centro Republicano deSantiago de Compostela antes da proclamación daSegunda República. Militante daORGA e amigo deCasares Quiroga, foi nomeado nomeadogobernador civil dePontevedra o17 de abril de1931 e o5 de agosto gobernador civil deOurense, posto no que permaneceu ata o21 de xullo de1932. Ese ano, ao ser nomeado director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela abandonou a actividade política, aínda que posteriormente militou enIzquierda Republicana.
Logo dogolpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu posto de director e sufriu incautación de bens así como varias multas. En xullo de1937 foi detido e encarcerado por pertenza á Loxa Libredón nº 6 de Santiago de Compostela. En 1942 o Tribunal Especial para a represión da Masonería condenouno a doce anos e un día de reclusión menor, que logo lle foi rebaixada a seis de prisión maior. Cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) entre xaneiro e decembro de1943. Ao saír do cárcere foi confinado enPontevedra ata1947.
Casou con Eugenia Pol Sánchez.