Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vicente Alsina Selisis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Alsina Selisis

retrato de Antonio María EsquivelEditar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1794Editar o valor en Wikidata
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte1862Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
24 de xuño de 1854 –
Cónsul de España
1854 – 1856
Alcalde da Coruña
1838 – 1839 (destitución)Fermín Bescansa Mendioroz →Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónpolíticoEditar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 4380


Vicente Ramón Alsina Selisis, nado naCoruña o27 de outubro de1794 e finado na mesma cidade en1862, foi unpolíticogalego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Era fillo de Antonio Alsina, comerciante nacido na vila catalá deArenys de Mar, e Juana Selises.

Durante aGuerra da Independencia española incorporouse ó exército como cadete, intervindo nalgunhas operacións nas que foi ferido. Licenciouse en1813 co grao de subtenente. De volta na Coruña, participou de forma activa no alzamento liberal de 1820.

En1823 participou na defensa da Coruña contra a invasión francesa, polo que máis tarde foi apresado. Participou nas corporacións municipais de1833 e1835 e foi alcalde desta cidade entre1838 e1839, cargo do que foi deposto como consecuencia da orde gobernativa que provocou o arresto de todos os progresistas de España.[1]

En1840 participou no pronunciamento que se produciu, intervindo na Xunta Gobernativa da Coruña. Entre1840 e1843 volveu ser elixido deputado a Cortes, repetindo en1853. Foi nomeado comandante da Milicia Nacional en1841.[2]

En1854 foi de novo nomeado alcalde da Coruña, cargo que deixou oito meses máis tarde para ir a Madrid como deputado a Cortes. Foi nomeado presidente daDeputación da Coruña o 24 de xuño de 1854,[3] e foi cónsul de España enXibraltar entre 1854 e1856.


Predecesor:
Francisco Ortega
 
Alcalde da Coruña
 
1838– 1839
Sucesor:
Fermín Bescansa Mendioroz

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Vicente Alsina, comerciante, naviero y político", enEl Ideal Gallego, 18 de marzo de 2017(encastelán)
  2. Escribanía de plata: testimonio de aprecio al diputado AlsinaArquivado 19 de setembro de 2019 enWayback Machine., en www.congreso.es(encastelán)
  3. Listado de presidentes de la Diputación de La CoruñaArquivado 22 de xaneiro de 2018 enWayback Machine., enhttp://arquivo.dacoruna.gal(encastelán)
Antes da Restauración
A Coruña
Restauración
Segunda República
Franquismo
Democracia
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_Alsina_Selisis&oldid=7137087»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp