Avexiloloxía é o estudo dasbandeiras, a súa forma, cor, creación, significado e simboloxía (integrándose así nasemiótica), tipos de estandartes que amosa (escudos, iconas, mesturas) e uso (nacional, rexional, local, supranacional, civil, militar, institucional etc.).
As bandeiras poden ter franxas verticais (no caso de que o ancho da intermedia sexa o dobre das outras exteriores chámasepau canadense en referencia a que é a máis coñecida con esta característica) ou horizontais (iguais, por exemplo, na bandeira daSegunda República Española e con anchos nas proporcións correspondentes ópau canadense no caso da actual bandeira constitucional de1978 aprobada en1981), unha cruz (en forma de +, chamada escandinava se está descentrada cara á esquerda) ou un aspa (en forma de X, tamén denominado cogalicismosaltire), e unha diagonal de esquerda a dereita ascendente (chamada banda) ou descendente (nomeada faixa).
Tamén pode ter ornados (ou ornatos, "adornos", de moi diversos motivos, coma encaixe, flores, cadeas, coroas etc.) no bordo. Un lugar especial é o curruncho superior esquerdo, chamado cantón. A disposición de certos elementos repetidos adoita ter certa simetría na súa localización e/ou disposición (radial, horizontal ou vertical), dando lugar a distribucións encadrado, enrombo, ensotuer, enarmiño, encasas, enpunta, enpau, enarlequín, enfrontados, nos extremos etc. No caso de animais, dúas posturas habituais son rampantes (a dúas patas en ataque) ou pasante (camiñando).