Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Verona

Coord.:45°26′19″N10°59′34″L / 45.4386,10.9928
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVerona
Verona (it)
Veròna (vec)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 45°26′19″N10°59′34″L / 45.4386,10.9928
PaísItalia
RexiónVéneto
ProvinciasProvincia de VeronaEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación255.588(2023)Editar o valor en Wikidata (1.284,88hab./km²)
Lingua oficiallingua italianaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie198,92 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío AdigeEditar o valor en Wikidata
Altitude59 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creaciónc. 550 a. C.Editar o valor en Wikidata
Santo padrónZenón de VeronaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataDamiano Tommasi(2022–sen valor)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoVerona city council(en)TraducirCircunscrición: sen valor,(Escano: 36)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37100 e 37121–37142Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico045Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT023091Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoL781Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Tirana(2015–)Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2000 (24ª Sesión),Criterios de Patrimonio da Humanidade:(ii) e(iv)Editar o valor en Wikidata
Identificador797

Sitio webcomune.verona.itEditar o valor en Wikidata
BNE: XX456530

Verona é unha moi antiga cidadeitaliana, sita na rexión deVenecia (chaira doPo), na beiras dorío Adige, e a uns 30 km dolago de Garda.

Fundada noséculo I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so aRepública de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos daAntigüidade, daépoca medieval e doRenacemento.

Historia

[editar |editar a fonte]
Plano con localización dos principais monumentos.

Época romana

[editar |editar a fonte]

Suponse que foi unha cidadecelta, mais as primeiras referencias datan doséculo IV a.C.

Converteuse nun importante centro político e comercial durante o períodoromano.Verona posúe a colección de vestixios romanos máis rica de toda a Italia setentrional.Xustamente é famosa polo seuanfiteatro romano (verArena de Verona), denominado aArena, con forma e usos que lembran oColiseo de Roma. A súaPonte della Pietra (Ponte de Pedra) sobreviviu intacto até a segunda guerra mundial (foi reconstruído completamente coas pedras caídas no río).

A Arena nun gravado de Enea Vico

AArena é na actualidade un importante teatro lírico. Foi construído cara a metade doséculo I d.C., nun sitio que, naquela altura, estaba situado extramuros da cidade

Os xogos,ludi en latín, aquí celebrados tiñan grande sona, de xeito que acudían a Verona espectadores de bastante lonxe para desfroitalos. O anfiteatro podía acoller máis de 30.000 persoas. O espectáculo máis demandado era a loita degladiadores. A fachada era orixinariamente decalcaria branca e rosa, proveniente deValpolicella, mais ao longo daIdade Media, foi utilizada como unha canteira, que fornecía materiais de construción para outras edificacións. Esta utilización durou até o pasadoséculo XX. Como consecuencia, a maior parte do muro exterior do anfiteatro desapareceu, mais as ás que fican aínda permíntennos facermos unha idea do aspecto e das dimensións do edificio.

Hai aínda outros monumentos romanos, como o teatro construído noséculo I a.C., e restaurado noséculo XVIII, grazas aAndrea Monga, un rico veronés, que mercou todas a casas que foran edificadas no mesmo teatro, facéndoas derrubar para salvar o monumento.

Oarco de Gavio, dedicado á importante familia romana dos Gavios, foi erguido no século I, sendo famoso por ter gravado o nome doarquitecto, Lucio Vitruvio Cordo, o que era unha rareza na arquitectura da época. Derrocado polas tropas napoleónicas en1805, foi reconstruído en1932.

Nas proximidades do anterior está aPorta dei Borsari, unha porta arcada no final da rúaCorso Porta Borsari. Corresponde áfachada dun porta das murallas romanas. Ten unhainscrición datada no245 d.C., na que se cita a cidade co nome deColonia Verona Augusta. Era atravesada polaVia Sacra. Na actualidade atópase aliñada con varios pazos (palazzi) doRenacemento.

Foi sede dunducado durante a épocalongobarda.

Relixiosos

[editar |editar a fonte]

Acatedral deSanta Maria Matricolare iniciada en1187, reúne elementos románicos e góticos. É famosa polo seu Pórtico de Nicolò, así como pola pintura "Asunsión da Virxe", obra deTiziano.

ABasílica de San Zenón considérase unha das grandes obras da arquitectura románica. O edificio actual é o terceiro que se edificou neste mesmo sitio, sendo levantado entre 1123-1135, xusto encima do santuario, datado no século IV, do patrón da cidade de Verona, San Zenón (en italiano San Zeno), morto en 380. A espléndida fachada domina a praza sita endiante, e está flanqueada pola torre das campás, de 72 metros de altura, citada porDante (Divina Comedia, Purgatorio, canto 18). A grande rosácea desa fachada está decorada como unhaRoda da Fortuna. Oslinteis sobre do pórtico mostran relevos dos meses do ano. Cada lateral da portada está decorado con dezoito paneis de baixo-relevos con escenasbíblicas. As portas internas, debronce, posúen tamén paneis con escenas bíblicas e relevos historiados con pasaxes da vida de San Zenón. O significado dalgunhas das escenas é hoxe ignorado, pero a forza do seu estilo, un tanto primitivo, permanece e revela o influxo da arte otoniana.
O interior do templo divídese entre aigrexa inferior, que ocupa 2/3 da estrutura, e aigrexa superior, que cobre o 1/3 restante. As paredes van decoradas confrescos dos séculos XII e XIV. O teito da nave é un magnífico exemplo de cuberta a maneira de casco de barco. Dentro da igrexa está osepulcro do rei italiano Pipino (777-810). Acripta, abovedada, contén a tumba de San Zenón e doutros santos. No lado norte da igrexa sitúase un magníficoclaustro. Na igrexa ha algunhas obras do célebre pintor renacentistaAndrea Mantegna.

A pequenaBasilica de San Lourenzo é unha das máis belas e importantes da cidade. Data de arredor de1177, e foi erguida sobre unha igrexa paleocristiá, da que fican aínda restos. Como en San Zenón, utilizouse na construción fiadas alternantes deladrillo e pedra. Posúe dúastorres, conescaleiras en espiral, que conducen até a chamada "galería das mulleres". O interior ten unha atmosfera severa, pero ao tempo é silenciosa e tranquila.

Santa Maria Antica (Sta. María a Antiga) é unha grande igrexa románica, que era a parroquial do clan dos Scaligeri, varios dos membros do cal están aquín sepultados. Xusto na entrada está a tumba de Cangrande I (m. 1329). A base forma o poche e encima figura un canopeo gótico con perfil de tellado en pirámide; aestatua ecuestre dese "señor da guerra" coroa o conxunto. Encima da cerca da igrexa están as tumbas de Mastino II e Cansignorio, con espléndidospináculos góticos. Tumbas máis sinxelas acollen outros familiares no interior, como as de Mastino I, Bartolomeo (m. 1304) e Giovanni (m. 1359).

Sant'Anastasia, construída entre 1290-1481, polos fradesdominicos, e unha igrexa grande, capaz de albergar as masas de fieis que acudían a escoitar os seus sermóns. É un exemplo das igrexasgóticas do Norte de Italia. Opórtico conserva frescos e relevos doséculo XV, con escenas da vida de San Pedro Mártir. A fachada, porén, ficou inacabada. No interior aCapela Pellegrini acolle o famoso fresco de "San Xorxe e a Princesa de Trebisonda", cuxo autor foiPisanello, así como a non menos famosa sepultura deWilhelm von Bibra, primixeniamente embutida no chan, e que foi colocada na parede en1804.

A igrexa deSan Fermo Maggiore foi comezada en 1065 polos monxes beneditinos, e foi completadas no ano 1138. A fachada contén á vez elementos románicos e góticos. .

Civís

[editar |editar a fonte]

Castelvechio

Monumentos da Idade Moderna

[editar |editar a fonte]

Palazzo Bevilacqua. Hai dous pazos da familia Bevilacqua. O máis importante é o situado no Corso Cavour. Encarregado ao célebre arquitecto veronés Michele Sammicheli, en torno a 1530. É un dos pazos máis suntuosos da cidade. Ten albergado as obras do conde Marco Bevilacqua, que comprende obras, entre outras, do artista veronés Orbetto, e do, máis famoso, Tintoretto.

OPalazzo Canossa é outro pazo privado veronés e unha obra mestra arquitectónica. Foi edificado para a familia dos marqueseses Di Canossa polo arquitecto Michele Sammicheli, no 1527, tamén no Corso Cavour, cerca do Arco dei Gavi e do Castelvecchi. É de claro estilo maneirista. Non presenta a súa entrada directamente á rúa, senón que está algo retirada, cun magnífico pórtico.

Prazas da cidade

[editar |editar a fonte]

APiazza Bra é a máis importante de Verona, é unha das maiores deEuropa, arrodeada de varios espléndidos pazos aristocráticos, sendo numerosos os bares e restaurantes emprazados nela e proximidades. No medio da praza érguese a estatua impoñente deVittorio Emanuele II, rei de Italia. Entre os sonados monumentos radicados na praza salientan aArena, O Pazo Municipal oupalazzo Barbieri, dito así polo nome do arquitecto que o planeou e máis aGran Guardia Vecchia, antigo depósito de armasaustríaco, agora sede de exposicións e conferencias. AVia Mazzini une esta praza coa dell'Erbe.

APiazza dell'Erbe (Praza das herbas), foi o mercado tradicional de verduras e froitas e segue como de mercado tradicional. Na actualidade é tamén unha praza para mostras de pintores. Cerca dela érguese atorre dei Lamberti.

Vista panorámica da cidade desde Castel San Pietro

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Verona

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Verona&oldid=6851217»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp