Ovento solar é un fluxo departículas (na súa maioríaprotóns de altaenerxía, uns 500keV) emitidos polaatmosfera dunha estrela. Descoñécese o mecanismo de aceleración que as permite saír da estrela.[1]
A composición elemental do vento solar no nososistema solar é idéntica á dacoroa do Sol: un 73% dehidróxeno e un 25% dehelio, con algunhas trazas de impurezas. As partículas encóntranse completamenteionizadas, formando unplasma moi pouco denso. Nas proximidades da Terra, a velocidade do vento solar varía entre os 200–889km/s, sendo a media duns 450km/s. O Sol perde aproximadamente 5 millóns de toneladas de masa cada segundo en forma de vento solar (isto débese a que uns 700 millóns de toneladas de hidróxeno transformanse por fusión nuclear nuns 695 millóns de toneladas de helio).
Dado que o vento solar éplasma, estende consigo ocampo magnético solar. A unha distancia de 160 millóns de quilómetros, a rotación solar varre ó vento solar en forma de espiral, arrastrando as súas liñas de campo magnético, pero máis alá desa distancia o vento solar diríxese cara ó exterior sen maior influencia directa do Sol. As explosións desusadamente enerxéticas de vento solar causadas pormanchas solares e outros fenómenos atmosféricos do Sol, denomínanse "tormentas solares" e poden someter ássondas espaciais e ossatélites a fortes doses deradiación. As partículas de vento solar que son atrapadas nocampo magnético terrestre, mostran tendencia a agruparse noscintos de Van Allen e poden provocar asAuroras boreais e asAuroras austrais cando chocan coaatmosfera terrestre cerca dos polos xeográficos. Outrosplanetas que teñen campos magnéticos similares ós da terra tamén teñen as súas propias auroras.
O vento solar forma unha "burbulla" nomedio interestelar (hidróxeno e helio gasosos no espazo intergaláctico). O punto no cal a forza exercida polo vento solar non é suficientemente importante como para desprazar o medio interestelar coñécese comoheliopausa e considérase que é o "bordo" máis exterior do sistema solar. A distancia ata a heliopausa non é coñecida con precisión e probablemente depende da velocidade do vento solar e da densidade local do medio interestelar, pero sábese que está moito máis alá da órbita dePlutón.