Venera 7 foi unha sonda de tipoV-70 lanzada pola Unión Soviética que debía ser acompañada uns días despois por unha sonda xemelga pero que non chegou a abandonar a órbita terrestre. Tiña unha masa duns 1180 kg e era similar ásVenera 5 eVenera 6. A misión principal era o estudo directo daatmosfera de Venus e chegar á superficie para retransmitir datos desde ela, para o cal a nave levaba un módulo de descenso de 490 kg construído masivamente máis robusto que os das Veneras 5 e 6. Para soportar a presión e o impacto contra a superficie a sonda de descenso tiña formaesférica e estaba feita detitanio, engadíndolle material para absorber o impacto, sendo capaz de resistir ata 180atmosferas de presión e ata 540 °C. A sonda levaba un pequeno paracídas de 2,5 m2 para unha caída máis rápida e pasar menos tempo na atmosfera. Como instrumentos de a bordo levaba untermómetro deresistencia e unbarómetro aneroide. A sonda alimentábase conbaterías e os datos enviábanse directamente áTerra cunha antena de baixa ganancia na banda decimétrica a unha velocidade de 1 bit/s.[1][4][3][5][2][6][7]
Modelo da cápsula de descenso de Venera 7.
O bus era case idéntico ao de Venera 4, con formacilíndrica, 3,5 m de alto e con douspaneis solares cunha superficie total de 2,5 m2 e 4 m deenvergadura. As comunicacións tiñan lugar medianta unhaantena parabólica de 2,3 m de diámetro na parte do cilindro oposto ao dos paneis solares. No extremo dun dos paneis atopábase unha antena cónica omnidireccional. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores, usando sensores solares, terrestres e estelares para situarse no espazo. O bus levaba o seu propio conxunto de instrumentos científicos, consistente nun detector devento solar e un detector de partículas enerxéticas.[1][4][3][5][2][6][7]
Venera 7 engalou o 17 de xaneiro de 1970 a bordo dun foguete Molniya xunto coa súa plataforma de lanzamento orbital coa que quedou nunha órbita terrestre. A etapa propulsora acendeuse máis tarde, poñendo a Venera 7 en camiño cara Venus, cunha corrección de traxectoria o 2 de outubro e outra o 17 de novembro. O módulo de descenso arrefriouse ata os -8 °C para soportar mellor as altas temperaturas do planeta, entrando no lado nocturno do planeta o 15 de decembro de 1970 ás 4:58:55UTC. Despois do freado atmosférico despregouse o paracaídas, a unha altura de 60 km sobre a superficie, estendéndose a antena da cápsula e comezando a enviar datos. Seis minutos despois o paracaídas rompeu, coa cápsula en caída libre durante 29 minutos, impactando na superficie ás 5:34:10 UTC a uns 17 m/s e co seu sinal debilitándose ata un 3% do seu máxima, aumentando ao máximo durante un segundo e despois aparentemente desaparecendo. Análises posteriores das gravacións das sinais de radio mostraron que a cápsula seguiu transmitindo moi debilmente, ao 3%, durante 23 minutos. Creese que debido á gran velocidade de impacto, a cápsula rebotou e acabou descansando sobre un lateral, coa antena apuntando nunha dirección distinta á da Terra.[1][4][3][5][2][6][7]
O barómetro da cápsula fallou durante o descenso, pero o termómetro rexistrou unha temperatura constante de 475 °C na superficie. Extrapolando a partir de medicións de radio medianteefecto Doppler deduciuse unha presión de 92bares na superficie e unvento cunha velocidade de 2,5 m/s.[1][4][3][5][2][6][7]