Vendima en Borgoña, FranciaVendima en Borgoña, Francia
Avendima é a acción de recoller auva comaalimento ou materia prima para oviño, así coma a época doano na que se realiza. A época da vendima coincide co final doverán, en Galicia habitualmente a fins domes desetembro e primeiros de outubro[1], pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores deGalicia (Ribeira Sacra,Valdeorras) a colleita faise máis cedo (finais deagosto) debido a que a maior calorestival do interior continental lles permite ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto dalúa para decidir a data da vendima. Fóra deGalicia existe unha variedade de viño chamadaviño de xeo que se recolle de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías doorballo, o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade eminentemente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dosacios como no transporte ou presada nolagar, que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.
Existen variacións verbo dos métodos de transporte ou actuación na vendima, pero cómpre destacar pola súa singularidade o da Ribeira Sacra: as súas fortes pendentes nocanón do Sil, o método de cultivo davide en bancais (socalcos) e a dificultade de acceso fan desta vendima singular entre tódalas galegas. O sistema de cultivo da uva ten unha forte influencia na recolla: non é o mesmo unhas videsemoarradas ca entocóns. Outras vendimas colectivas foron institucionalizadas nunhafesta gastronómica en exaltación do viño correspondente.
Fila de tractores cargados de uva agardando para entrar enMartín Códax.
custo de mantemento da materia prima: fitosanitarios,herbicidas,decota;
custo de produción, transporte e preparación: recolla e transporte da uva ó lagar, formación domosto, almacenaxe e creación doviño;
custo de distribución: transporte do viño feito ó consumidor;
O valor económico da vendima estaría incluído no terceiro punto desta lista e a súa actividade abranguería tamén ás súas cinco actividades, inda que a acepción máis habitual se reduciría ás dúas primeiras.
O duro e o longo do traballo (tanto de recolla baixo o sol ou chuvia coma de transporte) provocan un forte contacto grupal e desenvolven unha concienciación de grupo como pode xurdir noutras actividades do mundo tradicional (fía oufiadeiro,espadela,malla,pesca,sementeira,sega etc.). A actividade da vendima marca os ciclos do agro na época estival e mesmo se lle chega a chamarsega ó mes de agosto cando se seitura e se realiza a vendima.